Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÚSICA E DANZA ORIENTAL NO CONCERTO DE AS DARBUKAS DACOLÁ EN GOIAN

As Darbukas Dacolá , grupo de música oriental e fusión, actúan en Goián acompañados de duas bailarinas de danza do ventre.

Fecha: 23 de Octubre de 2013

Fuente: Rita Alonso / Cineclub Poleiro

O próximo venres, 25 de outubro, no Centro Goianés,  ás 22:30 horas con entrada de balde.

O grupo vigués ofrece unha viaxe por Exipto e Oriente Medio. O ritmo marcado polas darbukas e o rik, tambores e pandeiro árabes, enriquécese coa melódica o bendir,  crótalos e nalguns temas teclado, saxo e violín.

Presentan neste concerto o primerio videoclip do grupo, chamado "Lume", gravado en Goián e Tomiño. É o video promocional da primeira maqueta "Queimada Oriental" gravada en Taborda Estudios (Tomiño) . O título deste primer traballo responde ó espíritu de fusión dos integrantes do grupo, galegos atraídos polo mundo oriental e a sua cultura.

O repertorio inclúe versións de temas con mesturas e arranxos de melodías orientais e incluso hindúes, que teñen en común o emprego de diversos ritmos exipcios e orientais: maksum, saidi, fallahy, chiftatelly, malfuf ou zaar. Música para alonxar os malos espíritus, dar ánimo en momentos críticos, celebrar acontecementos e mesmo sandar. Por algo o signo xeroglífico para a música é o mesmo que o de benestar e alegría.

Para trasmitir toda a enerxía desta música , actuarán duas bailarinas de danza do ventre, Sara González e Nuria "A lenda moura" , e un "druida" que se encargará de facer una "Queimada oriental" con augardente galego.

As Darbukas Dacolá está formado por músicos de sólida formación . Rubén Pastoriza marca cada golpe e move os dedos a velocidade de vertixe para crear un son indescriptible coa darbuka,  Fran Ferro, a cargo do rik, agogó, prato e darbuka, adorna e colorea o ambente , Isis Alonso encárgase das melodías con crótalos, melódica, teclado, voz, pequeñas percusións e darbuka , Verino Baloira, mantén firmes as bases co bendir,  Fran Rivera mantén as bases sólidas coa darbuka, , Jacobo Rodriguez colabora nalguns temas co saxofón e Ioana Pérez chega dende Cuba co seu violín. Como convidado especial, dende Túnez chea para a ocasión un músico amigo, Walid, que os acompaña nalgúns concertos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones