Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 320 NENOS E NENAS PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DE VERÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE TOMIÑO

Tenis e pádel, fútbol, piragüismo, ioga e música son algunhas da actividades que oferta o Concello.

Tenis e pádel, fútbol, piragüismo, ioga e música son algunhas da actividades que oferta o Concello.

Fecha: 08 de Julio de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño ven de iniciar as actividades de verán para os máis pequenos. Actividades deportivas como o campus de fútbol ou tenis e culturais como o campamento musical forman parte da oferta de verán municipal.

Máis de 320 nenos e nenas se ven beneficiados dunha programación que aposta polo deporte de base e polo lecer. Actividades que fomentan o traballo en equipo, a comunicación e as relacións entre nenos e nenas de diferentes idades e lugares.

Nenos e nenas de entre 3 e 13 anos son os principais beneficiarios, mais tamén os adultos que participan en actividades como pádel, piragüismo ou ioga.

Algunhas das actividades inclúen merenda como o campus de fútbol e o campamento musical e outras inclúen equipaxe para a prática do deporte.

As sete actividades que oferta o Concello son organizadas en colaboración cos clubes de fútbol, de piragüismo, e coa Agrupación musical de Goián. Ademáis, o campamento urbano conta coa participación do grupo de voluntarios da OMIX.

A duración das actividades exténdese nalgunhas ao mes de agosto, como acontece con piragüismo, tenis e pádel. Outras ademáis inclúen o mes de setembro como ioga tibetano.

Todo un abano de actividades lúdicas que permitirán a conciliación laboral e familiar de moitos fogares que durante as vacacións estivais teñen dificultades para coordinar as ocupacións dos máis pequenos.

A concelleira de Cultura e Deporte, Cristina Martínez destaca " a importancia para moitas familias a programación xa que permite que os nenos e nenas poidan manter actividades durante o período de vacacións escolares e que o fagan con práticas saudables como o deporte."
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones