Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO INAUGUROU CON MÚSICA DE MOXENAS A SÚA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO

Dende o Concello, agardan que esta nova programación cultural sexa tan ben acollida coma as anteriores, que gozaron do aplauso do público na súa totalidade.

Fecha: 25 de Octubre de 2013

Fuente: www.concellotomino.com

No programa “Tomiño Música en Outono”, mestúranse actuacións de grupos de música tradicional, folk, corais e bandas, destacando os concertos de Roi Casal e Lulavai, entre outros. A programación comezou o sábado con “Moxenas” e “Os Trasnos da Gaita”

A Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño vén de inaugurar a súa Programación de Outono 2013, adicada especialmente á música. A actuación inaugural celebrouse o sábado pasado e estivo a cargo de "MOXENAS MUSICAL GALEGO", un proxecto integrador das actividades de música e baile tradicional na federación de 35 asociacións veciñais de Vigo; un espectáculo musical no que se combinan instrumentos, voces e baile enchendo o escenario de montaxes variadas e amenas. “Os Trasnos da Gaita”, actuaron coma teloneiros.

Programa variado
No programa cultural “Tomiño Música en Outono”, mestúranse actuacións de grupos de música tradicional, folk, corais e bandas, destacando os concerto de Roi Casal e Lulavai, ambos os dous coa arpa coma instrumento protagonista.

A próxima actuación será a do grupo "Lulavai", o vindeiro sábado 9 de novembro, un singular cuarteto de arpas formado por catro mulleres: Lorena Reinaldo, Josefa Fernández, Elena Paz e Paula Oanes.

O día 30 de novembro, será Roi Casal o que achegará a súa música de arpa ata Goián.
Estas tres actuacións serán no Auditorio de Goián ás 22.00 horas, con entrada xeral de 3 euros.

A programación continúa en decembro co grupo “Can de Palleiro”, que brindará un concerto solidario o día 8 ás seis da tarde. Neste caso a entrada será un alimento que se destinará á ONG SOS Tomiño.

O 15 de decembro, ás 18.00 horas actuará no auditorio a Coral Polifónica de Tomiño cun concerto de Nadal e entrada libre, e o 22 fará o propio a Agrupación Musical de Goián (tamén ás 18.00 e entrada de balde).

Pechará o ciclo de outono “Airiños Novos de Pinzás”, o día 29 de decembro, coa presentación do seu disco “O buraco dos mouros”. Tamén no auditorio goianés, ás 18.00 e entrada libre.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que cada temporada do ano, o Concello pretende dedicar a programación a unha rama diferente da cultura e das artes, sendo esta a da música, así coma anteriormente se dedicou ao teatro, ao humor, etc.

Dende o Concello, agardan que esta nova programación cultural sexa tan ben acollida coma as anteriores, que gozaron do aplauso do público na súa totalidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones