Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 380.000 maiores de 65 anos xa se vacinaron fronte á gripe, un 3,9% máis que na mesma data do pasado ano

Cando faltan catro semanas de campaña xa son 15.962 os profesionais sanitarios vacinados, máis ca cifra final acadada en 2018

Cando faltan catro semanas de campaña xa son 15.962 os profesionais sanitarios vacinados, máis ca cifra final acadada en 2018

Fecha: 02 de Diciembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

A campaña de vacinación fronte á gripe, iniciada o pasado 14 de outubro, chega a súa sétima semana de actividade con datos de cobertura maiores aos rexistrados na mesma data do ano anterior. A 28 de novembro, son 547.581 as persoas xa vacinadas, un 6,7% máis que en 2018. Delas, 380.578 pertencen ao grupo obxectivo de 65 anos ou máis, un 3,9% máis que un ano atrás. Deste xeito, a porcentaxe de persoas de 65 anos ou máis xa vacinadas acada o 55,9%, adiantando en case dous puntos porcentuais as cifras do pasado exercicio neste momento do ano. Como en anteriores campañas, os índices máis elevados de participación obsérvanse nas persoas de 75 ou máis anos; neste caso, cun 63,12% fronte ao 61,99% da tempada anterior á mesma altura da campaña. Por áreas sanitarias, os datos de cobertura na poboación de 65 anos ou máis son do 55,94% na Coruña e Cee, o 55,59% en Ferrol, o 56,80% en Santiago e Barbanza, o 60% en Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; o 60,83% en Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras; o 55,21% en Pontevedra e O Salnés, e o 52% en Vigo.

De xeito singular, e mantendo a tendencia observada o pasado ano, obsérvase un incremento destacado na participación do persoal sanitario, un colectivo prioritario, tanto por razóns de autoprotección dos traballadores da saúde como de redución do risco de transmisión da gripe aos seus pacientes. Ata o 28 de novembro, eran 15.962 os profesionais vacinados, superando xa o número total acadado na totalidade da campaña 2018. En Atención Primaria téñense vacinado 4.855 profesionais fronte aos 4.353 rexistrados en 2018 na mesma data. A evolución é aínda maior na Atención Hospitalaria, con 11.107 traballadores vacinados: case dous mil máis que un ano atrás e fundamentalmente debido a elevada participación do persoal de enfermería hospitalaria, que xa se vacinou un 11,48% máis que en toda a campaña anterior.

No colectivo das mulleres embarazadas, á súa vez, son 6.169 as que xa recibiron a vacina, 1.080 máis que un ano atrás.

O Servizo Galego de Saúde recorda a todos os usuarios que a campaña de vacinación continúa en marcha ata o 27 de decembro e convida a todas as persoas incluídas nalgún dos grupos prioritarios a importancia de protexerse fronte á gripe. A vacina antigripal non só limita o número de casos de gripe, senón que diminúe as posibilidades de que aparezan formas severas da enfermidade e reduce o risco de complicacións, hospitalización e morte. As autoridades sanitarias recordan que aínda quedan máis de 200.000 galegos que se poden beneficiar desta vacina.

A vacina recoméndase a persoas de 60 anos ou máis, persoas residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados con ácido acetilsalicílico (AAS) e persoas entre seis meses e 59 anos con situacións de saúde que as predispoñan a padecer complicacións derivadas da gripe. Tamén, desde este mesmo ano, o Sergas inclúe como poboación obxectivo aos nenos de entre seis meses e dous anos de idade que naceran prematuros. Do mesmo xeito, convídase a recibir a vacina a aquelas persoas que por razóns de convivencia ou laborais lle poden transmitir a gripe a persoas incluídas nos colectivos de risco (caso dos traballadores sanitarios) e a profesionais que desenvolven servizos esenciais á comunidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones