Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 200 estudantes tomiñeses rematan as súas actividades extraescolares cun mural fotográfico

O programa de actividades desenvolto entre os meses de outubro de 2016 e xuño de 2017, representou un investimento de 14.674,88 euros, procedentes de fondos municipais.

O programa de actividades desenvolto entre os meses de outubro de 2016 e xuño de 2017, representou un investimento de 14.674,88 euros, procedentes de fondos municipais.

Fecha: 31 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Esta semana clausúranse as actividades extraescolares ofertadas, de forma gratuíta polo Concello de Tomiño, para todos os centros educativos do mesmo, tanto para niveis de infantil e primaria, como de secundaria e bacharelato.

Con tal motivo, entregaráselle un diploma de asistencia ao alumnado de todas as actividade (ao redor de 200 alumnos/as) que, como remate, prepará un mural con fotografías do traballo desenvolto ao longo do curso.
As actividades que se realizaron foron, coma xa se informara no seu día, inglés, francés, multideporte, actividades infantís, lingua de signos e imaxinacción.
De cara á oferta do vindeiro curso distribuíronse cuestionarios entre alumnado asistente, familias e monitoras/es, para coñecer a súa valoración e intereses.

Na oferta formativa 2016-2017, totalmente gratuíta para os estudantes, puidemos atopar dende o xa clásico Inglés, francés ou multideporte, até propostas máis innovadoras, coma Linguaxe de Signos ou "ImaxinAcción/Entre Pantallas"; un taller que fomenta a creatividade e a capacidade de expresión a través do audiovisual.

Nalgunhas actividades foi necesario facer varios grupos debido á cantidade de nenas e nenos que estaban apuntados, coma no caso de Inglés e actividades Infantís.

O programa foi unha iniciativa da Concellalía de Educación. Para a selección das actividades, tivéronse en conta diferentes criterios: as características de cada centro educativo, a acollida entre o alumnado (mínimo de 10 persoas), e a vontade de incentivar a empregabilidade e o emprendemento, polo que se contactou con profesionais da zona directamente, non con empresas).

O programa de actividades desenvolto entre os meses de outubro de 2016 e xuño de 2017, representou un investimento de 14.674,88 euros, procedentes de fondos municipais.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra Álvarez, tamén concelleira de Educación, explicou que este programa tenta "ofrecer accións formativas en igualdade, co propósito de que todo o alumnado poida asistir ás clases que elixa, sen que o custe das mesmas, sexa un impedimento para aprender e integrarse".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones