Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NAVA CASTRO DESTACA O ALTO VALOR DIFERENCIAL DA RUTA DA LAMPREA

Sinala que a Ruta da Lamprea dará a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e a súa captura poñendo en valor ao tempo os principais recursos naturais e culturais de dezaoito municipios galegos

Sinala que a Ruta da Lamprea dará a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e a súa captura poñendo en valor ao tempo os principais recursos naturais e culturais de dezaoito municipios galegos

Fecha: 14 de Abril de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe no Centro Superior de Hostalería de Galicia a Ruta da Lamprea nun acto que contou coa presenza da directora do Centro, Marta Fernández, e numerosos alcaldes dos concellos galegos polos que discorre así como representantes do sector.

A directora de Turismo de Galicia destacou que este novo produto turístico diferenciador de Galicia comprende dezaoito municipios galegos situados nas beiras dos ríos Miño, Ulla e Tambre. A este respecto, Nava explicou que a Ruta da Lamprea porá en valor turístico os principais recursos naturais, gastronómicos e culturais destes concellos ao redor dos labores de pesca e a gastronomía deste singular peixe.

Durante a presentación, a responsable de Turismo de Galicia explicou que a lamprea habita desde fai máis de 500 millóns de anos nos ríos Tambre, Ulla e Miño e dependendo do río e do emprazamento no seu curso, utilízanse diferentes construcións e sistemas de captura.

Neste senso, Nava Castro sinalou que a fama da que goza a lamprea a nivel internacional, non só é atribuíble á calidade do produto, senón tamén á forma artesanal da súa captura. “Tanto as pesqueiras como as artes de pesca son elementos tradicionais e singulares do territorio e da paisaxe que integran o patrimonio material e inmaterial dos concellos galegos situados ás marxes destes ríos constituíndo elementos de gran potencial turístico”, afirmou.

A directora de Turismo de Galicia explicou que a Ruta da Lamprea combina este compendio de recursos que atesoura cada unha das zonas dos tres ríos coa visita a lugares de interese natural e cultural a súa contorna.

Deste xeito e segundo resaltou Nava Castro, este novo produto turístico dará a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e á súa captura, mostrando aos visitantes desde as artes de pesca como as pesqueiras ou as estacadas, ata recursos naturais e culturais, como miradoiros, paseos, pontes ou capelas, entre outros elementos. Así, destacou que a ruta ofrece multitude de restaurantes que permiten degustar este manxar de maneiras moi diversas.

”Con todo, a Ruta da Lamprea constitúe un novo produto turístico que potenciará a oferta turística dos dezaoito municipios que integra a través de diversos itinerarios que aglutinan diferentes recursos que conxuntamente constitúen un gran atractivo”, aseverou.

Valor diferencial da lamprea
Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia resaltou o alto valor diferencial da lamprea destacando que, ademais da nova ruta presentada no día de hoxe, en torno a este animal existe tamén en Galicia o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea no que se dá a coñecer a través de paneis divulgativos, vídeos e diferentes materiais interactivos este peixe e o viño da D.O. Rías Baixas.

Finalmente, Nava Castro fixo referencia ás diversas festas gastronómicas dedicadas á exaltación deste produto que atesoura a nosa comunidade destacando a festa de interese turístico de Galicia de Arbo, a máis antiga e famosa de España.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones