Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DUN MILLAR DE PERSOAS VISITAN EN SANTIAGO A EXPOSICIÓN SOBRE A VILA ROMANA DE CURRÁS

A mostra contou coa participación de estudantes de arqueoloxía e historia, así como voluntarios do máster interuniversitario da USC-UVigo-CSIC

A mostra contou coa participación de estudantes de arqueoloxía e historia, así como voluntarios do máster interuniversitario da USC-UVigo-CSIC

Fecha: 13 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A exposición do Proxecto para a recuperación da "villa" romana de Currás, rexistrou máis dun millar de visitas durante as seis semanas que estivo aberta na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio das universidades de Santiago e Vigo, e os Concellos de Santiago e Tomiño.

Algo máis de 1000 persoas procedentes de moi diversos puntos achegáronse á mostra, resultado das investigacións realizadas polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo.

Entre os visitantes houbo veciños e representantes da comunidade de Montes de Currás; alumnado de colexios de Santiago; voluntarios do máster interuniversitario da USC-UVigo-CSIC e público en xeral.

Dirixida polo profesor de Arqueoloxía Fermín Pérez Losada e a profesora e investigadora Silvia González Soutelo, ambos da Universidade de Vigo, e coa colaboración dos investigadores Patricia Valle Abad e Martiño Vázquez Mato, a mostra contou coa participación de estudantes de arqueoloxía e historia do campus de Ourense, colaboradores locais e outros que axudaron no estudo dos materiais arqueolóxicos atopados no xacemento.

En 1972 descubriuse na parroquia de Currás (Tomiño) un xacemento romano e altomedieval que foi obxecto de investigación. Os resultados da primeira fase dos traballos arqueolóxicos realizados en 2013 expoñéronse en Tomiño, chegando logo á USC.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones