Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Medio centenar de estudantes benefíciase en Tomiño do programa de reforzo escolar É Aprender

Unha psicóloga, unha educadora social e unha mestra, coordinan as clases, nas que reciben formación en técnicas de estudo e dinámicas de grupo, dúas veces á semana

Unha psicóloga, unha educadora social e unha mestra, coordinan as clases, nas que reciben formación en técnicas de estudo e dinámicas de grupo, dúas veces á semana

Fecha: 15 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O programa de reforzo escolar "É Aprender", continúa colleitando éxitos despois de varios anos, nos que foi consolidándose coma unha alternativa de sacar adiante os estudos de Primaria e Secundaria, no Concello de Tomiño.

Durante o curso lectivo 2017-2018 pasaron polas aulas do programa uns cincuenta nenos e nenas de diferentes puntos do municipio, que necesitaban algún tipo de reforzo escolar ou apoio psicolóxico, para levar os seus estudos cara adiante.

Organizado en 8 grupos, repartidos en 6 parroquias (Currás, Barrantes, Piñeiro, Estás. Goián Primaria, Goián ESO, Tomiño Primaria e Tomiño ESO, o alumnado recibe clases dúas veces á semana.

A estrutura das sesións, coordinadas por unha psicóloga, unha educadora social e unha mestra de apoio, consiste en recibir formación, por unha parte, en técnicas de estudo, resolución de dúbidas e realización de tarefas escolares, e por outra, en dinámicas de grupo, comunicación, habilidades sociais, resolución de conflitos, toma de decisións, etc.

A pesar de que sempre comezan máis escolares dos que rematan, as organizadoras constataron un considerable aumento de casos entre o curso pasado e este. Durante as últimas semanas, as traballadoras reuníronse coas familias dos nenos e nenas, para avaliar o desenvolvemento da actividade e os progresos realizados. A gran maioría dos pais ou nais, amosaron a súa satisfacción polo programa, totalmente de balde. Este foi o caso, por exemplo, de Francisco Besada Pereira (secretario da ANPA do IES Antón Alonso Ríos). Este pai tivo xa dous fillos participando no É Aprender, e afirma que nota gran diferencia entre os primeiros anos e a actualidade. "O formato actual é mellor porque non so fan os deberes, senón que aprenden a estudar, a estar xuntos e traballar en grupo", comenta, ao tempo que advirte que nunca tivo unha soa queixa con respecto á actividade. Comparte, porén, con outras familias, a conveniencia de ampliar as horas do programa.

Outra nai, Sara Sánchez da Vila, ten un fillo de 6º de Primaria no É Aprender, e asegura que está moi contenta. Antiga voluntaria do programa, cre que unha das cousas máis importantes é o apoio psicolóxico que se lles da aos escolares. Entre as principais melloras conseguidas despois de varios anos, sinala o grao de profesionalización alcanzado, a calidade do material utilizado, etc.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, está convencida de que o programa é unha ferramenta útil para as familias que non dispoñen de apoio especializado para ampliar ou mellorar o nivel de estudos dos seus fillos e fillas, fora dos centros educativos. "O Concello segue apostando por unha educación pública de calidade, e este programa tenta ser unha alternativa para aqueles pais ou nais que non poden enviar aos seus fillos a academias privadas, brindando ao mesmo tempo, apoio psicolóxico aos estudantes que o precisen", explica a rexedora local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones