Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MEDIO MILLAR DE PERSOAS FORMAN PARTE DAS SETE COMPARSAS DE TOMIÑO

Entre as formacións atópanse Estrelas da Noite, unha das máis antigas e premiada repetidamente, e Ciklón, a máis nova, que desfilou por primeira vez este Entroido

Entre as formacións atópanse Estrelas da Noite, unha das máis antigas e premiada repetidamente, e Ciklón, a máis nova, que desfilou por primeira vez este Entroido

Fecha: 24 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

A tradición do Entroido goza de moi boa saúde en Tomiño. Cada vez son máis as persoas que participan nesta festa repartidos en distintos grupos.

O Venres de Foliada é o primeiro dos desfiles celebrados na zona e un dos máis multitudinarios da comarca. Nesta edición 2015, celebrada o venres 13 de febreiro, participaron máis de 420 persoas distribuídas en sete comparsas.

Unha das máis antigas é "Estrelas da Noite", con 82 compoñentes, colleitou premios de grande envergadura nos desfiles das principais cidades galegas, como os dous 1º premios que obtivo na Coruña (Mellor Comparsa e Mellor Carroza); e os 1º premios na categoría de comparsa, en Santiago de Compostela e Caminha (Portugal). Tamén foron convidados aos desfiles de Ourense, Noia e Vilanova de Arousa, onde son xa grandes coñecidos.

É de salientar tamén o caso da comparsa máis nova de Tomiño, "Ciklón" que coa súa comparsa "África" (62 compoñentes), asistiu non só ao desfile de Tomiño, senón tamén aos do Rosal e Ames (logrando un 2º premio en ambos os casos), Mos, Gondomar, Ribadavia e Caminha, e concorren tamén aos de Nigrán, Arcade, Pontevedra, Sanxenxo, Oia, etc.

Destacados papeis tamén os das restantes grupo se comparsas tomiñesas, como Revolución Show (81 compoñentes); 2º premio en Redondela e 3º en Ames; Asociación Alecrín de Carregal, con "Viaxando por USA" (81 compoñentes); AA.VV Pinzás, con "O Noso Circo" (68 compoñentes); Asociación Cultural Val do Cereixo. Os Terribles de Tebra. Air Tebra (62 compoñentes) e 2º premio no Rosal; e Luces de Tomiño, con 52 compoñentes, logrou un 1º premio en carrozas e un 3º en grupos, en O Rosal; outro 3º en Caminha, e un 5º en Tui, quedando pendentes varios desfiles máis.

A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, quere facer chegar os seus parabéns a todos e cada un dos grupos tomiñeses pola súa entrega e traballo, así coma por levar o nome de Tomiño por Galicia e Portugal.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones