Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Medio centenar de tomiñeses e tomiñesas benefícianse dos cursos de ESO e ciclos, organizados polo Concello

A Oficina de Desenvolvemento Local está apuntando xa aspirantes para o vindeiro curso, que comezará a principios de outubro

A Oficina de Desenvolvemento Local está apuntando xa aspirantes para o vindeiro curso, que comezará a principios de outubro

Fecha: 30 de Julio de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Máis de 50 persoas aproveitaron os cursos de preparación dos exames de ESO, ciclos medios, superiores e de competencias clave, organizados polo Concello de Tomiño, co fin de achegar formación a aquelas persoas que interromperon os seus estudos secundarios ou primarios por diferentes causas.

Repartidas case por igual con respecto ao xénero, o 60% das persoas que se apuntaron a clases o curso pasado, tiñan entre 25 e 45 anos; habendo un 20% de menores de 25 e outro tanto de maiores de 45.

A docencia estivo a cargo esta vez de Radio Ecca, que desenvolveu o seu traballo de formación a través dunha aplicación on-line e só dúas clases presenciais á semana.

O esforzo das persoas máis constantes e que non faltaron practicamente a ningunha clase, viuse recompensado cos aprobados a todos os ámbitos da ESO ou, ao menos, a algúns deles, o mesmo que ocorreu nas probas para o acceso aos ciclos medios e superiores.

O Concello está apuntando xa para o vindeiro curso que comezará a principios de outubro de 2019. As persoas interesadas poden inscribirse ou informarse na Oficina de Desenvolvemento Local de Emprego do Concello de Tomiño.

A concelleira de Educación, Cristina Martínez, salientou a aposta decidida do Concello pola accesibilidade á formación de todas as persoas; compromiso desta e das anteriores lexislaturas do goberno local.

Foto: técnica local de emprego do Concello de Tomiño coas técnicas docentes de Radio Ecca.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones