Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Luis López subliña a suba dun 10 % nas axudas a deportistas de alto nivel como mostra do respaldo da Deputación a grandes embaixadores da provincia

O presidente provincial enxalzou o labor do Club Atletismo Rías Baixas para fomentar o deporte de base e a capacidade de superación do campión nacional de lanzamento de xavelina na presentación desta nova competición que tivo lugar este xoves no CGTD

O presidente provincial enxalzou o labor do Club Atletismo Rías Baixas para fomentar o deporte de base e a capacidade de superación do campión nacional de lanzamento de xavelina na presentación desta nova competición que tivo lugar este xoves no CGTD

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Marzo de 2024

Fuente: Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves na presentación dunha nova competición deportiva na que destacou o apoio que brinda o organismo provincial aos deportistas da provincia en forma de subvencións. O dirixente subliñou que as axudas para deportistas de alto nivel incrementáronse este ano nun 10 %, pasando desde os 250.000 ata os 275.000 euros. Ademais, ao ser ano olímpico, convocarase unha nova subvención para olímpicos e paralímpicos dotada con 125.000 euros. “Organizamos competicións deportivas de gran calado e tamén axudamos aos nosos deportistas de alto nivel”, remarcou o titular do goberno provincial.

 

Así mesmo, Luis López confirmou o apoio da Deputación á organización da primeira edición do Criterium Gustavo Dacal como unha nova mostra do compromiso do goberno provincial co fomento da actividade física, co apoio aos clubs e coa inclusión. Trátase dunha competición promovida polo Club Atletismo Rías Baixas que se celebrará o vindeiro sábado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. “O apoio da Deputación á primeira edición deste primeiro Criterium Gustavo Dacal non pode faltar, sería ir en contra dos nosos principios”, confirmou Luis López, quen reiterou a man tendida do seu goberno para cooperar co tecido deportivo da provincia en eventos deste tipo, que promoven o deporte entre persoas de todas as idades e fomentan a inclusión das persoas con discapacidade.

 

A competición, que se celebrará na queda de tarde, consistirá nun conxunto de probas de lanzamento adaptado para deportistas internacionais, aínda que tamén poderán participar atletas federados a partir de 16 anos de idade e atletas de deporte adaptado. Así mesmo, para menores de 14 anos haberá unha carreira curta. Os organizadores prevén a participación duns 300 atletas entre todas as diferentes disciplinas do programa de competición.

 

Durante a presentación, Luis López destacou o traballo que se realiza no CGTD e tamén o labor do Club Atletismo Rías Baixas na promoción do deporte de base. Con todo, Luis López quixo facer unha mención especial a Gustavo Dacal, co que mantén unha estreita relación a raíz da súa enfermidade e traslado desde México a Galicia. “Agora todo o seu coñecemento e todo o que el supón o pon a disposición de toda a xuventude. É un exemplo, foino cando foi campións de España dez veces e o é agora por ese espírito de sacrificio que demostraches e pola visibilidade que das ao deporte que practicas”, agradeceu o presidente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí