Agenda
TOMIÑO DEDICA Á MÚSICA A SÚA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO 2013
Fecha desde el 19 de Octubre de 2013
hasta el 29 de Diciembre de 2013No programa -Tomiño Música en Outono-, mestúranse actuacións de grupos de música tradicional, folk, corais e bandas, destacando os concerto de Roi Casal, Lulavai, etc.
Ampliar contenidoA Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño vén de presentar a súa Programación de Outono 2013, dedicada especialmente á música.No programa cultural "Tomiño Música en Outono", mestúranse actuacións de grupos de música tradicional, folk, corais e bandas, destacando os concerto de Roi Casal e Lulavai, ambos os dous coa arpa coma instrumento protagonista.
A programación comeza o día 19 de outubro con "Moxenas" e "Os Trasnos da Gaita", ambos grupos de música tradicional, que actuarán a partir das 22.00 horas no auditorio de Goián, con entrada xeral de 3 euros.
O día 9 de novembro actuará en concerto o grupo "Lulavai". Será tamén ás 22.00 horas no Auditorio de Goián e entrada de 3 euros.
O día 30 de novembro, será Roi Casal o que achegará a súa música de arpa ata Goián. Á mesma hora, lugar e prezo.
A programación continúa en decembro co grupo "Can de Palleiro", que brindará un concerto solidario o día 8 ás seis da tarde. Neste caso a entrada será un alimento que se destinará á ONG SOS Tomiño.
O 15 de decembro, ás 18.00 horas actuará no auditorio a Coral Polifónica de Tomiño cun concerto de Nadal e entrada libre, e o 22 fará o propio a Agrupación Musical de Goián (tamén ás 18.00 e entrada de balde).
Pechará o ciclo de outono "Airiños Novos de Pinzás", o día 29 de decembro, coa presentación do seu disco "O buraco dos mouros". Tamén no auditorio goianés, ás 18.00 e entrada libre.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que cada temporada do ano, o Concello pretende dedicar a programación a unha rama diferente da cultura e das artes, sendo esta a da música, así coma anteriormente se dedicou ao teatro, ao humor, etc.
A presentación da temporada de outono prodúcese logo da inauguración da exposición "Antonio Fernández: pintor de tres mundos", no Centro Goianés, que permanecerá aberta ata o día 20 de outubro e pola que xa pasaron centos de persoas e escolares da vila.
TOMIÑO INAUGUROU CON MÚSICA DE MOXENAS A SÚA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO
Fecha desde el 09 de Noviembre de 2013
hasta el 29 de Diciembre de 2013Dende o Concello, agardan que esta nova programación cultural sexa tan ben acollida coma as anteriores, que gozaron do aplauso do público na súa totalidade.
Ampliar contenidoNo programa “Tomiño Música en Outono”, mestúranse actuacións de grupos de música tradicional, folk, corais e bandas, destacando os concertos de Roi Casal e Lulavai, entre outros. A programación comezou o sábado con “Moxenas” e “Os Trasnos da Gaita”
A Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño vén de inaugurar a súa Programación de Outono 2013, adicada especialmente á música. A actuación inaugural celebrouse o sábado pasado e estivo a cargo de "MOXENAS MUSICAL GALEGO", un proxecto integrador das actividades de música e baile tradicional na federación de 35 asociacións veciñais de Vigo; un espectáculo musical no que se combinan instrumentos, voces e baile enchendo o escenario de montaxes variadas e amenas. “Os Trasnos da Gaita”, actuaron coma teloneiros.
Programa variado
No programa cultural “Tomiño Música en Outono”, mestúranse actuacións de grupos de música tradicional, folk, corais e bandas, destacando os concerto de Roi Casal e Lulavai, ambos os dous coa arpa coma instrumento protagonista.
A próxima actuación será a do grupo "Lulavai", o vindeiro sábado 9 de novembro, un singular cuarteto de arpas formado por catro mulleres: Lorena Reinaldo, Josefa Fernández, Elena Paz e Paula Oanes.
O día 30 de novembro, será Roi Casal o que achegará a súa música de arpa ata Goián.
Estas tres actuacións serán no Auditorio de Goián ás 22.00 horas, con entrada xeral de 3 euros.
A programación continúa en decembro co grupo “Can de Palleiro”, que brindará un concerto solidario o día 8 ás seis da tarde. Neste caso a entrada será un alimento que se destinará á ONG SOS Tomiño.
O 15 de decembro, ás 18.00 horas actuará no auditorio a Coral Polifónica de Tomiño cun concerto de Nadal e entrada libre, e o 22 fará o propio a Agrupación Musical de Goián (tamén ás 18.00 e entrada de balde).
Pechará o ciclo de outono “Airiños Novos de Pinzás”, o día 29 de decembro, coa presentación do seu disco “O buraco dos mouros”. Tamén no auditorio goianés, ás 18.00 e entrada libre.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que cada temporada do ano, o Concello pretende dedicar a programación a unha rama diferente da cultura e das artes, sendo esta a da música, así coma anteriormente se dedicou ao teatro, ao humor, etc.
Dende o Concello, agardan que esta nova programación cultural sexa tan ben acollida coma as anteriores, que gozaron do aplauso do público na súa totalidade.
AS ARPAS DE ?LULAVAI- CHEGAN ESTE SÁBADO A TOMIÑO
Fecha desde el 09 de Noviembre de 2013
hasta el 29 de Diciembre de 2013A función terá lugar no Auditorio de Goián a partir das 22.00 horas
Ampliar contenido
ESPECIAL - TUI ACOLLE A EXPOSICIÓN -A SINXELEZA DO NATURAL
Fecha desde el 14 de Noviembre de 2013
hasta el 28 de Diciembre de 2013Exposición sobre a natureza e a vertente máis sinxela do mundo natural que nos rodea
Ampliar contenidoO pasado martes día 5 de Novembro inaugurábase a exposición "A sinxeleza do natural" comisariada por Andrea Costa Amorín. A mostra acolle un total de 12 obras de alumnos recen licenciados en Belas Artes xunto co profesor Juan Fernando de Laiglesia que expresan o seu sentimento cara ó natural a través de múltiples disciplinas plásticas. Así, atopamos obras creadas a partir de materiais reciclados, escaiola, pintura, fotografía, cera ou debuxo.A exposición supón unha oportunidade para que as novas xeracións de artistas divulguen a súa obra, converténdose nunha das máis provocativas do ano tanto pola cantidade de obras coma pola cantidade de artistas que participan.
Juan Fernando de la Iglesia, de familia literaria, enfocou, desde a súa infancia, a proxección das súas habilidades artísticas cara a pintura e a escultura. Formouse na Fundación fundición Eduardo Capa e a Escola de Belas Artes de Madrid e comezou a expor nos anos 70. A súa actividade artística actual recolle dende as instalacións interactivas , as propostas de prototipos simbólicos experimentais,pintura ó óleo sobre carteis de cine ou construcións con materiais encontrados.
Participan amais Alicia Martínez Casals, Antía Barba Mariño, Cynthia Alfonso Barreiro, Miguel Ángel Varela Iglesias, Iria Méndez Neira, Laura Novelle Calvar, Lidia Alonso Sánchez, Manuela Elizabeth Rodríguez, Marcos Covela, Nuria Bouzas Loureiro e Tamara Alonso.
A exposición estará aberta ao público ata o 28 de decembro de luns a venres 9h a 14h e de 16:30h a 20:30h e os sábados de 9h a 13h na Sala de Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio da Área Panorámica.
Fotos de Jorge Alonso Daldea
ROI CASAL E A SÚA BANDA CHEGAN ESTA FIN DE SEMANA AO AUDITORIO DE GOIÁN
Fecha desde el 30 de Noviembre de 2013
hasta el 29 de Diciembre de 2013O músico e compositor galego, que formou parte de Milladoiro durante unha década, presentará o seu traballo -Maxicamente vello-
Ampliar contenidoContinuando coa programación cultural "Tomiño Música en Outono", organizada polo Concello de Tomiño, chega esta fin de semana (sábado 30 de novembro, ás 22 horas no auditorio), a actuación do músico e compositor Roi Casal coa súa banda, para presentar o album "Maxicamento vello", un traballo de estudo que amosa a madurez do artista, e demostra, renovando a tradición, que a música en galego non ten que ser necesariamente folk. Un disco gravado hai un par de anos, e do que se venderon máis de 5000 copias, con sons que proveñen de instrumentos coma a arpa, a guitarra eléctrica ou a zanfona, e marcados polas voces do propio músico e da cantante Silvia Ferre. A entrada xeral será de 3 euros.
Concertos didácticos
Roi Casal e Silvia Ferre ofrecerán ademais, co fin de completar a súa actuación, unha serie de obradoiros didácticos cos que visitarán mañá (mércores 27) os colexios de Primaria e o instituto de Tomiño, mesturando a música coa narrativa, e facendo partícipe ao alumnado mediante xogos e preguntas.
Mediante a narración dun conto musicalizado e cantado, que comeza coa enumeración dos instrumentos representados no Pórtico da Gloria da catedral compostelá, Roi Casal irá comentando a orixe da arpa, a zanfona, o bouzouki, etc.
Datos biográficos
Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, xa que dende os 14 anos toca a arpa céltica, a zanfona, o piano e o bouzoki. Formado na arpa céltica co reputado Mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro no 2000. Tras case unha década de carreira co grupo, na que gravou seis discos, no ano 2008, iniciou a súa carreira en solitario, coa publicación de Lendas Douradas, un dos discos máis vendidos durante o ano 2009 en Galicia. Dous anos despois, en febreiro de 2011, publicou "Maxicamente vello", un traballo de estudo que amosa a madurez dun artista sen complexos e coa ambición que o caracterizou dende os seus orixes, seguindo a súa liña de creación, cargado de matices.
Programación
A programación cultural de outono continúa en decembro, co grupo "Can de Palleiro", que brindará un concerto solidario o día 8 ás seis da tarde. Neste caso a entrada será un kilo alimento que se destinará á ONG SOS Tomiño.
O 15 de decembro, ás 18.00 horas actuará no auditorio a Coral Polifónica de Tomiño cun concerto de Nadal e entrada libre, e o 22 fará o propio a Agrupación Musical de Goián (tamén ás 18.00 e entrada de balde).
Pechará o ciclo de outono "Airiños Novos de Pinzás", o día 29 de decembro, coa presentación do seu disco "O buraco dos mouros". Tamén no auditorio goianés, ás 18.00 e entrada libre.
ABERTAS INSCRIÇÕES PARA PARTICIPAÇÃO NO CANTAR AS JANEIRAS 2014
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2013
hasta el 08 de Enero de 2014Estão abertas as inscrições, até ao dia 8 de janeiro, para participação no evento Cantar as Janeiras 2014
Ampliar contenidoEstão abertas as inscrições, até ao dia 8 de janeiro, para participação no evento Cantar as Janeiras 2014, que vai ter lugar no próximo dia 19 de janeiro, no Cineteatro de Cerveira, a partir das 15h00. A iniciativa tem vindo a ser organizada pela Câmara Municipal e visa a recuperação da tradição de cantar as janeiras e das tradições locais, no âmbito da defesa do património imaterial e etnográfico e da promoção da cultura popular da região.Esta é também uma forma de dinamizar e fomentar a participação do associativismo e de toda a comunidade. No ano passado, na quarta edição do evento, participaram no espetáculo a Associação Cultural e Recreativa do Divino Salvador de Covas, Clube Desportivo de Cerveira, Coral Polifónico de Vila Nova de Cerveira, Rancho Folclórico de Sopo, Rancho Folclórico e Etnográfico de Reboreda, Rancho Folclórico e Infantil de Gondarém, Se Eu Podia Viver Sem Conhecer Cerveira? Podia, Mas Não Era a Mesma Coisa e Unisénior - Tuna da Universidade Sénior de Cerveira.
A Câmara Municipal vai continuar a celebrar esta tradição através do desafio lançado às associações culturais e recreativas, escolas e a toda a comunidade interessada em participar, para que cada grupo crie e recrie a sua melhor forma de representar esta tradição.
As inscrições já se encontram abertas, até ao dia 8 de janeiro, e estão disponíveis na página principal do portal do município e nos serviços de Cultura, juntamente com as normas que regulam a participação de cada grupo.
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

