Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Moitos visitantes nos Muiños do Folón e do Picón na Semana Santa 2019

O bo tempo e as fantásticas condicións climáticas durante estes catro días nas Rías Baixas e en Galicia en xeral, fixeron que centos de persoas se achegaran ata O Rosal para disfrutar da nosa ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e do Picón.

O bo tempo e as fantásticas condicións climáticas durante estes catro días nas Rías Baixas e en Galicia en xeral, fixeron que centos de persoas se achegaran ata O Rosal para disfrutar da nosa ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e do Picón.

Fecha: 24 de Abril de 2019

Fuente: Concello do Rosal

A Oficina de Información dos Muíños do Folón e do Picón (Muíño das Laxes) estivo aberta dende o Xoves Santo 18 de abril ata o domingo 21 de abril da Semana Santa 2019, en horario de mañá (11:00 a 14 horas) e de tarde (16:00 a 19:00 horas).

O bo tempo e as fantásticas condicións climáticas durante estes catro días nas Rías Baixas e en Galicia en xeral, fixeron que centos de persoas se achegaran ata O Rosal para disfrutar da nosa ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e do Picón.

Aínda que o primeiro día houbo chubascos practicamente toda a tarde, as persoas visitantes continuaron achegándose ata Martín, tanto a cuberto para contemplar as demostracións de moenda en directo que se realizaban na Oficina, como para realizar a ruta igualmente.

Durante estes catro días, contabilizáronse un total de 2.042 visitas, sendo o venres 19 de abril unha das xornadas nas que máis turistas se achegaron ata a nosa vila.

Como en anos anteriores, a procedencia dos/as turistas nesta Semana Santa, na súa maioría, foron de todas as provincias da Comunidade Galega. Ainda que tamén foron moitas as persoas de Portugal que visitaron os muiños nestes días.

En moita menor medida, anotamos varios/as turistas de Francia, Holanda e xa de territorio nacional, persoas de Madrid, Barcelona, Tenerife, etc.

Despois de dous anos, dende que en abril de 2017 se inaugurara a nova Área de Recepción dos Muíños do Folón, esta segue sendo unha verdadeira dinamizadora da contorna, xa que atrae a multitude de veciños/as do Baixo Miño e arredores que buscan unha paraxe de tranquilidade, paseo ou mesmo descanso.

A apertura do quiosco desta Área de Recepción, nesta Semana Santa vén tamén a ofrecer un servizo moi demandado por todas aquelas persoas que nos visitan (auga, refrescos, xeados, cafés, souvenirs da vila, etc).

A proba deportiva "Trail Adventure Muíños do Folón", que este ano celebrou a súa segunda edición e que congregou en O Rosal a máis de 500 participantes, segue a ser unha "captadora" de visitantes da nosa ruta PR-G 94.

Moitas persoas se achegaban ata a oficina preguntando si se podía facer o mesmo percorrido da competición ou mesmo interesándose polas diferentes variantes que se ofertan tanto polos Muíños como polo noso territorio rosaleiro.

As demostracións de moenda en directo, que se realizaron durante os catro días, volven a ser un auténtico espectáculo para neno/ass e persoas adultas. Contemplar a conversión do millo en fariña, escoitar o son da abundante auga e o muíño a pleno rendemento foi, sen dúbida, un dos grandes atractivos para quen decidiu achegarse ata O Rosal.

A pesar de que nesta Semana Santa 2019 non tivemos constancia de que viñera ata a vila ningún autobús ou excursión concertada, foron centos de vehículos particulares os que si o fixeron, abarrotando tanto o aparcadoiro como as súas inmediacións, beirarrúas da estrada incluídas.

Para finalizar, destacar a importancia das redes sociais e o "boca a boca" que fan que a maioría das persoas visitantes veñan ata a nosa ruta e aos Muíños do Folón e do Picón "recomendados" por amistades ou mesmo por comentarios positivos que len en páxinas especializadas de Internet, de viaxes ou de sendeirismo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones