Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Máis de 90 aspirantes optan a traballar de mestras e mestres composteiros como funcionarios interinos nos -Concellos revitaliza-

O concurso oposición da Deputación celebrarase no mes de febreiro e prevese que a incorporación aos postos se realice ao mes seguinte

O concurso oposición da Deputación celebrarase no mes de febreiro e prevese que a incorporación aos postos se realice ao mes seguinte

Fecha: 31 de Enero de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de recibir máis de 90 solicitudes para traballar de mestras e mestres composteiros como funcionarios interinos por programa nos ‘concellos Revitaliza'. Onte pechouse o prazo de inscrición para participar no concurso-oposición e a partir de agora comezan a contar os prazos: a lista de persoas admitidas publicarase a semana próxima, as probas de selección serán no mes de febreiro e o persoal que obteña máis puntuación incorporarase aos postos ao longo do mes de marzo.

O número de prazas dispoñibles para as 90 persoas aspirantes é de 15 (unha de cada seis persoas poderá conseguir o traballo), repartidas entre os 14 concellos que pediron subvención á Deputación. Os municipios interesados en dispor de persoal propio para levar adiante o seu plan de compostaxe foron Vilaboa (que solicita dúas prazas), A Guarda, Illa de Arousa, As Neves, Bueu, Cangas, Gondomar, Mancomunidade do Morrazo, Mondariz, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Tui, e Valga (que solicitan subvención para unha praza).

As prazas cubriranse inicialmente coas persoas integrantes da primeira bolsa de emprego (segundo as cualificacións da proba realizada en 2018) e seguirán coas de maior puntuación desta nova convocatoria. Para participar no vindeiro proceso selectivo é preciso ter o Bacharelato ou ser técnico ou técnica superior. As persoas que obteñan maior valoración poderán elixir o concello de destino e serán nomeados funcionarios interinos por programa, pasando a ser persoal propio de cada administración local.

Dúas fases
A selección das candidatas e os candidatos desenvolverase en dúas fases a través dun sistema libre de concurso-oposición. Na primeira fase haberá tres exercicios: o primeiro (60 puntos) será de carácter obrigatorio e eliminatorio e consistirá en contestar por escrito un test de 60 preguntas con varias respostas alternativas sobre o contido do programa. O tribunal convocará as persoas que superaron o primeiro exercicio para a entrevista persoal (8 puntos) nun único chamamento, na que a persoa aspirante poderá expoñer o seu currículo e contestar as preguntas que lle formule o tribunal sobre este e sobre calquera outro tema relevante para o desempeño do posto de traballo. O terceiro exercicio consistirá na demostración do desempeño na lingua galega (2 puntos).
A segunda fase, de concurso, consistirá na valoración dos méritos achegados polas interesadas e interesados. A puntuación máxima outorgada será de 30 puntos por todos os conceptos: valorarase a experiencia profesional (máximo 10 puntos), os méritos académicos (máximo 2 puntos), prácticas (máximo 3 puntos), e cursos relacionados coa compostaxe (máximo 15 puntos).

Trátase da segunda vez que a Deputación facilita a contratación de persoal aos concellos adheridos ao plan de compostaxe provincial, tendo outorgado na primeira convocatoria axudas para dar traballo a trece mestras e mestres composteiros. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a finais do pasado ano as subvencións por 359.716,50 euros no ano 2020 (10 meses e 0 100% da subvención do soldo de cada posto), 179.858,25 euros no 2021 por valor do 50% e 107.914,95 no 2022 que supoñen o 30% dos salarios, facendo un total de 647.489,70 euros nos tres anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí