Agenda
A Guarda acolle o Ciclo de concienciación medioambiental -Sostendo o futuro-
Fecha desde el 08 de Mayo de 2021
hasta el 19 de Junio de 2021Proxeccións, charlas, rutas e espectáculos infantís son algunhas das propostas deste ciclo que terá lugar nos meses de maio e xuño
Ampliar contenidoO Concello da Guarda pon en marcha un ciclo de actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.
A primeira das actividades terá lugar o sábado 8 de maio ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda e será a proxección do filme “O que Arde”, do director franco-galego Oliver Laxe, que nos traslada á importante problemática da xestión forestal e dos incendios que cada verán asolan os nosos bosques. E como a finalidade é xerar conciencia e aprender con estas actividades, a proxección do filme irá seguida dun breve debate no que analizar co público as diferentes temáticas que se abordan no filme. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Para o venres 21 de maio, a proposta será unha charla a cargo de Amigos da Terra que terá lugar ás 20:00h no Centro Cultural e que tratará sobre a necesidade de cambiar o noso actual modelo de consumo de “usar e tirar”, por un modelo que se achegue o máximo posible aos principios da economía circular, que procura o alongamento da vida útil de bens de consumo como os aparellos electrónicos ou a roupa. Esta charla será impartida tanto nos centros educativos de primaria do municipio, onde terá lugar en horario de mañá, como no Centro Cultural para o público xeral en horario de tarde. Amigos da Terra é unha organización que ten entre os seus obxectivos protexer o medio ambiente e promover alternativas baseadas no desenvolvemento sostible. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.
Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Maio chega ao Rosal cargado de actividades culturais
Fecha desde el 02 de Mayo de 2021
hasta el 23 de Mayo de 2021Todas as actuacións terán aforo limitado e desenvolveranse cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade marcados polas autoridades sanitarias.
Ampliar contenidoMaio chega ao Rosal cargado de actividades culturais de balde para todos os públicos: monicreques, música, unha exposición e mesmo un espectáculo de tradición oral e palabras cruzadas con tres recoñecidos narradores. A primeira cita será este domingo 2 de maio ás 19.00 horas no Auditorio Municipal rosaleiro, onde o público poderá desfrutar do espectáculo de monicreques de Tarabelos ‘O traxe novo do rei’.
Retallos dos contos de sempre con esta historia sobre un traxe especial para un rei especial, un traxe novo e máxico que prometía ser un capricho inigualabre e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Pero... funcionará? Xa se pode reservar entrada na web municipal para descubrir como remata a historia.
O domingo 9 de maio será a seguinte cita na axenda cultural coa celebración do Concerto 35 aniversario organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Será ás 18.00 horas na Praza do Calvario. Neste mesmo escenario desenvolveranse as actuacións musicais do luns 17 de maio (19.00 h), nas que participará o Coro infantil da Agrupación Musical do Rosal, Orballo e Lirolai.
A última actuación terá lugar o domingo 23 de maio e correrá a cargo de Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez, Guti. Os narradores protagonizarán ‘Tres vellas (polo menos)’, un espectáculo no que compartirán co público as historias que lles contaron a eles varias vellas, fermosas narracións de mulleres sobre mulleres coas que se busca rescatar o relato daquelas persoas de idade avanzada ás que moitas veces se lle nega a voz para que a súa memoria, sabedoría e esencia non se perda. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 19.00 h.
As actividades completaranse cunha exposición das láminas da escritora, poeta e tradutora Xela Arias, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A mostra poderá vese na Praza do Calvario do 10 ao 23 de maio.
Todas as actuacións terán aforo limitado e desenvolveranse cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade marcados polas autoridades sanitarias.
A ANPA do IES A Sangriña organiza un ciclo de charlas de Formación en Igualdade
Fecha desde el 06 de Mayo de 2021
hasta el 27 de Mayo de 2021Charlas gratuitas, inscricións no 604 084 923
Ampliar contenidoA ANPA Atalaia organiza en colaboración co Concello da Guarda un Ciclo de charlas de Formación en Igualdade que terán lugar no mes de maio de 2021 no Centro Cultural da Guarda.
Estas charlas son de carácter gratuíto e as inscricións realizaranse por whatsapp ao móbil da ANPA
604 084 923.Xoves 6 de maio
17:00 - 18:30 h.
Falando en familia da diversidade afectiva e de xénero.
Asociación Nós MesmasXoves 20 de maio (1ª parte)
Xoves 27 de maio (2ª parte)
17:00 - 19:30 h.
Como lle falo diso?
Martina González Veiga
Comienza la veda del pulpo en Galicia
Fecha desde el 30 de Abril de 2021
hasta el 05 de Junio de 2021De este modo queda expresamente prohibida la captura de esta especie en aguas en las que Galicia tiene competencias y también para la pesca marítima de recreo
Ampliar contenidoLa veda del pulpo en Galicia comenzará mañana y finalizará el 5 de julio de 2021. Así lo especifica la resolución del plan experimental para la gestión de esta especie para la campaña 2021/2022, que establece el período de veda del pulpo para este año entre las 16:00 horas de mañana, 30 de abril, hasta las 05:00 horas del lunes 5 de julio. Las capturas desembarcadas el 30 de abril podrán ser comercializadas también el 1 de mayo en aquellas lonjas en las que tradicionalmente se vinieran realizando ventas de pulpo los sábados.
El período de veda del pulpo significa que queda expresamente prohibida la captura de esta especie, por medio de cualquier arte, en aguas en las que Galicia tiene competencias en marisqueo. Por lo tanto, las embarcaciones dedicadas a la captura de este cefalópodo con nasas deberán retirarlas de su calado y llevarlas a puerto. El tiempo de veda es también aplicable a la pesca marítima de recreo y a las capturas con cualquier otro arte distinto de la nasa para pulpo.
La veda es una de las medidas técnicas que comprende el plan de experimental de la especie con el fin de ajustar la gestión pesquera a su ciclo de vida y así proteger su reproducción y contribuir a una explotación más sostenible.
Plan 2021-2022
La Consellería del Mar y el sector consensuaron un nuevo plan del pulpo para el próximo año, que entra en vigor mañana y que permanecerá vigente hasta que se publique el plan del año que viene, que fijará la siguiente veda. Según establece este plan, a partir del día 5 de julio -fecha en la que finaliza la veda- hasta el 31 de agosto, la cuota máxima de captura de esta especie es de 30 kilos por barco y día. A esta cantidad se le añaden 30 kilos al día por cada tripulante enrolado a bordo, hasta un máximo de 210 kilos al día. En el resto de la campaña a cuota máxima será de 50 kilos por embarcación y día, cantidad a la que se le añaden 50 kilos al día por cada tripulante enrolado a bordo, hasta un máximo de 350 kilos por día.
El horario de trabajo de las embarcaciones con nasa para pulpo se iniciará a las 06:00 horas -aunque pueden salir del puerto a las 05:00 horas- y finalizará a las 16:00 horas. El número de nasas permitido queda establecido en función del tamaño de la embarcación y del número de tripulantes enrolados.
En cuanto al régimen de calamento de las nasas de cabo Silleiro a Corrubedo, los aparatos tendrán que levantarse de su calamento y llevarse a puerto todos los días con las siguientes excepciones: en la zona de cabo Silleiro la Con de A Aguieira aquellas que estén establecidas en fondos superiores a los 20 metros podrán permanecer en su calado sin ser llevadas a puerto incluso durante el período de descanso semanal. Lo mismo regirá para la cara oeste de la isla de Ons, desde O Con da Serriña hasta el islote do Centulo, donde las nasas podrán permanecer en su caladero sin ser llevadas a puerto y sin limitación de profundidad.
En la zona de Con da Aguieira a Cabo Corrubedo hasta el 1 de octubre tendrán que levantarse las nasas y llevarlas a puerto todos los días. Desde esa fecha hasta el inicio de la veda del año siguiente, las nasas podrán permanecer calladas incluso durante el período de descanso semanal. En el resto del litoral gallego, las nasas podrán permanecer en su calamento sin ser llevadas a puerto, incluso durante el período de descanso semanal.
La actividad será controlada a través del programa de seguimiento y control, llevado a cabo por la Subdirección General de Guardacostas en colaboración con los gardapescas de las cofradías y los servicios contratados al efecto.
A concellería de Cultura propón unha exposición de poemas de Xela Arias polos comercios da vila
Fecha desde el 03 de Mayo de 2021
hasta el 17 de Mayo de 2021Os comercios interesados na proposta poden anotarse enviando un email a cultura@aguarda.es
Ampliar contenidoA concellería de cultura da Guarda ideou unha programación en torno a Xela Arias centrada en divulgar a súa obra entre os guardeses.
Xela foi docente do Instituto da Sangriña, e tralo seu pasamento, a súa figura seguiu viva a través do certame de poesía “Xela Arias” que o Instituto da Sangriña mantivo durante case unha década, cunha destacable repercusión e calidade nos poemas concursantes e gañadores. Conscientes de que a poesía é un xénero menos seguido polos lectores e a figura desta singular poeta é pouco coñecida pola gran parte dos nosos veciños, quixemos centrarnos en levar a súa obra á rúa. E por iso propomos encher os escaparates dos comercios cunha selección de poemas.
Os comercios que queiran adherirse á iniciativa só teñen que enviar un correo electrónico a cultura@aguarda.es indicando o nome do comercio e a súa localización.
Os poemas estarán impresos sobre unha superficie ríxida nunhas dimensións de 40x70cm. que os comercios acomodarán no seu escaparate como mellor consideren.
Os carteis deberán permanecer colocados durante un mes, comezando na semana do 18 de maio, ata a semana do 18 de xuño.
Ademais desta iniciativa, a Concellería de Cultura organizou outras dúas actividades centradas tamén na divulgación da súa obra: unha lectura conxunta de poemas o sábado 22 de maio, con participación de alumnado do IES A SANGRIÑA e un espectáculo baseado no poemario Intempériome para o sábado 29 de maio no Centro Cultural.
O Concello de Tui organiza dous cursos de Prevención de Riscos Laborais en colaboración coa Fundación Laboral da Construción
Fecha desde el 04 de Mayo de 2021
hasta el 28 de Mayo de 2021O prazo de inscrición remata o 28 de maio. As prazas son limitadas.
Ampliar contenidoO Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción organiza en Tui dous cursos de prevención de riscos laborais na construción.
Trátase dun curso Básico de Prevención en Riscos Laborais cunha duración de 60 horas, e dun curso de Prevención Específico, de 6 horas lectivas. Para a realización do curso específico terán preferencia as persoas que realicen o curso básico, amais aquelas outras interesadas deberán presentar a documentación acreditativa de posuír o curso básico. Estas actividades formativas van dirixidas a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.
As persoas interesadas teñen que inscribirse, até o venres, 28 de maio, enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal. Deben indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde para realizar o curso. A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición.
Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.
A Xunta fixa os exames oficiais de acreditación do Celga do 22 de maio ao 12 de xuño
Fecha desde el 06 de Mayo de 2021
hasta el 22 de Mayo de 2021A Consellería de Cultura, Educación e Universidade prevé unha segunda convocatoria de exames para finais de ano
Ampliar contenidoA Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, fixa as datas de realización das probas de acreditación do Celga da primeira convocatoria do ano 2021 para os días 22, 23 e 29 de maio (Celga 4), 30 de maio (Celga 2), 5 e 6 de xuño (Celga 3) e 12 de xuño (Celga 1), nas localidades nas que vén sendo habitual, Santiago de Compostela e Ponferrada.
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas por niveis, que suman un total de 2766 inscritas e que se pode consultar tamén no Portal da Lingua (que supoñen case 1000 máis que na convocatoria 2020, na que se inscribiron 1780). A Secretaría Xeral de Política Lingüística prevé para finais de ano unha segunda convocatoria de exames que anunciará nos vindeiros meses.
Como xa aconteceu nas probas da convocatoria anterior, realizadas entre setembro e outubro de 2020, os exames levaranse a cabo baixo o protocolo de seguridade sanitaria, co fin de protexer a saúde propia e a das demais persoas. Por niveis e localidades, as persoas inscritas nas probas de acreditación do nivel Celga 1 son 131 (en Santiago de Compostela); 381 no caso do Celga 2 (326 en Santiago e 55 en Ponferrada); 658 no caso do Celga 3 (540 en Santiago e 118 en Ponferrada) e 1596 no caso do Celga 4 (1334 en Santiago e 262 en Ponferrada).
No caso dos niveis que se examinan en días diferentes, distribúense as persoas participantes pola letra inicial do seu apelido, de acordo co indicado nas listaxes definitivas de persoas admitidas. Como centros de realización das probas mantéñense, como veñen sendo habituais, a sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o IES Antonio Fraguas, en Santiago, e mais a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
O sistema Celga
O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación da lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.
A Guarda oferta en maio unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente
Fecha desde el 08 de Mayo de 2021
hasta el 31 de Mayo de 2021A Guarda continua a súa programación cultural neste mes de maio con actividades variadas, sendo a homenaxe a Xela Arias o eixo fundamental da mesma.
Ampliar contenido- O Ciclo “Sostendo o futuro” e as actividades entorno á figura de Xela Arias centran a programación deste mes con proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.
- A Guarda continua a súa programación cultural neste mes de maio con actividades variadas, sendo a homenaxe a Xela Arias o eixo fundamental da mesma.
O Concello da Guarda, a través das concellerías de Cultura e Medio Ambiente, veñen de programar diversas actividades para este mes de Maio, unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente que traerán á Guarda proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.
A programación arranca este sábado día 8 de Maio coa proxección do filme “O que Arde” ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda. Un filme dirixido por Óliver Laxe que transcorre en zonas rurais de Galicia e que amosa o problema da desaparición do medio rural a consecuencia dos incendios forestais. Esta proxección enmárcase dentro do ciclo de actividades medioambientais “Sostendo o Futuro”.
O sábado 15 de maio continúa a programación de maio ás 20:00h no Centro Cultural coa representación teatral de “32M2 – Unha xira confinada”. Esta obra de teatro, creada pola plataforma ButacaZero, trata sobre o absurdo do confinamento, coa finalidade de provocar nos asistentes unha catarsis colectiva ante un acontecemento que ten marcado, e marcará, a vida da sociedade. Unha comedia de enredo sobre a nosa realidade máis recente coa que público sentirase seguramente identificado. O prazo para a reserva de entradas abrirase o venres 7 de maio a través do mail centrocultural@aguarda.es
Xa para a seguinte semana concéntranse actividades dirixidas a todo tipo de público, como son a Charla- debate sobre a ALARGASCENCIA para o venres 21 de maio que, dentro do ciclo “Sostendo o Futuro”, busca a reflexión sobre os nosos hábitos de consumo efímeros.
O Conto dos Ratos de Lonxedetodo dirixido aos mais pequenos da casa dentro das actividades da Biblioteca Municipal para a mañá do 22 de maio no Salón de Actos do Centro Cultural. E xa o 22 de maio a tarde chegará o momento de homenaxear a Xela Arias cunha lectura de poemas pública na Praza do Reló ás 19:00h. que contará coa participación do IES A Sangriña e a colaboración da Agrupación Cultural Guardesa. Esta lectura de poemas non será o único evento adicado a Xela Arias - poeta homenaxeada neste 2021 e que foi mestra no noso instituto- xa que para a última fin de semana do mes, terá lugar no Centro Cultural un singular espectáculo creado para este ano por Fernando Abreu baixo o nome “Vencerse é cousa de se tratar” e que ten a súa orixe nun recital que o propio Abreu e Xela estaban a preparar no momento do seu pasamento. O espectáculo recupera as voces da poeta que quedaron rexistradas dentro dos traballos de preparación daquela e agora toman forma ao tempo que fotografías e versos da súa obra son proxectados na pantalla, acompañados instrumentalmente por Fernando Abreu e Pablo Carrera, así como Mónica de Nut lendo os poemas de Intempériome.
A exposición de poemas en variados formatos completan esta programación tendo dunha banda a exposición de poemas de Xela nos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” e a segunda edición do Tendal de Poemas, que este ano colonizará os lavadoiros da localidade da man dos centros educativos da vila.
Ademais, paralelamente a todas estas actividades, mantense ata o 22 de maio a Ruta do Libro, que obsequia a todos aqueles que consuman libros na nosa localidade cunha bonita bolsiña de tela para poder transportalos.
Como xa ven sendo habitual tódalas actividades requiren de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es, abríndose o prazo de inscrición unha semana previa ao evento en si.
Os comercios que queiran acoller os poemas de Xela Arias no seu escaparate poden anotarse no mail cultura@aguarda.es ata o 18 de maio.
PROGRAMACIÓN MAIO 2021
SÁBADO 8 MAIO,
19:30H. CENTRO CULTURAL
Filme “O que Arde”
Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”
SÁBADO 15 MAIO
20:00H. CENTRO CULTURAL
Teatro “32m2”
VENRES 21 MAIO
20:00H. CENTRO CULTURAL
Charla sobre Alargascencia, a cargo de Amigos da Terra
Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”
SÁBADO 22 MAIO
12:00H. Centro Cultural
Contos dos Ratos de Lonxedetodo
19:00H. PRAZA DO RELÓ
Homenaxe a Xela Arias “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, con lectura de poemas.
SÁBADO 29 MAIO
19:00H. CENTRO CULTURAL
Vencerse é cousa de se tratar.
Recital-performance inconcluso por Xela Arias basado no libro Intempériome
Ademais:
- Tendais de poemas nos lavadoiros da vila a cargo dos colexios da Guarda
- Ruta literaria polos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” (do 18 de maio ao 18 de xuño).
- Tódalas actividades precisan reserva previa de entradas en centrocultural@aguarda.es indicando: nome completo dos asistentes, teléfono de contacto, idade no caso dos menores de idade e se forman unidade de convivencia.
Próximos Cursos de Apicultura en O Rosal para el mes de julio de 2021
Fecha desde el 07 de Mayo de 2021
hasta el 01 de Julio de 2021Os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura
Ampliar contenidoNOTA:
Los cursos programados para Julio se posponen temporalmente, avisaremos próximamente de lasnuevas fechas para su realización
Os informamos que en el próximo mes de julio de 2021, gracias a la colaboración de nuestros amigos de www.cursosapicultura.com os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura con el siguiente calendario:
1 y 2 de julio: Curso apicultura avanzada(Manejo productivo sostenible de colmenas)
3 y 4 de julio: Curso de iniciación a la apicultura
Información y reservas:
http://www.cursosapicultura.com
o en el 622 749 603
Adeto lanza a campaña de dinamización comercial -Quérete moito-
Fecha desde el 08 de Mayo de 2021
hasta el 22 de Mayo de 2021A Asociación de comerciantes ADETO lanza a primeira de varias campañas temáticas que vai a levar a cabo ó longo de este ano, pretendendo así que todos os sectores asociados se vexan beneficiados das campañas.
Ampliar contenidoO próximo luns día 10 dará comezo a campaña que se estenderá ato o 20 de maio. Os establecementos participantes estarán identificados coa correspondente cartelería e os clientes que fagan as súas compras en ditos establecementos recibirán papeletas para o sorteo dun vale de compra por valor de 100€.
O sorteo terá lugar o día 22 de maio e o número premiado publicarase tanto nas redes sociais como na web da asociación.
Os comerciantes confían en seguir contando co apoio e confianza dos clientes que se mantiveron fieis durante esta difícil situación que se leva vivindo no último ano, e esperan con optimismo as novas medidas flexibilizadoras que virán nos próximos días.
ADETO presenta ademais con esta campaña nova imaxe corporativa do centro comercial aberto, unha imaxe renovada e actual na que se troca o lema “O natural é mercar aquí” por “Xuntos medramos”, resumindo en dúas palabras os beneficios de consumir no comercio local.
Novos cursos de alfabetización dixital de balde na Aula CeMIT da Guarda
Fecha desde el 11 de Mayo de 2021
hasta el 24 de Mayo de 2021Información e inscricións no Centro Cultural, no teléfono 986611850 e no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal
Ampliar contenidoA Aula CeMIT da Guarda reinicia a súa actividade realizando cursos de alfabetización dixital, como a iniciación á informática, á mecanografía, ao procesador de textos e ao correo electrónico; ademais de outras formacións máis específicas, como o curso básico de xestión de redes sociais para negocios, dirixido a persoas emprendedoras ou que queiran iniciar un negocio, impulsando así a dixitalización das empresas locais.
Todas aquelas persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e inscribirse na Aula Cemit da Guarda, no primeiro andar do Centro Cultural, chamando ao 986 61 18 50 ou no enderezo de correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal
Todos os cursos son de balde e, debido á limitación de aforo pola pandemia e a demanda, poderán realizarse varias quendas.
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
Tui celebra as Letras Galegas cunha edición en liña de Tui Le e coa XXII Feira do Libro Galego nas propias librarías
Fecha desde el 14 de Mayo de 2021
hasta el 17 de Mayo de 2021Marga do Val ofrecerá unha conferencia sobre Xela Arias o sábado na Biblioteca Municipal
Ampliar contenidoO Concello de Tui celebrará o Día das Letras Galegas cunha nova edición de Tui Le e da Feira do Libro Galego, adaptadas as actuais circunstancias sanitarias. A autora homenaxeada este 2021, Xela Arias, será a protagonista do programa cunha conferencia de Marga do Val, e coa lectura dos seus poemas. Tamén haberá espectáculos infantís con Pablo Sánchez e Paporrubio e un concerto de MJ Pérez.
A programación comeza o venres cunha edición en liña de “Tui Le” na que colaboran as bibliotecas escolares tudenses e as Bibliotecas Municipais de Tui e de Valença. Este ano o programa que se poderá seguir a través de tui.gal e das redes sociais municipais recolle por unha banda a lectura dos poemas do libro de “Vento, ventiño, venteiro” de Antonio García Teijeiro polo alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP’s nº1, nº2, Guillarei, Randufe, Rebordáns, Pazos de Reis e Caldelas, do CRA Mestra Clara Torres, do Colexio Santa María Maristas. O propio escritor, Antonio García Teijeiro, saúda aos e ás escolares dándolles as grazas polo lectura dos ser versos e os agasalla cuns versos da súa autoría de “Poemar o mar” Amais o alumnado do Seminario Menor San Paio e do IES San Paio. Recitan poemas de “Darío a diario” de Xela Arias.
O sábado, 15 de maio, ás 12.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar a conferencia “Xela Arias no século XXI” a cargo da escritora Marga do Val, que foi compañeira de xeración e amiga de Xela Arias. Na súa charla abordará a traxectoria e obra poética da autora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano.
O luns, 17 de maio, Día das Letras Galegas, terá lugar a XXII Feira do Libro Galego que este ano debido á pandemia cambiará o seu formato habitual na rúa para realizarse nas propias librarías participantes “Espazo Lector Nobel” e Iris” que abrirán en horario e de mañá e tarde ofrecendo un 10% de descontos nos libros en galego.
Ao longo da xornada o Paseo da Corredoira, nun espazo habilitado con todas as medidas de seguridade e protocolo anticovid, acollerá distintos espectáculo cun aforo limitado a 80 persoas e para os que será preciso inscrición no lugar antes do comezo do espectáculo.
Ás 12.30 h o narrador Pablo Sánchez presentará “Os contos de Pablísimo” para público familiar. Ás 18.30 h Paporrubio presenta “Varietés do Animalario” un espectáculo de monicreques con música en directo. Por último ás 20.45 h a cantautora galega MJ Pérez, ofrecerá un concerto con pezas do seu repertorio no que se inclúen adaptacións de obras poéticas en galego.
Amais coma cada ano a Radio Municipal de Tui realizará un programa especial con motivo do Día das Letras Galegas.
A concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, convida á veciñanza a festexar os día das nosas letras participando nas distintas actividades previstas.
A Agrupación Musical de Goián dará un concerto na praza do Seixo polo Día das Letras Galegas
Fecha desde el 17 de Mayo de 2021
hasta el 17 de Mayo de 2021Será ás 12:00 horas e non será precisa a inscrición previa
Ampliar contenidoCo gallo da programación cultural prevista para o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto na Praza do Seixo. A actuación está prevista para as 12:00 horas e terá unha duración aproximada de 60 minutos.
Aínda que as previsións son boas, a realización do evento estará condicionada polas circunstancias climáticas, polo que en caso de choiva a actuación terá que ser cancelada. Para asistir ao concerto non será precisa a inscrición previa.
Música para conmemorar o Día das Letras Galegas no Rosal
Fecha desde el 17 de Mayo de 2021
hasta el 17 de Mayo de 2021O vindeiro luns 17 celebrarase na Praza do Calvario un concerto no que participarán o coro infantil da Agrupación Musical, Novo Orballo e o grupo de música tradicional Lirolai
Ampliar contenidoO Rosal conmemorará o vindeiro luns 17 o Día das Letras Galegas cun concerto na Praza do Calvario, un evento musical co que homenaxear a Xela Arias, poeta e escritora contemporánea, rompedora de barreiras da linguaxe e moi avanzada para os tempos que lle tocou vivir e a quen se lle dedica este ano esta data tan sinalada.
O acto, organizado polo Concello, comezará ás 19.00 horas e contará coa participación de tres grupos da Agrupación Musical do Rosal. Os primeiros en actuar serán os máis pequerrechos, os nenos e nenas do coro infantil de entre 5 e 12 anos, que deleitarán ao público con cancións infantís galegas. A continuación será a quenda do grupo Novo Orballo, que interpretará unha escola de temas populares galegos e sorprenderá ás persoas asistentes coa estrea dunha canción composta por un dos seus membros. Pechará o acto o grupo de música tradicional Lirolai, que agasallará ao público con arranxos de cancións galegas e da raia, así como con pezas propias que están recollidas nos seus dous traballos discográficos.
O concerto será ao aire libre con aforo reducido, con entrada do público por estrito orde de chegada ata completar prazas. A actividade desenvolverase cumprindo con todas as medidas e protocolos marcados polas autoridades sanitarias, facendo dende o Concello todos os esforzos posibles para continuar coa actividade cultural de xeito seguro.
A Asociación Cultural Alfombras da Guarda convida á veciñanza a facer alfombras florais co tema de Galicia e do Xacobeo
Fecha desde el 15 de Mayo de 2021
hasta el 23 de Mayo de 2021Anótache, antes do día 23 de maio, en asociacionalfombrasaguarda@gmail.com e adxudicarémosche unha praza para realizar a vosa algombra.
Ampliar contenidoA Asociación Cultural Alfombras da Guarda, debido á situación excepcional motivada pola crise sanitaria da Covid-19, e en vista de non poder celebrar as alfombras florais do santísimo como cada ano, convida á veciñanza a facer alfombras florais coa iniciativa "Fai a túa alfombra floral na Praza".
- Reúne aos teus amigos, familiares ou veciños en grupos de 6 persoas como máximo.
- Busca como base do teu deseño o tema Galicia ou Xacobeo.
- Anótache, antes do día 23 de maio, en asociacionalfombrasaguarda@gmail.com e adxudicarémosche unha praza para realizar a vosa algombra.
- O día 6 de xuño, apartir das 9 da mañá, realizaremos as nosas alfombras cos materiais que queiramos e completaremos o noso particular camiño "A Guarda, Camiño da Costa, Camiño das Flores.
- A alfombra poderase realizar sobre plástico, cartón ou directamente no chan pero, neste caso, so se poderá utilizar xiz para pintar.
- Se usas materiais tinguidos ou calquer outra cousa que poida danar o chan da praza, utiliza plásticos para manipulalos e non manchar o pavimento.
E a norma máis importante, vixía as normas sanitarias habituais de distancia, máscara e limpeza de mans.
A Guarda engalanase para conmemorar a figura de Xela Arias nas Letras Galegas
Fecha desde el 15 de Mayo de 2021
hasta el 29 de Mayo de 2021A vila da Guarda foi decorando pouco a pouco durante esta semana as súas rúas, prazas e escaparates con diferentes iniciativas dirixidas a conmemorar as Letras Galegas.
Ampliar contenidoA vila da Guarda foi decorando pouco a pouco durante esta semana as súas rúas, prazas e escaparates con diferentes iniciativas dirixidas a conmemorar as Letras Galegas. Así os colexios públicos da Guarda decoraron facendo fronte ao mal tempo a Praza de Avelino Vicente cunhas chamativas Letras e poemas de Xela Arias.
Os centros escolares afanáronse tamén esta semana en decorar os lavadoiros da nosa localidade con poemas pintados sobre prendas de roupa, na segunda edición da Tendal de Poemas. Os lavadoiros da Cal, a Ribeira, Fedorento e Netos enchéronse de poemas feitos polos diferentes centros que recordan ben a obra de Xela Arias, ben a obra doutras mostras de literatura galega. A idea destas dúas iniciativas é captar a atención dos paseantes no tempo de lecer e divulgar a importancia e riqueza da nosa literatura, esperemos que o tempo mellore e así poidamos admirar este belo traballo durante a xornada do 17 e na semana posterior
Por outra banda os comercios da vila, entre os que destacamos a participación das catro librerías incorporaron aos seus escaparates poemas de Xela Arias, conformando así o que pretende ser unha “ruta literaria” que amosa diferentes poemas seleccionados para dar a coñecer a poesía tan característica da autora. Esta proposta é a primeira das iniciativas da programación “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, que o Departamento de Cultura preparou en colaboración co Instituto e que terá a seguinte cita o vindeiro sábado 22 de maio ás 19h. Cunha lectura de poemas a cargo de alumnos do Instituto e membros da Agrupación Cultural Guardesa.
Mais a programación centrada en Xela Arias estenderase ata o último sábado do mes, cando chegue ata a Guarda o concerto poético “Vencerse é cousa de se tratar”, unha lectura dramatizada a cargo da artista Mónica de Nut, baixo dirección de Fernando Abreu basada no poemario Intempériome. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a aquel recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas neste ano por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual. O recital que tivo a súa preestrea o pasado mes de abril no Museo MARCO de Vigo, desprende a gran carga emocional e existencial que atopamos en toda a obra da escritora sarriá, sendo destacado tanto por crítica como polo público pola intensidade e a transgresión que respeta a visión da poeta pola confluencia das manifestacións artísticas.
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
