Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 1.500 PERSOAS COMEZAN A TRABALLAR NOS CONCELLOS DA PROVINCIA NO MARCO DO NOVO PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O Plan de Emprego, que está dotado con máis de 3 millóns de euros e beneficiará a 1.550 traballadoras e traballadores ata o 31 de decembro de 2015

O Plan de Emprego, que está dotado con máis de 3 millóns de euros e beneficiará a 1.550 traballadoras e traballadores ata o 31 de decembro de 2015

Fecha: 03 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

O 1 de novembro arranca o novo Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, a través do cal 1.514 persoas traballarán nos 62 concellos da provincia de Pontevedra, distribuídos en función da súa poboación, con salarios e horarios máis dignos que ascenden a preto dos 1.000 euros ao mes e xornadas de 35 horas.

Tal e como manifestou a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, "o noso obxectivo e loitar para a eliminación da precariedade laboral e o impulso dun traballo de calidade, pensado desde o punto de vista das traballadoras e traballadores, respectando os seus dereitos e dignidade, e garantindo unhas mellores condicións económicas para mulleres e homes, con salarios e unha xornada laboral normal. Así, fronte a xornadas de 25 horas e salarios entorno os 400 euros, pasarase a unha xornada de 35 horas e preto de 1.000 euros".

O Plan de Emprego, que está dotado con máis de 3 millóns de euros e beneficiará a 1.550 traballadoras e traballadores ata o 31 de decembro de 2015, pretende garantir o traballo de persoal cualificado nos 62 concellos da provincia de Pontevedra, ante as dificultades que estes teñen para a contratación de novo persoal. Así, Silva destacou que "as administracións debemos impulsar políticas de emprego como eixo fundamental cando, ademais, ese emprego facilita que os concellos poidan seguir prestando servizos básicos e dar resposta ás demandas das veciñas e veciños".

Para o 2016, o Plan de Emprego será máis flexible e, dentro do novo modelo de xestión da Deputación de Pontevedra, converterá ós concellos en protagonistas. Así, no 2016 serán os propios concellos os que decidan os postos de traballo que precisan ou os meses nos que contarán co persoal, mantendo as condicións laborais do Plan de Emprego posto en marcha polo novo goberno provincial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones