Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Melloras na estrada PO-353 no tramo entre Pancenteo e Marzán no Rosal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou o inicio da obra xunto ao alcalde da localidade, Jesús María Fernández

Os traballos contan cun orzamento de case 892.000 euros e permitirán a mellora da seguridade viaria desta estrada coa ampliación da súa plataforma, a reforma do firme e a instalación de beirarrúas

Fecha: 12 de Diciembre de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o inicio dos traballos de mellora da estrada PO-353 no tramo entre Pancenteo e Marzán, no concello do Rosal.

Na visita, o delegado estivo acompañado do alcalde da localidade, Jesús María Fernández, así como do xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez.

Os traballos teñen como obxectivo, segundo explicou Cores Tourís, "a mellora da seguridade viaria desta estrada ao longo de máis de 2,2 quilómetros mediante a ampliación da súa plataforma, a mellora do firme, a incorporación de beirarrúas e sendas peonís e o acondicionamento da drenaxe e a sinalización existente". Tamén se mellorará, deste xeito, a súa accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns.

As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda e que teñen un prazo de execución de 6 meses, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais, reforzó de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto.

Deste xeito, aumentarase a plataforma existente ata os 7,5 metros de ancho, axustándose en planta e alzado á estrada actual. Tamén se realizará un reforzo do firme mediante estendido dunha capa de regulación de 5 centímetros de espesor e unha capa de rodaxe de 3 centímetros.

Para a execución destas obras, que teñen un orzamento de 900.000 euros, expropiáronse un total de 139 fincas, o que supuxo un coste a maiores de 311.558 euros, elevándose así o custo total da obra ata os 1,2 millóns de euros.

Con estas accións aumentarase a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas e se incrementará a seguridade e facilitarán os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones