Carmela Silva: “En menos dun mes estamos aprobando solicitudes de 25 concellos da Liña de Emprego; ¿Hai alguén máis áxil que o mundo local en xestionar estas axudas?”
Menos dun mes despois da aprobación definitiva do orzamento provincial e de que se abrise o prazo de presentación de solicitudes, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar xa ata 3,7 millóns de euros do Plan Concellos en dotación de recursos aos municipios, baixo a premisa da máxima axilización na neste momento crítico da pandemia. Deste xeito, a Xunta de Goberno aprobou hoxe as primeiras achegas para a financiación da contratación de 335 persoas traballadoras ao abeiro da Liña 3 de Emprego do Plan, para un total de 25 concellos.
A presidenta Carmela Silva remarcou que estas primeiras axudas do plan amosan a axilidade do mundo local á hora de xestionar recursos e neste senso, felicitou aos concellos pola celeridade en solicitar estas achegas que pon a súa disposición a institución provincial. “Son 335 traballadores para 25 concellos que nun momento tan complexo como o que estamos a vivir é algo fundamental –manifestou-. Porque as consecuencias da Covid son sanitarias e terribles, pero tamén son de carácter económico e social. E ter un proxecto que permita a contratación de emprego é fundamental neste momento”.
Estas achegas van permitir, como subliñou, “garantir dereitos e servizos como soamente este administración están sendo capaz de garantir en todos os concellos”. Neste senso, comparou a axilidade do mundo local fronte á Xunta de Galicia en cuestións como o pago de facturas ou o reparto de axudas. “Os datos está enriba da mesa e os pode cotexar calquera. As axudas chegan nun prazo moito menor se a xestionan os concellos que se as xestionan a administración autonómica. Particularmente se as xestiona a Xunta. Este é un bo exemplo diso”.
A presidenta lembrou que o pasado 2020 a por estas datas tiñan solicitado estas axudas da Liña 3 de Emprego un total de 13 concellos, mentres que neste 2021 desde que se abriu o prazo de presentación de solicitudes o 11 de xaneiro foron xa 25, “e polo tanto en menos dun mes xa estamos aprobándoas”. “Hai alguén máis áxil que o mundo local para xestionar esas axudas? O demostran estes datos”, concluíu
Os concellos aos que van dirixidas as axudas aprobadas son Arbo, Oia, Pazos de Borbén, Baiona, Lalín, Moraña, Salvaterra, Vila de Cruces, As Neves, A Lama, Cuntis, Poio, Portas, Forcarei, Vilanova, O Rosal, Nigrán, Marín, Mondariz-Balneario, Crecente, Covelo, Vilaboa, Salceda, Fornelos e Redondela
Nesta primeira relación figuran postos para facer fronte a servizos municipais esenciais, como limpeza, recollida de lixo, conserxería, peóns/as forestais, operarios/as da construción ou condutores/as, auxiliares administrativos/as, técnicos/as de turismo, técnicos/as de protección civil, postos de técnicos/as de mocidade, e tamén pídense entre outros perfís licenciados/as ou graduados/as en ADE, Económicas ou Dereito.
Carmela Silva engadiu que a duración dos contratos a deciden os concellos “porque, como sempre no Plan Concellos e como en toda a nosa actividade política en relación cos concellos, é respectar á súa liberdade”. “Os concellos son maiores de idade e ten que facerse real a autonomía municipal recollida na Constitución. Nós a defendemos non con palabrería, senón con feitos. O único requisito é que hai que respectar os salarios da cada unha das persoas respecto á súa cualificación profesional, a duración e condicións de xornada, é dicir, garantir dereitos das persoas que se contratan”.
Así mesmo, a Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou as primeiras achegas por preto de 120.000 euros dentro da Liña 2 do Plan Concellos, dirixidas ao pago de débedas, gastos correntes e actividades culturais. Nesta primeira relación recibirán axudas o concellos de Oia, Pazos de Borbén, Pontecesures, Vilagarcía (2) e Vilanova de Arousa. As achegas son para financiar gastos correntes dos servizos municipais de limpeza e iluminación e poda, e, no caso de Vilanova, para unha actividade prevista para o verán.
COMARCA PONTEVEDRA:
Os concellos de Marín, Moraña, A Lama, Cuntis, Poio, Portas e Vilaboa poderán contratar 91 persoas traballadoras, con achegas que suman 900.194€
MARIN
13 persoas traballadoras
10 peóns de obras públicas e 3 conserxes a xornada completa durante 6 meses
Achega de 113.288,50 €
MORAÑA
9 persoas traballadoras
1 condutor/a camión, 1 tractorista-manipulador/a agrícola, 1 oficial de 1ª albanel, 1 peón de obra pública, 3 peóns de limpeza, 1 peón transportista e 1 monitor/a de servizos á comunidade a xornada completa durante 10 meses
Achega de 107.901,33 €
A LAMA
11 persoas traballadoras
1 peón operario/a limpeza en xornada de 20 h./sem. durante 10 meses; 2 auxiliares administrativos/as en xornada de 37,5 h./sem. durante 6 meses; 2 operarios/as de movemento de terras, 4 peóns da construción e 2 peóns forestais en xornada de 30 h./sem. durante 6 meses
Achega de 84.195,56 €
CUNTIS
14 persoas traballadoras
2 técnicos/as en protección civil, 2 peóns emerxencias, 1 operario/a de asfaltados, 1 condutor/a retroescavadora, 1 peón de recollida do lixo e 1 técnico/a en información turística a xornada completa durante 10,5 meses; 1 auxiliar administrativo/a a media xornada durante 10,5 meses; 1 técnico/a medioambiental a xornada completa durante 9 meses; 4 albaneis a xornada completa durante 6,5 meses
Achega de 124.078,25 €
VILABOA
6 persoas traballadoras
2 peóns forestais, 1 peón de obras públicas e 1 albanel a xornada completa durante 10 meses; 1 técnico/a en turismo e 1 técnico/a en medio ambiente a xornada completa durante 9 meses
Achega de 105.695,20 €
POIO
28 persoas traballadoras
1 subalterno/a conserxe en xornada de 32,5 h./sem. durante 9 meses; 1 traballador/a social en xoranda de 32,5 h./sem. durante 8 meses; 3 subalternos/as conserxes en xornada de 25 h./sem. durante 8 meses; 10 operarios/as de obras e servizos múltiples, 3 oficiais condutores/as e 2 oficiais de 1ª electricistas en xornada de 32,5 h./sem. durante 7 meses; 3 limpadores/as en xornada de 28 h./sem. durante 7 meses; 1 técnico/a de mocidade en xornada de 32,5 h./sem. durante 6,5 meses; 1 ciclo superior de turismo (guía, información e asistencia turísticas) en xornada de 30 h./sem. durante 6 meses; 1 ciclo superior de turismo (guía, información e asistencia turísticas) en xornada de 30 h./sem. durante 3 meses; 2 TCAE/auxiliares de clínica en xornada de 20 h./sem. durante 3 meses
Achega de 235.262,16 €
PORTAS
10 persoas traballadoras
1 varredor/a e 1 peón/a de limpeza en xornada de 30 h./sem. durante 12 meses; 2 peóns de limpeza en xornada de 30 h./sem. durante 11,5 meses; 2 peóns de xardinería, 1 condutor/a para servizo do lixo, 1 condutor/a servizos varios e 2 peóns de obras públicas en xornada de 30 h./sem. durante 10 meses. Achega de 129.773,66 €
COMARCA O SALNÉS
O Concello de Vilanova poderá contratar 11 persoas traballadoras cunha achega de 164.950€
Trátase dun limpador/a en xornada de 35 h./sem. durante 10 meses; 1 carpinteiro/a en xornada de 30 h./sem. durante 10 meses; 1 auxiliar de turismo (guía de turismo) en xornada de 35 h./sem. durante 9 meses; 6 traballadores/as mantedores/as de edificios e equipamentos urbáns e 1 albanel en xornada de 30 h./sem. durante 9 meses; 1 técnico/a en audiovisuais (imaxe e son) en xornada de 40 h./sem. durante 4 meses
COMARCA VIGO
Os Concellos de Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas poderán contratar 54 TRABALLADORES con achegas por un total de 622.192€
FORNELOS
13 persoas traballadoras
1 oficial de 1ª tractorista en xornada do 75% durante 9 meses; 1 peón socorrista en xornada do 75% durante 8 meses; 1 titulado/a medio/a monitor/a deportivo/a en xornada do 75% durante 7 meses; 3 peóns de teitadores de asfalto, 4 peóns de xardinería, 2 peóns limpadores/as e 1 oficial de 1ª tractorista en xornada do 75% durante 6 meses
Achega de 127.279,56 €
PAZOS DE BORBEN
13 persoas traballadoras
13 peóns de obras públicas en xornada de 30 h./sem. durante 6 meses
Achega de 92.651,58 €
REDONDELA
18 persoas traballadoras
1 traballador/a social, 1 guía turístico/a, 1 técnico/a en educación e control ambiental e 1 axudante de servizos actuacións de electricidade a xornada completa durante 9 meses; 2 guías turísticos/as e 1 axudante de servizos actuacións de carpintería a xornada completa durante 6 meses; 11 peóns forestais a xornada completa durante 4 meses
Achegade 257.481,07 €
SALCEDA DE CASELAS
10 persoas traballadoras
1 técnico/a en orientación laboral, 1 técnico/a en medio ambiente, 1 bibliotecario/a, 1 auxiliar administrativo/a, 5 peóns de limpeza e 1 albanel a xornada completa durante 8,5 meses
Achega de 144.780,03 €
COMARCA BAIXO MIÑO
O Rosal e Oia poderán contratar 18 persoas traballadoras con achegas por un total de 232.154€
O ROSAL
10 persoas traballadoras
3 oficiais de obras, 4 peóns de limpeza e recollida de lixo e 1 auxiliar de axuda no fogar a xornada completa durante 9 meses; 1 oficial electricista a xornada completa durante 7 meses; e 1 operario/a de maquinaria forestal a xornada completa durante 6 meses
Achega de 129.316,11 €
OIA
8 persoas traballadoras
1 condutor/operador de maquinaria forestal a xornada completa durante 10 meses; 2 albaneis e 4 peóns forestais a xornada completa durante 9 meses; e 1 peón forestal a xornada completa durante 5 meses
Achega de 102.838,82 €
COMARCA PARADANTA
Arbo, Covelo e Crecente poderán contratar 37 persoas traballadoras con achegas po run total de 289.511 €
ARBO
13 persoas traballadoras
2 peóns mantedores/as de edificios, 2 peóns horticultura-xardinería, 3 peóns forestais, 2 peóns de conservación de parques urbanos, 2 operarios/as de condución de vehículos e manexo de maquinaria agraria e 2 axudantes/as de tarefas de axuda no fogar en xornada de 30 h./sem. durante 6 meses
A achega é de 96.174,00 €
COVELO
16 persoas traballadoras
1 condutor/a de camión en xornada de 35 h./sem. durante 10 meses; 2 varrendeiros/as en xornada de 30 h./sem. durante 10 meses; 3 peóns forestais, 2 peóns de albanelería, 3 peóns de limpeza e 1 carpinteiro/a en xornada de 30 h./sem. durante 6 meses; 1 fontaneiro/a en xornada de 30 h./sem. durante 4 meses; 2 peóns de limpeza e 1 socorrista en xornada de 30 h./sem. durante 3 meses
Achega de 103.919,44 €
CRECENTE
8 persoas traballadoras
2 choferes condutores/as de camión en xeral e maquinaria pesada en xornada de 37,5 h./sem. durante 10 meses; 1 oficial de 2ª operario/a albanel e 4 operarios/as peóns de obras públicas en xornada de 25 h./sem. durante 10 meses; e 1 operario/a limpador/a en xornada de 20 h./sem. durante 10 meses
Achega de 89.417,40 €
COMARCA O CONDADO
As Neves, Mondariz Balneario e Salvaterra poderán contratar a 38 persoas traballadoras con achegas por un total de 352.553€
AS NEVES
10 persoas traballadoras
1 condutor/a operador/a de maquinaria, 2 peóns de recollida de lixo e 1 monitor/a de servizos á comunidade a xornada completa durante 10 meses; 2 peóns forestais e 2 peóns de obras públicas a xornada completa durante 9 meses; e 2 fontaneiros/as a xornada completa durante 6 meses
Achega de 122.662,91 €
MONDARIZ BALNEARIO
10 persoas traballadoras
5 peóns da construción e 5 peóns forestais en xornada de 25 h./sem. durante 6 meses
Achega de 59.253,04
SALVATERRA DE MIÑO
18 persoas traballadoras
1 condutor/a en xornada de 37,5 h./sem. durante 10 meses; 1 varredor/a en xornada de 35 h./sem. durante 10 meses; 1 informador/a turístico en xornada de 30 h./sem. durante 10 meses; 3 mozos de recollida do lixo en xornada de 35 h./sem. durante 8 meses; 1 animador/a sociocultural e 1 informador/a turístico en xornada de 30 h./sem. durante 8 meses; 2 peóns de limpeza en xornada de 37,5 h./sem. durante 7 meses; 2 peóns da construción e 1 oficial albanel en xornada de 35 h./sem. durante 7 meses; 1 mozo de recollida do lixo en xornada de 35 h./sem. durante 6 meses; 1 fontaneiro/a en xornada de 35 h./sem. durante 4 meses; 2 peóns de limpeza e 1 cobrador/a en xornada de 35 h./sem. durante 3 meses
Achega de 170.637,06 €
COMARCA DEZA
Lalín e Vila de Cruces poderán contratar 38 persoas traballadoras con achegas por un total de 486.416€
LALIN
28 persoas traballadoras
1 oficial de 1ª condutor/a camión a xornada completa durante 8 meses; 1 arquitecto/a técnico/a ou equivalente, 1 licenciado/grao económicas ou ADE, 1 conserxe, 1 auxiliar administrativo/a, 4 peóns albaneis e 4 peóns forestais a xornada completa durante 7 meses; 1 auxiliar administrativo, 1 traballador/a social, 1 licenciado/a en dereito, 1 técnico/a de comercio, 1 oficial de 1ª condutor/a de retroescavadora, 2 oficiais de 1ª condutores/as de tractor desbrozadora e 6 peóns de obras públicas a xornada completa durante 6 meses; 2 auxiliares de información turística a xornada completa durante 5 meses
Achega de 338.269,49 €
VILA DE CRUCES
10 persoas traballadoras
2 operarios/as condutores/as, 4 peóns-operarios de obras, forestais ou xardineiros, 2 operarios/as albaneis, 1 operador/a de maquinaria de obra e 1 operario/a para manexo de maquinaria diversa a xornada completa durante 9,5 meses
Achega de 148.146,80 €
COMARCA TABEIRÓS TERRA DE MONTES
FORCAREI poderá contratar a 9 persoas traballadoras cunha achega de 125.301€
Trátase dun condutor/a camión lixo e 1 peón para recollida do lixo a xornada completa durante 8 meses; 2 condutores/as de tractor e operarios/as de servizos varios e 1 peón de obras públicas a xornada completa durante 7 meses; 1 peón forestal e 1 oficial de 1ª albanel a xornada completa durante 6 meses; 2 peóns de obras públicas a xornada completa durante 4 meses
Achega de 125.301,54 €
COMARCA VAL MIÑOR
Baiona e Nigrán poderán contratar a 39 persoas traballadoras con achegas por un total de 437.045 €
BAIONA
19 persoas traballadoras
1 conserxe, 1 auxiliar administrativo/a, 1 condutor/a de camión, 1 operario/a de recollida de lixo, 5 peóns de desbroce - forestais, 5 operarios/as de obra pública, 1 condutor/a de retroescavadora e 1 operario/a de canteiría en xornada de 35 h./sem. durante 6 meses; 1 auxiliar administrativo/a en xornada de 35 h./sem. durante 4 meses; e 2 operarios/as de servizos varios en xornada de 35 h./sem. durante 2 meses
Achega da Deputación de 211.014,55 €
NIGRAN
20 persoas traballadoras
18 peóns forestais a xornada completa durante 8 meses; 2 conserxes en xornada do 75% durante 4 meses
Achega de 226.021,08 €
Axudas contratación de persoal para oficinas de turismo dos concellos
A Xunta de goberno tamén deu luz verde ás bases para que os concellos con oficinas de turismo adheridas á Rede Info Rías Baixas opten a subvencións da institución para contratar a persoal este ano 2021, ás que se destinan 200.000 euros. O obxectivo desta axudas, cuxa tramitación adianta este ano a Deputación, é garantir unha rede de oficinas turísticas profesionalizada, e dotada de persoal con capacitación “para poder seguir a traballar por un sector que é fundamental e que todos esperamos se poida recuperar canto antes”.
Estas axudas van chegar ás 24 oficinas adheridas: A Guarda, A Estrada, Sanxenxo, O Grove, Caldas, Cangas (con 2 oficinas), Moaña, Marín, Oia, As Neves, Cambados, A Illa, Meaño (2 oficinas), Silleda, Bueu, Ribadumia, Catoira, Baiona, Cuntis, Poio, Salvaterra, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Nigrán. En breve incorporarase á rede tamén a de Redondela.
Os concellos poden optar a axudas por valor de 7.000 € para contratar a unha persoa informadora, mentres que no caso dos municipios declarados turísticos (A Guarda, Sanxenxo, O Grove, Cangas, Cambados, A Illa, Baiona, Poio e Mondariz-Balneario) teñen a súa disposición axudas de 14.000 € para contratar a dúas persoas informadoras.
Carmela Silva subliñou que “ningunha outra administración ten recursos para este tipo de proxectos” e lembrou que está agora mesmo en proceso de licitación o proxecto Tourist Inside que vai permitir modernizar as oficinas de turismo na provincia no eido da dixitalización. “É unha aposta moi relevante porque os concellos teñan a mellor rede de oficinas turísticas de toda Galicia”, remachou.

