Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

MÁIS DA METADE DOS CONCELLOS DA PROVINCIA ESTARÁN PRESENTES NO CULTURGAL DA MAN DA DEPUTACIÓN

Da comarca do Baixo Miño participarán Oia, Tui, Tomiño e A Guarda

Da comarca do Baixo Miño participarán Oia, Tui, Tomiño e A Guarda

Fecha: 23 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

Máis da metade dos concellos da provincia de Pontevedra participarán no Culturgal 2015 a través do espazo que a Deputación de Pontevedra puxo ao seu dispor nesta Feira. Un total de 33 concellos responderon á proposta que se lles trasladou o pasado mes de setembro desde o ente provincial para amosar a súa oferta cultural neste evento, e destes, un total de 12 participarán ademais presentando actividades e propostas culturais no programa da Feira.

O programa do Culturgal 2015, que se celebrará entre os días 4 e 6 de decembro, foi presentado oficialmente esta semana e entre as principais novidades, o presidente de Culturgal, Manuel Bragado, destacou a participación dos concellos da provincia por primeira vez grazas ao espazo da Deputación, indicando a importancia de "achegar ao público tamén a cultura local, alimentando a idea da relación entre cultura e turismo". Na mesma presentación o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal fixo fincapé en que " apostamos por contar cun espazo no que amosaremos a cultura que se fai desde os concellos, difundindo a súa programación cultural, nunha experiencia que esperamos manter en anos vindeiros." Leal fixo fincapé no apoio do ente provincial á Feira das Industrias Culturais e fundamentou a colaboración da presente edición na premisa de que "a cultura ten que ser unha industria potente, que debe vertebrar non só a provincia de Pontevedra senón a todo o país".

O espazo da Deputación de Pontevedra contará con varios apartados diferenciados para amosar de xeitos distintos a información dos concellos. Habilitarase un apartado no que se mostrará a información impresa, dípticos, guías, catálogos e libros; un espazo audiovisual composto por varias pantallas para poder visualizar pezas audiovisuais sobre propostas culturais e fitos representativos de cada concello, e un terceiro espazo dedicado integramente a cartelería de eventos e citas representativas.

Representación de todas as comarcas
Da comarca de Pontevedra participarán os concellos de Barro, Campo Lameiro, A Lama, Vilaboa e Poio. Da de Vigo estarán presentes Salceda de Caselas, Baiona e Gondomar. Da comarca do Salnés estarán Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove e Sanxenxo. Da comarca de Caldas participarán Valga, Catoira, Caldas, Cuntis e Portas. Desde o Deza e Tabeirós estarán Rodeiro, Lalín, Silleda e A Estrada. Do Condado- Paradanta participarán Salvaterra de Miño, As Neves, Ponteareas, Crecente e Covelo. Desde o Baixo Miño estarán Oia, Tui, Tomiño e A Guarda. E desde a comarca do Morrazo estarán Cangas, Moaña e Bueu.
Comarca Baixo Miño. O Concello de A Guarda participará no posto da Deputación con información sobre a programación cultural anual do concello e con material sobre o Castelo de Santa Cruz. Tamén porá a disposición do público catálogos das exposicións de Antonio Fernández, Alicia Alonso, Xavier Pousa, Xoán Piñeiro e Jorge Barbi, así como discografía de agrupacións culturais representativas de A Guarda.

Desde Oia farán chegar a súa oferta en paisaxe, arqueoloxía e natureza recollidas nunha serie de rutas baixo a denominación 'Oia Ruta Máxica'. Participarán ademais no programa de actividades da Feira coa presentación do proxecto 'Costa dos Castros' o dominto 6 ás 11:30 horas no programa Foro. A presentación correrá a cargo de Xosé Gago, coordinador do proxecto que une a varios entes do concello para poñer en común distintas iniciativas e promover conxuntamente a dinamización turística da zona.

Pola súa banda, Tomiño acudirá con material de asociacións culturais destacadas do concello e Tui amosará a súa axenda cultural e información de carácter turístico.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí