Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

NAVA CASTRO SALIENTA A -MARIDAXE PERFECTA- ENTRE O TURISMO E A ENOLOXÍA NA INAUGURACIÓN DA XXIII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

A directora de Turismo de Galicia lembra a aposta pola calidade no sector vitivinícola, que na Comunidade galega está á cabeza de España en número de certificacións no ámbito do turismo industrial

Considera que o turismo enolóxico constitúe unha tipoloxía con gran potencial e se está a converter nun dos principais recursos turísticos de Galicia

Fecha: 18 de Julio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia


"Unha maridaxe perfecta entre o turismo e a enoloxía". Así definiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na inauguración da XXIII Feira do viño do Rosal, o momento que vive o enoturismo na Comunidade galega, tanto polo número como pola calidade das súas iniciativas así como polo recoñecemento dos visitantes que se achegan ao territorio galego.

A vinculación da enoloxía coa gastronomía, co patrimonio, coa cultura e a tradición que rodean o mundo do viño, conseguen, segundo manifestou hoxe Nava Castro no Rosal, "que no seu conxunto o xeito de probar novos viños e de visitar os territorios nos que se producen se estea a converter nunha tipoloxía turística con gran potencial e un auxe moi significativo".

Deste xeito, engadiu a directora de Turismo de Galicia, "o turismo enolóxico estase a converter nun dos nosos principais produtos turísticos, xa que outorga unha experiencia orixinal ao englobar unha infinidade de posibilidades para todos os gustos e preferencias".

E así, para Nava Castro, o enoturismo "é un xeito de turismo experiencial para achegarse dun xeito especial ao descubrimento de todo un territorio".

Recoñecemento
Na súa intervención na inauguración da XXIII Feira do viño do Rosal, a titular de Turismo de Galicia fixo tamén un recoñecemento ao esforzo realizado polos adegueiros e viticultores da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, que foron quen de "modernizar o sector e asentarse en diferentes países despois de obter prestixiosos premios e o beneplácito dos máis importantes críticos".

Con todo, engadiu, "non é de estrañar que cada ano esta zona gañe novos adeptos no mercado tanto nacional como internacional".

Nava Castro amosouse convencida do gran potencial do enoturismo e, por iso, lembrou que desde o departamento que dirixe trabállase por activar e dinamizar turisticamente os nosos territorios vinícolas "e para que esta tipoloxía de turismo se converta nun dos nosos principais reclamos como destino".

Iniciativas
Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia enumerou distintas iniciativas que están a enriquecer o valor do enoturismo galego, como as Xornadas de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, os Trens turísticos das Rutas dos Viños de Galicia ou a aplicación para teléfonos móbiles Enoturismo de Galicia, que "facilitan o acceso aos recursos enolóxicos do noso territorio e repercuten positivamente no incremento do potencial da nosa Comunidade como destino enolóxico".

Xunto á creación de produto, Nava Castro tamén se referiu á aposta de Turismo de Galicia pola calidade no sector enoturístico. "Somos a primeira comunidade en certificacións de calidade no sector do turismo industrial por riba de comunidades cunha gran tradición vitivinícola como son A Rioxa ou Castela e León", explicou.

Por último, a directora de Turismo de Galicia reafirmou a importancia de poñer en marcha accións que promovan o patrimonio vitivinícola dun territorio, xa que implican a posta en valor dun recurso con gran capacidade de atracción, moi versátil e combinable con outros produtos, o que enriquece a oferta turística do destino.

O feito de promover iniciativas que dean a coñecer o noso territorio e reflictan a importancia desta industria, deste xeito de vida como é a viticultura "é fundamental para conservar o noso legado, o noso saber facer e para dotar de difusión os nosos mellores recursos", concluíu.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí