Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Nenos e nenas do CEIP de Tebra lánzase ao mundo do emprendemento

As iniciativas, posta en marcha ao abeiro do -DepoEmprende na Escola- da Deputación de Pontevedra, doarán parte dos beneficios as asociacións Vontade e Bicos de Papel

As iniciativas, posta en marcha ao abeiro do -DepoEmprende na Escola- da Deputación de Pontevedra, doarán parte dos beneficios as asociacións Vontade e Bicos de Papel

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Saben que esta é unha oportunidade única para transformar as súas ideas en proxectos concretos de forma unida, democrática e solidaria. Por iso, para os 25 alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Tebra crear dende cero as cooperativas ‘Tebralidades’ e ‘Recuncho creativo’ non foi un esforzo, senón que é o resultado “da ilusión por aprender e por emprender que conseguiron transmitirnos as nosas profesoras e profesores”.

Unha ilusión que agora se reflicte nestes dous proxectos postos en marcha ao abeiro do programa ‘DepoEmprende na Escola’ da Deputación de Pontevedra e que quixeron presentar á alcaldesa, Sandra González, que louvou “a forza e as gañas coas que traballan para facer realidade unha idea, un soño, unha ilusión que traspasa as aulas e o centro educativo e que consegue contaxiarnos a todas e todos nós”. “Para Tomiño é un orgullo contar cunha mocidade tan implicada, con gañas de facer cousas e de aproveitar todas as oportunidades que se lles brindan”, salientou.

Os rapaces e rapazas destas cooperativas, formadas ambas por nenos e nenas dos dous cursos, traballarán durante todo ano en dúas propostas empresariais coas que buscan achegar o seu gran de area a coidar o medio ambiente mentres colaboran con causas solidarias. Porque, con consello reitor e división por departamentos incluídos, estas iniciativas son xa empresas a pequena escala que buscan devolver a Tomiño parte do que a veciñanza e o municipio lles dá.

Os 12 socios e socias integrantes de ‘Tebralidades’, mestura de ‘Tebra’ e ‘manualidades’,  teñen claro o seu obxectivo: traballar día a día para facer un Tomiño e un mundo máis verde, poror iso elaboran produtos útiles feitos con materiais de refugallo. Plásticos, cartón, tapón e cortiza convértense baixo as súas mans en posavasos e salvamanteis, portalapis e macetas ou organizadores que logo venden á veciñanza. O 40% dos beneficios recadados irán destinados á asociación Vontade de Tomiño, que traballa con persoas con discapacidade. O 60% restante irá destinado a axudar a financiar unha excursión de fin de curso conxunta coa outra cooperativa do centro, ‘Recuncho creativo’.

Os 13 socios e socias de ‘Recuncho creativo’ quixeron que o seu logo reflectira á perfección as súas intencións, por iso escolleron unhas tesoiras que representan “a igualdade do home e da muller no mundo da costura e un rotundo non á violencia de xénero marcado polos tons violetas dunha parte da imaxe”. Coa creatividade, o esforzo, a colaboración, a paixón, o respecto, a autoconfianza e o diálogo por bandeira, esta cooperativa do alumnado do CEIP de Tebra deseña e elabora prendas de roupa feitas con materiais reciclados ou teas que xa non se usan para reducir o uso de plástico e papel de aluminio para envolver os bocadillos da merenda. Todos os seus produtos están elaborados “de forma tradicional”, cosidos a man ou coa máquina de coser da que dispoñen no centro. Neste caso o 40% dos beneficios irán destinados á asociación Bicos de papel, que ofrece axuda ás familias con nenas e nenos con cancro do Hospital Álvaro Cunqueiro.

A rexedora valorou moito ademais “a xenerosidade de todos estes rapaces e rapazas de doar unha parte do recadado a entidades con tan boas finalidades”. González tamén felicitou á dirección e ao profesorado do CEIP de Tebra polo apoio a estes nenos e nenas e o esforzo por seguir transmitindo esas ganas de aprender, crecer e ter autonomía  entre todo o alumnado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí