Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Madrid recoñece o erro nos coeficientes redutores da idade de xubilación dos mariñeiros e di que revisará ?caso por caso?

Dende a central agardan que nun prazo máximo de tres meses se solucione esta problemática

Dende a central agardan que nun prazo máximo de tres meses se solucione esta problemática

Fecha: 25 de Febrero de 2017

Fuente: CIG

A FGAMT-CIG de Pontevedra revelou hoxe que o Goberno central vén de recoñecer a existencia de erros na modificación dos coeficientes redutores da idade de xubilación da xente do mar e que se comprometeu a revisar "caso por caso". Dende a central agardan que nun prazo máximo de tres meses se solucione unha problemática que obrigou a moitos mariñeiros a regresar ao traballo porque co cambio de norma non tiñan dereito a xubilarse.

O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xabier Aboi, compareceu esta mañá en rolda de prensa para explicar que tras a denuncia pública feita pola central a respecto dos erros detectados na aplicación dos coeficientes redutores da idade de xubilación dos mariñeiros o Goberno español arranxou provisionalmente a situación da flota conxeladora, "mais non fixo nada co palangre co argumento de que hai que agardar a que entre en vigor a nova normativa comunitaria".






Deste xeito, as tripulacións de arredor de 90 barcos galegos estanse a ver afectadas porque non se lles aplica o coeficiente redutor máximo (0,40) xa que estas embarcacións non son recoñecidas como conxeladoras. Isto fixo que a CIG se decicase a recopilar toda a información necesaria para argumentar o contrario, conseguindo documentación oficial na que o propio Ministerio de Pesca recoñece que estes barcos figuran como conxeladores.

Estudar caso por caso

Foi precisamente ao trasladar esta información ás distintas Capitanías Marítimas cando a central recibiu a comunicación de que estes organismo recibiron instrucións de Madrid para "estudar caso por caso" co obxectivo de emitir un informe para determinar "se son conxeladores ou non". Diante disto, dende o sindicato xa se puxeron en contacto coas distintas patronais para que faciliten todos os datos necesarios para demostrar que si o son e poder deste xeito beneficiarse dun dereito adquirido hai moitos anos "e que agora pretenden recortar por unha decisión política".

Na CIG calculan que todo este proceso debera estar resolto nun prazo máximo de tres meses e que a solución pasaría por recoñecer que a flota palangreira galega é coxeladora, e polo tanto que os seus tripulantes teñen que ter dereito a que se lles aplique o coeficiente redutor do 0,40. "Pero como non nos fiamos da Administración do Estado imos estar moi vixiantes e convocaremos asembleas para informar do estado do proceso", indican.

Ao mesmo tempo, critican que dende o Ministerio de Fomento se diga agora que esta problemática foi resultado dun erro no código das embarcacións, "cando sabemos que se trata dunha decisión política para aplicar o maior recorte social na historia da pesca galega".

Finalmente censuran a actitude do Partido Popular ao respecto, xa que primeiro votou a favor dunha moción presentada polo BNG no Parlamento galego para que se revisen de oficio as pensións e o propio modelo "e despois promoveu outra, que foi aprobada cos seus votos e cos da Marea, na que se lle esixe ao Goberno central que manteña os actuais coeficientes até a entrada en vigor da normativa europea, algo que podería atrasarse até finais de 2018".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones