Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 1000 PERSOAS PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NO PROGRAMA -COÑECE A TÚA PROVINCIA- DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

-Coñece a túa provincia- executarase ata o 31 de decembro de 2015

-Coñece a túa provincia- executarase ata o 31 de decembro de 2015

Fecha: 24 de Octubre de 2015

Fuente: depo.es

Dentro do marco do programa "Coñece a túa provincia", que a Deputación de Pontevedra impulsa a través dos servizos sociais desde o ano 2008, esta fin de semana 1068 persoas poderán descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra.

O programa "Coñece a túa provincia" contribúe á dinamización económica e social da provincia de Pontevedra ó tempo que impulsa o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e asociacionismo e pon en valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así ó seu desenvolvemento económico.

Participan no programa entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas. Así, as entidades poden elixir entre 18 rutas que abranguen desde os edificios da Deputación de Pontevedra ata concellos como A Estrada, A Guarda, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.

Esta fin de semana participarán preto de vinte asociacións e máis de 1.000 persoas de A Guarda (Fundación Las Samaritanas), Caldas de Reis (Asociación de Comerciantes Plaza de Abastos de Moaña), Cambados (Amas de Casa "Albariño"), Lalín (Asociación Mulleres en igualdade de Cercio), Marín (AA. VV. San José do Cantodarea), Nigrán (Asociación Cultural Mulleres Rurais de Chandebrito), O Grove (Asociación de Mulleres Rurais "A Lagoa"), Pontevedra (Asociación de Mulleres Veciñais O Castelo), Redondela (Coral Alvedosa Redondela), Rodeiro (A.S.C. Emecla), Sanxenxo (A.MM.RR. A Candelaria), Soutomaior (Asociación de Maiores Soutomaior e Asociación Cultural O Carballo das Chans) e Vigo (Centro Sociocomuntario de Teis, A.VV. As Nosas Rúas da Travesía de Vigo, A.V.C.R. San Mamede de Zamáns, Asociación Eira e Club Gamboa).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones