Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MEDIO AMBIENTE HABILITA UNHA APLICACIÓN GRATUÍTA PARA MÓBILES CON INFORMACIÓN SOBRE AS 6 RUTAS DE SENDERISMO DO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA, NA ZONA DE TUI

Existen itinerarios de sendeirismo a pé, en bicicleta e ata unha ruta botánica

Fecha: 08 de Julio de 2013

Fuente: www.xunta.es

§  Seis itinerarios permiten coñecer a paraxe a pé, cun total de 17,5 km. A primeira ruta, Cabana-Cabaciña, de dous quilómetros, permite coñecer a poza de Cabanas, un lugar de interese para a fauna acuática

§  A ruta dos Muíños de Paredes comeza e remata na ermida de San Fins (Rebordáns) e ten unha lonxitude de seis km

§  Medio Ambiente ten deseñado dúas rutas para percorrer en bicicleta o parque natural. Existe unha opción de dificultade media cunha lonxitude de 6,1 km en percorrido circular e outra opción de dificultade entre alta e moi alta

§  A Xunta de Galicia investiu este ano algo máis de 83.000 euros no acondicionamento da estrada de acceso ao parque natural

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de poñer en marcha unha aplicación gratuíta para os dispositivos móbiles con información sobre as 6 rutas definidas no Parque Natural do Monte Aloia, que suman 17,5 km.

 

Esta guía, que se presenta en galego e castelán e para as dúas plataformas maioritarias de telefonía IOS (Apple) e Android (Google), enumera e localiza os principais recursos ambientais e turísticos, ofrece unha descrición xeral de cada parque, información acerca da mellor forma de realizar a visita, o clima, os servizos e os equipamentos cos que conta cada localización, os graos de protección e as formas de acceso.

 

Grazas a esta aplicación, os usuarios poden programar, de xeito intuitivo e práctico, as visitas, adaptándoa ás súas condicións e necesidades. Ademais, esta aplicación permite almacenar os datos no teléfono do usuario e consultar máis dun 80% da información sen necesidade de conectarse a internet.

 

Esta programación é posible grazas a que os usuarios poderán descargarse fichas elaboradas con gran detalle, así como fotografías, nas que atoparán información sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural de cada parque, así como as rutas oficiais sinalizadas en mapas con tecnoloxía de xeolocalización, fotografías e información sobre distancias, dificultade e puntos de inicio. Na táboa indicase a dificultade e distancia das rutas que se recompilan na aplicación:

 

 

 

 

Parque Natural Monte Aloia (Pontevedra)

Cabaciñas- Pozas da Cabana

Media- Baixa

2

Muíños de Paredes

Media

6

Rego de Pedra

Media- Baixa

2,4

Castro Alto dos Cubos

Media- Baixa

4,5

Muíños de Tripes

Media- Baixa

2,6

Senda Botánica

Baixa

0,4

 

Todas aquelas persoas que desexen acceder a esta base de datos sobre as rutas nos parques naturais de Galicia poden descargar a aplicación no seguinte enlace (para android): http://droidmill.com/parques-naturales-de-galicia-1148610.html; mentres que os dispositivos móbiles que sexan ipad, iphone deberán seguir o enlace: https://itunes.apple.com/us/app/parques-naturais-e-nacionais/id616630669?mt=.

 

Parque natural Aloia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten habilitadas arredor de 30 km distribuídos en 6 roteiros pensados tanto percorridos a pé como en bicicleta no parque natural do Monte Aloia, na zona de Tui.

 

O Parque Natural do Monte Aloia, que abrangue unha superficie de preto de 750 hectáreas, constitúe un motor para o desenvolvemento económico das comarcas nas que se sitúa, ofrecendo unha alternativa de uso diferente e coherente cun modelo de calidade de vida que aposta pola conservación da natureza.

 

Este parque representa un dos ecosistemas naturais con maior diversidade ao integrar os medios mariño e terrestre, albergando as figuras de protección de Zona de Especial Protección para os Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria Monte Aloia.

 

Cabaciñas

A primeira ruta, Cabana-Cabaciña, de dous quilómetros, permite coñecer a poza de Cabanas, un lugar de interese para a fauna acuática, pois nela e nos arredores viven varias especies endémicas como a píntega rabilonga.

 

Muíños de Paredes

A ruta dos Muíños de Paredes comeza e remata na ermida de San Fins (Rebordáns) e ten unha lonxitude de seis km. Este itinerario transcorre ao pé do río Deique e logo desvíase cara a unha zona de gran relevancia xeolóxica, na que as formacións graníticas amosan o modelado da erosión. Unha vez nos muíños, no lugar de Paredes, a ruta dá a volta pola outra marxe do río.

 

Rego da Pedra

Os visitantes tamén poden optar por percorrer o Rego de Pedra, cunha lonxitude de 2,4 km. Despois de pasar polo alto de Perdurán e baixar por unha ladeira pedregosa, chegamos ao rego de Pedra, canle de 632 metros que foi construída coa finalidade de levar auga aos campos de Frinxo. Na súa parte final atravesa un bosque mixto de sobreiras e carballos no que viven plantas de carácter mediterráneo como o trobisco. O rego é frecuentado por xabarís, raposos e garduñas e utilizado polo lugar de reprodución de anfibios como a píntega.

 

Castro dos Cubos

Ademais dos importantes valores naturais do parque, tamén compre lembrar que Monte Aloia estivo desde sempre ocupado polo home, que buscou e atopou nel refuxio e alimento, tal e como acreditan os achados arqueolóxicos descubertos, tales como petróglifos, mámoas ou o asentamento castrexo. A ruta do Castro dos Cubos, de 4,5 km, lévanos ata este antigo asentamento encadrado entre os séculos II aC e III dC e localizado sobre un promontorio desde o que se divisa Tui. No lugar habitan aves como o peto real, o miñato e o azor, ademais de moitas pequenas aves forestais. Na flora destaca o bosque mixto composto por vexetación de ribeira (amieiros, salgueiros e freixos), xunto con carballos que se atravesan na parte final da ruta.

 

Muíños de Tripes

Por último, o sendeiro de Muíños de Tripes, ten unha lonxitude de 2,6 km e durante o percorrido a carón do río e os seus muíños pódese observar como o Tripes conserva unha boa vexetación de ribeira: árbores como o amieiro, o salgueiro e o loureiro, ademais de fentos como o dentabrún e o fento macho. No que respecta á fauna, destaca o lagarto das silveiras, rata de auga ou o teixugo.

 

Senda botánica

Existe tamén unha senda botánica que constitúe un exemplo da importante diversidade florística presente neste parque natural. Así, ao longo do seus 800 metros pódense observar ata 30 especies vexetais diferentes desde os salgueiros ás sobreiras, pasando polos bidueiros, acivros, acacias mouras, mimosas ou sabugueiros.

 

 

Ruta en bicicleta

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Conservación da natureza, ten deseñado dúas rutas para percorrer en bicicleta o parque natural do monte Aloia. Existe unha opción de dificultade media cunha lonxitude de 6,1 km en percorrido circular e outra opción de dificultade entre alta e moi alta (segundo o tramo) de 7,6 km. 

 

Arranxo da estrada de acceso

A Xunta de Galicia investiu este ano algo máis de 83.000 euros no acondicionamento da estrada de acceso ao parque natural.

 

Trátase dunha estrada antiga que soporta un tráfico moi intenso, polo que o Goberno galego, a través da  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas levou a cabo este verán os traballos para corrixir os corrementos de terra existentes, estabilizar os noiros e darlle unha maior consistencia aos muros de mampostería existentes. A principal causa desta situación, ademais das propias características da vía era a existencia dun manancial subterráneo que foi socavando o terreo pouco a pouco ata chegar á situación actual.

 

Estas obras de seguridade realizáronse na estrada forestal de uso público no Monte de Utilidade Pública de Pazos de Reis, concretamente entre o alto de San Xiao, as Pozas das Cabanas e a Fonte das Udencias, que supón o acceso principal ao Parque Natural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones