Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 300 nenos e nenas participan nas actividades de verán organizadas polo concello de Tomiño

Os campus de fútbol, tenis e padel e piragüismo, seguen a ser os preferidos polos pequenos/as

Os campus de fútbol, tenis e padel e piragüismo, seguen a ser os preferidos polos pequenos/as

Fecha: 13 de Julio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Máis de 300 nenos e nenas de Tomiño e arredores participan este ano nas actividades deportivas, culturais, medio ambientais, etc. organizadas polo Concello durante o verán.

O primeiro en comezar foi o cursiño de promoción do piragüismo, impartido por monitores do Club Deportivo Miño, para nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, con 42 participantes, que poderán disfrutar desta actividade no río Miño ata o 8 de setembro.

Saber nadar e ter alo menos 14 anos, é requisito para poder participar na actividade "Rutas ambientais de descenso en kayak polo río Miño", que se desenvolve todos os sábados de xullo e agosto.

Outra das alternativas preferidas polos rapaces e rapazas son os campus de tenis e pádel, que entre ambos concentran case 80 participantes de entre 6 e 16 anos. As clases teñen lugar luns, mércores e venres ao mediodía dos meses de xullo e agosto, nas pistas da zona deportiva do Mosteiro.


Para o campus de fútbol, que terá lugar entre os días 18 e 30 de xullo, hai a día de hoxe 133 participantes de entre 5 e 16 anos. A actividade conta coa colaboración do Goián F.C. e A.D. Tomiño, desenvolvéndose nos campos de fútbol de Goián e A Carballa.


Campamento Urbano
Outra das propostas que volve a estar na programación de verán é o Campamento Urbano, para nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2011. A actividade comezou a semana pasada, con medio centenar de participantes, e estenderase ata o día 29 de xullo en horario de mañá.

O obxectivo desta actividade de verán, segundo a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, é brindar unha alternativa a pais e nais que traballan e necesitan conciliar a vida laboral e familiar.


Esta edición do campamento, a diferencia doutros anos, ten lugar nas instalacións do CRA (Colexio Rural Agrupado) de Tomiño. Coordinado pola psicóloga Andrea Iglesias, a temática do campamento deste verán é "Pobos e Civilizacións Antigas". Co apoio de varios monitores de ocio e tempo libre, e voluntariado local, cada semana se dedica a unha civilización, comezando por Exipto, Grecia Antiga, Celtas e Viquingos e rematando cos Pobos Indíxenas.


A metodoloxía de traballo é dinámica e participativa, con xogos e obradoiros, confección de disfraces, manualidades, etc.


"A nosa idea é que prime a integración entre os participantes (hai varios nenos con necesidades educativas específicas), así coma a transmisión de valores positivos, sempre dende unha programación lúdico-educativa", explica a concelleira.


Para máis información, contactar co servizo de mocidade, cultura e deportes, no teléfono 986 622001; pasar pola OMIX (A Rocha, 8) en horario de mañá, ou enviar un correo electrónico ao enderezo omix@concellotomino.com.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones