Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba subliña a mellora dos datos sobre accidentes de tráfico

A subdelegada do Goberno destacou o número anual de controis de alcol e drogas realizado pola Garda Civil de Tráfico

A subdelegada do Goberno destacou o número anual de controis de alcol e drogas realizado pola Garda Civil de Tráfico

Fecha: 15 de Enero de 2020

Fuente: Subdelegación do Goberno

Acompañada pola Directora Provincial da DXT, Paula Yubero e o Tenente do subsector de Tráfico da Garda Civil, Diego Gil, a subdelegada do Goberno presentou aos medios de comunicación, os datos provisionais sobre as cifras que arroxa o ano 2019 en canto a sinistralidade nas estradas de Pontevedra e os resultados anuais obtidos nos controis de alcol e drogas.

Tal como indicou Maica Larriba "as cifras do ano pasado foron mellores que os rexistrados en 2018, pero aínda así non podemos estar satisfeitos porque as vítimas mortais son iguais ás rexistradas en 2018. Non conseguimos reducir os falecidos nas nosas estradas, aínda que mantemos a liña descendente dos últimos anos. Na última década reducimos nun 50 por cento o número de vítimas mortais nas nosas estradas provinciais".

Un dato importante é que a nivel provincial produciuse un incremento no número de falecidos entre os 15 e 24 anos, en concreto un 25% e dos que temos referencia co lamentable accidente do pasado mes de maio na AP-9, co falecemento de tres novos de Redondela.

Larriba tamén quixo comentar as causas maioritarias dos accidentes na nosa estradas sendo as saídas de vía as máis numerosas, seguíndolles as colisións laterais e frontolaterais, atropelo de peóns e a colisión frontal. Cos detalles que proporcionan os datos provisionais, Larriba comentou que "en autoestradas e autovías a saída de vía é un 75 por cento o responsable dos accidentes mortais e esta cifra rebáixase ata o 35 por cento nas vías interurbanas. Nestas últimas estradas a colisión lateral e frontolateral está presente no 25 por cento dos casos e a colisión frontal e o atropelo de peóns nun 20 por cento".

Con respecto ao tipo de vía no que se producen os accidentes mortais hai que destacar que o 83 por cento deles foron en vías interurbanas fronte ao 17 por cento das autoestradas e autovías. En datos comparativos coa última referencia de 2018, estas cifras eran do 79 por cento en vías interurbanas e o 21 por cento en autoestradas e autovías.
Con respecto á titularidade das vías, Larriba, subliñou que " nas de titularidade autonómica foron 10 accidentes con dez mortos. En vías nacionais foron seis accidentes con seis vítimas. En autoestrada foron dous accidentes con catro falecidos. En vías provinciais foron tres accidentes mortais con tres vítimas. E, por último, un falecido nun accidente en vía sen denominación no concello de Mos".

Para finalizar, a subdelegada do Goberno recalcou respecto a os factores que máis influíron nos accidentes de tráfico en Pontevedra, sendo as distraccións e a velocidade inadecuada os máis concorrentes nos accidentes mortais, chegando a un 29% dos 22 ocorridos na provincia. Outros factores destacables foron a condución temeraria, o non respecto do intervalo de seguridade, a irrupción de peóns e o consumo de alcol e drogas. A este último dato, Maica Larriba quixo achegar os datos de actuación da agrupación de Tráfico da provincia, destacando as máis de 4.600 probas de control preventivo de drogas que arroxaron un 41,65% de positivos. Igualmente, os controis sobre a presenza de alcol na condución foi de 255.014 probas, resultando positivos en 4.436 deles.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones