Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MEDIO AMBIENTE E A FEGAMP ASINAN UN CONVENIO PARA DOTAR AOS PUNTOS LIMPOS DE EQUIPAMENTO PARA A RECOLLIDA, IDENTIFICACIÓN E CLASIFICACIÓN DE RESIDUOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS

Este plan, cofinanciado pola Unión Europea, permitirá ás entidades municipais ou supramunicipais obter medios para pesar, almacenar e identificar este tipo de residuos

Punto limpo de A Guarda

Fecha: 31 de Marzo de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo L. García Rodríguez, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fegamp, co fin de dotar aos puntos limpos da Comunidade galega do equipamento necesario para a recollida e clasificación de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

O Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, establece novas obrigas aos puntos limpos en materia de recollida e clasificacións dos RAEE. Dado que os concellos non teñen a suficiente capacidade económica para facer fronte a ditas adaptacións das súas instalacións, a Xunta de Galicia habilita esta liña de colaboración cun orzamento de 536.000 euros para axudarlles a cumprir con estas obrigas.

En base a esta colaboración, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%, facilitarse a estas entidades municipais ou supramunicipais medios para pesar este tipo de residuos, marquesiñas para o seu almacenamento, barreiras de estanquidade, así como carteis distintivos correspondentes ás distintas fraccións de RAEE.

Ambas institucións consideran que a xestión de residuos constitúe un dos piares básicos de benestar, polo que esta colaboración representa un plan de adaptación dos puntos limpos e das instalacións de recollida municipais, co fin de mellorar e actualizar o seu funcionamento.

Esta actuación forma parte da estratexia global do Goberno galego en materia de residuos, que persegue a implantación dun novo modelo máis sostible e acorde coa xerarquía de residuos marcada pola normativa, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos.

O Plan de Xestión de Residuos Urbanos outorga unha especial relevancia á recollida selectiva como medio para posibilitar a reutilización e a reciclaxe de residuos. No caso dos RAEE, a súa recollida selectiva e almacenamento nos puntos limpos en condicións de seguridade ambiental resulta particularmente necesaria atendendo á composición complexa, fraxilidade e frecuente presenza de elementos ou compostos perigosos neste residuos.

Así, tal e como se recolle no texto do convenio, unha das obrigas da Fegamp será trasladar ás entidades locais o presente convenio e as posibilidades que brinda esta colaboración en materia de recollida selectiva; para o que será necesario adherirse.

Non obstante, para poder solicitar a adhesión deberán reunir as seguintes características: estar autorizadas para a xestión do punto limpo, ou en trámite de obter a autorización; estar adheridas ao Convenio Marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio e as Entidades Xestoras dos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos vixente e non ter sido obxecto de sanción firme por deficiencias na xestión do punto limpo no último ano. Aquelas entidades que se adhiran voluntariamente ao convenio deberán comunicalo no prazo dun mes.

Finalmente, as entidades locais que se adhiran a este convenio comprométense a asumir o mantemento e conservación das instalacións e permitirán á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o libre acceso ás instalacións do punto limpo.

A Lei 22/2011, de residuos e solos contaminados atribúe ás entidades locais, como servizo obrigatorio, a recollida, transporte e tratamento dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos. Non obstante, esta actuación é acorde co programa operativo europeo para conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos; e sobre todo co obxectivo de levar a cabo unha separación, recollida selectiva e tratamento de residuos, incluíndo as accións de peche de ciclo, recollendo tanto os plans de xestións como os investimentos en infraestruturas.

Na actualidade, a rede de puntos limpos de Galicia está formada por 147 instalacións fixas, das cales 130 foron construídas pola Xunta e 17 son de iniciativa local ou privada e todas estas instalacións atópanse xa a disposición da cidadanía. A inversión da Xunta de Galicia na construción destas instalacións superou os 6,5 millóns de euros nos últimos 7 anos.

Ademais, tamén contan con puntos limpos móbiles, de impulso local nas cidades da Coruña, Santiago e Ourense, e os postos en marcha pola Deputación de Ourense para achegar este servizo aos concellos máis rurais e tamén a eventos destacados.

Con estas infraestruturas e as vantaxes da xestión compartida (39 puntos limpos ofrecen servizo mancomunado), o servizo de punto limpo esténdese a 233 concellos de Galicia, cubrindo un 88% da poboación da Comunidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones