Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Máis de 40 traballadores sanitarios do HAC e Meixoeiro quedarán sen transporte a partires do 31 de decembro

A empresa que realizaba o servizo suspenderá os traxectos pola falla dun permiso de mobilidade da Xunta de Galicia

Os traballadores xa tentaron, aínda que sen éxito, atopar outras solucións de transporte con outras empresas

Fecha: 28 de Diciembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

Persoal sanitario dos Hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro que viven na Comarca do Baixo Miño levan dende principios de decembro deste ano sen servizo de transporte. A empresa que realizaba o servizo suspenderá os traxectos pola falla dun permiso de mobilidade da Xunta de Galicia.

A empresa comezou a prestar servizo tras realizar unha oferta ó persoal sanitario dos hospitais de Vigo para levar ós traballadores dos 3 turnos dende os diferentes concellos da Comarca do Baixo Miño ata os hospitais en horario de mañá, tarde e noite, segundo os turnos de traballo. Esta liña de transporte chegou a ter preto de 60 usuarios entre persoal fixo e eventual dos hospitais e residentes na Comarca do Baixo Miño.

O 7 de decembro pasado a empresa que prestaba o servizo CondBus remitíu un aviso ós usuarios polo cal deixarían de prestar este servizo a partires do 31 de decembro por orden da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Mobilidade ante a falla dun permiso de autorización de transporte para a liña H6, o que provocou tamén que a empresa recibira varias denuncias.

Dende entón, os 40 traballadores sanitarios que empregan este servizo terán que atopar outras solucións para chegar ós seus postos de traballo, co conseguinte trastorno que isto supón, gastos en gasolina, esperas nos accesos ós hospitais, máis contaminación, máis accidentes...

Segundo manifestaron dende o colectivo de traballadores sanitarios, A Guarda e o Baixo Miño é un dos puntos máis inaccesibles e con máis problemas de transportes de cara a poder empregalos para acudir ós seus postos de traballo en Vigo, posto que no transporte existente non hai cabida para compatibilizar os horarios dos turnos de traballo nos hospitais, polo que é preciso empregar un transporte como o que viña ofertando esta empresa, ante o elevado custo doutras ofertas de outras empresas do sector.

Segundo lles consta a empresa pedíu ditos permisos, pero estes non foron obtidos e segundo nos consta varios alcaldes da Comarca xa mantiveron conversas coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia para saber o estado da nova solicitude presentada, que está "en trámite".

Os traballadores xa tentaron, aínda que sen éxito, atopar outras solucións de transporte con outras empresas, pero non acadaron unha solución para os 3 turnos existentes de Luns a Domingo, sendo tamén os prezos moito máis significativos que os da empresa actual.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí