Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MEDIO AMBIENTE SOLICITA A COLABORACIÓN DOS CONCELLOS DA BACÍA GALICIA-COSTA PARA ACTIVAR MEDIDAS QUE FOMENTEN UN USO RESPONSABLE DA AUGA

Augas de Galicia solicita a comunicación de calquera incidencia que se produza, co fin de establecer as medidas técnicas necesarias e garantir o abastecemento

Augas de Galicia solicita a comunicación de calquera incidencia que se produza, co fin de establecer as medidas técnicas necesarias e garantir o abastecemento

Fecha: 27 de Julio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicita aos concellos que se enmarcan dentro da bacía Galicia-Costa a súa colaboración para establecer medidas necesarias, dentro do seu ámbito competencial, para levar a cabo unha labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga.

O director de Auga de Galicia, seguindo o previsto no protocolo do Plan de Seca, vén de remitir un escrito aos 165 alcaldes da Demarcación Hidrolóxica Galicia-Costa, aos que lles recorda que o pasado 10 de xullo activouse o Estado de prealerta da seca hidrolóxica, unha vez analizada a situación meteorolóxica e os niveis de auga nas bacías.

A pesar de que os encoros presentan boas reservas de auga que garanten o abastecemento a poboación, os caudais están por debaixo do habitual nesta época do ano en varios ríos debido á falta de precipitacións e unha elevada taxa de evaporación ocasionada por las altas temperaturas rexistradas no que vai de verán.

Por todo isto, Augas de Galicia insta a toda a cidadanía e aos municipios unha moderación no seu consumo da auga ante a perspectiva dun dos veráns máis secos dos últimos anos. Gonzalo Mosqueira tamén recomenda a necesidade de anticipar as medidas que se consideren precisas, no caso de que a situación de seca se vexa agravada e solicita que se traslade a Augas de Galicia calquera incidencia (indicando a parroquia, o lugar, as coordenadas UTM, características do sistema de abastecemento...), para o que se habilita un correo electrónico (planseca.augasdegalicia@xunta.es).

Na misiva tamén se avanza que nos próximos días porase en funcionamento a plataforma web SINA, que permitirá a identificación e notificación dos adversos que se rexistren, polo que se lles demanda unha persoa de contacto por cada concello, co obxectivo de habilitar e darlle o acceso correspondente.

Situación de prealerta
A Administración Hidráulica de Galicia, detectou no último mes un empeoramento significativo de varios dos indicadores que se avalían de forma continua, para determinar o estado hidrolóxico da demarcación Galicia-Costa, polo que hoxe decidiu esta activación do estado de prealerta, que supón activar os protocolos recollidos no Plan de Seca da demarcación Galicia-Costa aprobado no ano 2012.

Así, a situación de prealerta implica a realización dun seguimento intensivo da situación meteorolóxica e os niveles de ríos, encoros e acuíferos da demarcación Galicia-Costa, así como das posibles incidencias que se detecten. Ademais prevense medidas de concienciación da cidadanía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones