Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nenos e nenas do Rosal descubriron diferentes culturas do mundo no campamento municipal de Nadal

Organizado polo Concello de balde, o campamento tiña por obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral á veciñanza

Organizado polo Concello de balde, o campamento tiña por obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral á veciñanza

Fecha: 11 de Enero de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Un percorrido polo mundo e polas tradicións de Nadal en diferentes culturas. Así foi o campamento de Nadal organizado polo Concello do Rosal durante o mes de decembro e xaneiro, posto en marcha co obxectivo principal de axudar ás familias rosaleiras a conciliar a vida laboral e familiar a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas durante o período de vacacións escolares. O campamento era gratuíto e encheu todas as prazas dispoñibles.

Baixo o título de ‘Nadal no mundo', 25 nenos e nenas de educación infantil e primaria puideron coñecer os costumes e xogos tradicionais de diferentes culturas e crear motivos e aderezos propios destas datas, atendendo á educación en valores e á diversidade. Así, os máis pequenos e pequenas coñeceron xogos propios das culturas asiática ou africana, compartiron ideas sobre no Nadal e reflexionaron sobre o consumo despois dos agasallos de Papá Nöel, crearon un tarro de luz propio do Jánuca xudeu ou un personaxe propio das culturas nórdicas, os axudantes de San Nicolás: os elfos verdes. Una morea de actividades a través das que os nenos e nenas aprenderon a convivir e cooperar nunhas datas tan sinaladas.

Dende o Concello somos conscientes "da importancia da corresponsabilidade, por iso queremos achegar o noso gran de area con iniciativas como este campamento, axudando aos pais e nais que traballan e non teñen con quen deixar aos seus fillos e fillas ao tempo que os mais pequenos e pequenas aprenden".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí