Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 1500 PARTICIPANTES NO VENRES DE FOLIADA

A saída foi moi puntual (21.30 horas), desde o colexio Pedro Caselles Beltrán.

Trátase dun dos desfiles máis multitudinarios da comarca, coa asistencia de máis de 8000 persoas que asistiron coma público.

Fecha: 03 de Marzo de 2014

Fuente: www.concellotomino.com

A XVII edición do desfile de Entroido "Venres de Foliada", reuníu o pasado venres, 28 de febreiro, en Tomiño, a máis de 1500 compoñentes de máis de vinte comparsas e carrozas.
Trátase dun dos desfiles máis multitudinarios da comarca, coa asistencia de máis de 8000 persoas que asistiron coma público.

Coa sistencia das comparsas más importantes da vila, entre as que se atopan Revolución Show, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño e Os Terribles de Tebra, así coma doutras menos numerosas procedentes non so do municipio, senón tamén doutros puntos da comarca e do sur de Galicia (Mos, Vigo, San Xenxo, Soutomaior, Pontevedra, etc.).

A saída foi moi puntual (21.30 horas), desde o colexio Pedro Caselles Beltrán.

Entroido de Goián
O desfile de Entroido da parroquia de Goián, un dos máis tradicionais da zona, terá lugar o martes 4 de marzo. A comisión organizadora prepara un amplo programa que comezará o domingo 2, co desfile dos nenos e nenas e xogos na praza Pintor Antonio Fernández (16.00 hs.), e rematará o mércores 5 de marzo, co Enterro da Taíña (19.00 hs.). Treboadas e orquestras amenizarán as catro xornadas de festa.

A maior particularidade deste Entroido, que comezou a celebrarse a principios do século XX, é que segue conservando o seu caracter netamente popular. Exemplo diso é que a vintena de carrozas e comparsas participantes so saen pola vila, sen asistir a outros desfiles. Moi característica é tamén a Carreira de Carretillas con condutor e acompañante, celebrada tamén o domingo (18.00 hs.).

Para ter todo a punto, traballan dende hai máis de tres meses preparando as carrozas e os actos complementarios. A comisión conta coa colaboración de voluntarios para a recolección de fondos e produtos alimenticios para elaborar a xa tradicional sopa de cocido que se sirve ao remate do desfile para todos os asistentes.

O recinto de festas estará cuberto cunha gran carpa e os catro días haberá animación a cargo da Treboada "Baixo Miño".

Programa 2014
Domingo 2 de marzo:
12.00 hs. Desfile dos nenos e nenas.
16.00 hs. Xogos na praza.
18.00 hs. 4ª carreira de carretillas. (Premio á mellor tuneada, mellores
disfraces e 1º, 2º e 3º clasificado/a).
22.00 hs. Verbena con Alcázar e Alaska. (Durante a verbena,
entrega de premios aos mellores disfraces).

Luns 3 de marzo:
09.00 hs. Percorrido polo pobo cos gaiteiros.
13.00 hs. Gran Tortillada
22.00 hs. Verbena con Aramio e D'Moda.

Martes 4 de marzo:
13.00 hs. Tradicional Cocido
17.00 hs. Gran Desfile de Carrozas.
Ao remate do desfile: Sopa para todos.
22.00: Verbena con Marazul.

Mércores 5 de marzo:
19.00 hs. Enterro da Taíña.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones