Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 162.000 euros en axudas para a prevención de lumes no Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que a nova liña de axudas pode ser solicitada por comunidades de montes e particulares

O Baixo Miño non se librou da vaga de lumes en Outubro de 2017 | Foto arquivo Infomiño.com

Fecha: 23 de Enero de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe a nova liña de apoio da Consellería de Medio Rural destinada a comunidades de montes e particulares co fin de poñer en marcha accións silvícolas de prevención de lumes e nas que o Goberno autonómico investirá preto de 7 millóns de euros.

Estas ordes permitiron destinar o ano pasado máis de 162.000 euros a 7 comunidades de montes e particulares da comarca do Baixo Miño. Así, beneficiáronse as comunidades de Pexegueiro en Tui por 5.644 euros; as de Pinzas (7.831 euros), Tomiño (42.752), Estás (26.752 euros) e Goias (66.949 euros) en Tomiño, así como Santa María de Oia (4.585) e Viladesuso (8.323euros) en Oia. En total, as 7 comunidades actuaron sobre 92,40 hectáreas.

Na provincia de Pontevedra houbo 115 beneficiarios cun orzamento de axuda global de 2,3 millóns de euros, e se traballou sobre un total de 1.368 hectáreas.

Estas accións silvícolas teñen como obxectivo previr os danos acusados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais. As axudas, que poden chegar ao 100% do solicitado, están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Os interesados teñen un prazo de un mes hábil para presentar as súas solicitudes que poden ser para realizar tratamentos silvícolas coa finalidade de prevención de incendios, é dicir, a creación de descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible como son rozas, podas e rareos; ou para realizar tratamentos silvícolas e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

"Deste xeito, a Xunta segue a apostar pola posta en marcha de tratamentos silvícolas, roza e clareos en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, en colaboración con comunidades de montes e particulares co obxectivo de previr os incendios forestais", engadiu Cores Tourís, quen matizou que "nos soutos de castiñeiros, ademais de podas e rozas, financiaranse tratamentos fitosanitarios e a plantación de pés resistentes á tinta para aumentar a densidade do souto. Por baixo de 550 metros de altitude, deberán plantarse clons híbridos. Por encima desa altitude, castiñeiros do país".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones