Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A Guarda acolle o Ciclo de concienciación medioambiental -Sostendo o futuro-

    Fecha desde el 08 de Mayo de 2021
    hasta el 19 de Junio de 2021

    Proxeccións, charlas, rutas e espectáculos infantís son algunhas das propostas deste ciclo que terá lugar nos meses de maio e xuño

    O Concello da Guarda pon en marcha un ciclo de actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.

    A primeira das actividades terá lugar o sábado 8 de maio ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda e será a proxección do filme “O que Arde”, do director franco-galego Oliver Laxe, que nos traslada á importante problemática da xestión forestal e dos incendios que cada verán asolan os nosos bosques. E como a finalidade é xerar conciencia e aprender con estas actividades, a proxección do filme irá seguida dun breve debate no que analizar co público as diferentes temáticas que se abordan no filme. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

    Para o venres 21 de maio, a proposta será unha charla a cargo de Amigos da Terra que terá lugar ás 20:00h no Centro Cultural e que tratará sobre a necesidade de cambiar o noso actual modelo de consumo de “usar e tirar”, por un modelo que se achegue o máximo posible aos principios da economía circular, que procura o alongamento da vida útil de bens de consumo como os aparellos electrónicos ou a roupa. Esta charla será impartida tanto nos centros educativos de primaria do municipio, onde terá lugar en horario de mañá, como no Centro Cultural para o público xeral en horario de tarde. Amigos da Terra é unha organización que ten entre os seus obxectivos protexer o medio ambiente e promover alternativas baseadas no desenvolvemento sostible. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

    O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.

    Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

    Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • Unidade Móbil de inspección técnica de turismos na Guarda en maio e xuño

    Fecha desde el 20 de Mayo de 2021
    hasta el 02 de Junio de 2021

    A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

    A Unidade Móbil 06 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

    • do 20/05/2021 ao 02/06/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

     O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:

    • 02/06/2021 que será horario só de mañá

    Para solicitar cita previa:

    • Por teléfono: 902 30 90 00
    • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

    NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
    posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

    Ampliar contenido
  • Comienza la veda del pulpo en Galicia

    Fecha desde el 30 de Abril de 2021
    hasta el 05 de Junio de 2021

    De este modo queda expresamente prohibida la captura de esta especie en aguas en las que Galicia tiene competencias y también para la pesca marítima de recreo

    La veda del pulpo en Galicia comenzará mañana y finalizará el 5 de julio de 2021. Así lo especifica la resolución del plan experimental para la gestión de esta especie para la campaña 2021/2022, que establece el período de veda del pulpo para este año entre las 16:00 horas de mañana, 30 de abril, hasta las 05:00 horas del lunes 5 de julio. Las capturas desembarcadas el 30 de abril podrán ser comercializadas también el 1 de mayo en aquellas lonjas en las que tradicionalmente se vinieran realizando ventas de pulpo los sábados.

    El período de veda del pulpo significa que queda expresamente prohibida la captura de esta especie, por medio de cualquier arte, en aguas en las que Galicia tiene competencias en marisqueo. Por lo tanto, las embarcaciones dedicadas a la captura de este cefalópodo con nasas deberán retirarlas de su calado y llevarlas a puerto. El tiempo de veda es también aplicable a la pesca marítima de recreo y a las capturas con cualquier otro arte distinto de la nasa para pulpo.

    La veda es una de las medidas técnicas que comprende el plan de experimental de la especie con el fin de ajustar la gestión pesquera a su ciclo de vida y así proteger su reproducción y contribuir a una explotación más sostenible.

    Plan 2021-2022

    La Consellería del Mar y el sector consensuaron un nuevo plan del pulpo para el próximo año, que entra en vigor mañana y que permanecerá vigente hasta que se publique el plan del año que viene, que fijará la siguiente veda. Según establece este plan, a partir del día 5 de julio -fecha en la que finaliza la veda- hasta el 31 de agosto, la cuota máxima de captura de esta especie es de 30 kilos por barco y día. A esta cantidad se le añaden 30 kilos al día por cada tripulante enrolado a bordo, hasta un máximo de 210 kilos al día. En el resto de la campaña a cuota máxima será de 50 kilos por embarcación y día, cantidad a la que se le añaden 50 kilos al día por cada tripulante enrolado a bordo, hasta un máximo de 350 kilos por día.

    El horario de trabajo de las embarcaciones con nasa para pulpo se iniciará a las 06:00 horas -aunque pueden salir del puerto a las 05:00 horas- y finalizará a las 16:00 horas. El número de nasas permitido queda establecido en función del tamaño de la embarcación y del número de tripulantes enrolados.

    En cuanto al régimen de calamento de las nasas de cabo Silleiro a Corrubedo, los aparatos tendrán que levantarse de su calamento y llevarse a puerto todos los días con las siguientes excepciones: en la zona de cabo Silleiro la Con de A Aguieira aquellas que estén establecidas en fondos superiores a los 20 metros podrán permanecer en su calado sin ser llevadas a puerto incluso durante el período de descanso semanal. Lo mismo regirá para la cara oeste de la isla de Ons, desde O Con da Serriña hasta el islote do Centulo, donde las nasas podrán permanecer en su caladero sin ser llevadas a puerto y sin limitación de profundidad.

    En la zona de Con da Aguieira a Cabo Corrubedo hasta el 1 de octubre tendrán que levantarse las nasas y llevarlas a puerto todos los días. Desde esa fecha hasta el inicio de la veda del año siguiente, las nasas podrán permanecer calladas incluso durante el período de descanso semanal. En el resto del litoral gallego, las nasas podrán permanecer en su calamento sin ser llevadas a puerto, incluso durante el período de descanso semanal.

    La actividad será controlada a través del programa de seguimiento y control, llevado a cabo por la Subdirección General de Guardacostas en colaboración con los gardapescas de las cofradías y los servicios contratados al efecto.

    Ampliar contenido
  • A Guarda oferta en maio unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente

    Fecha desde el 08 de Mayo de 2021
    hasta el 31 de Mayo de 2021

    A Guarda continua a súa programación cultural neste mes de maio con actividades variadas, sendo a homenaxe a Xela Arias o eixo fundamental da mesma.

    • O Ciclo “Sostendo o futuro” e as actividades entorno á figura de Xela Arias centran a programación deste mes con proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.
    • A Guarda continua a súa programación cultural neste mes de maio con actividades variadas, sendo a homenaxe a Xela Arias o eixo fundamental da mesma.

    O Concello da Guarda, a través das concellerías de Cultura e Medio Ambiente, veñen de programar diversas actividades para este mes de Maio, unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente que traerán á Guarda proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.

    A programación arranca este sábado día 8 de Maio coa proxección do filme “O que Arde” ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda. Un filme dirixido por Óliver Laxe que transcorre en zonas rurais de Galicia e que amosa o problema da desaparición do medio rural a consecuencia dos incendios forestais. Esta proxección enmárcase dentro do ciclo de actividades medioambientais “Sostendo o Futuro”.

    O sábado 15 de maio continúa a programación de maio ás 20:00h no Centro Cultural coa representación teatral de “32M2 – Unha xira confinada”. Esta obra de teatro, creada pola plataforma ButacaZero, trata sobre o absurdo do confinamento, coa finalidade de provocar nos asistentes unha catarsis colectiva ante un acontecemento que ten marcado, e marcará, a vida da sociedade. Unha comedia de enredo sobre a nosa realidade máis recente coa que público sentirase seguramente identificado. O prazo para a reserva de entradas abrirase o venres 7 de maio a través do mail centrocultural@aguarda.es

    Xa para a seguinte semana concéntranse actividades dirixidas a todo tipo de público, como son a Charla- debate sobre a ALARGASCENCIA para o venres 21 de maio que, dentro do ciclo “Sostendo o Futuro”, busca a reflexión sobre os nosos hábitos de consumo efímeros.

    O Conto dos Ratos de Lonxedetodo dirixido aos mais pequenos da casa dentro das actividades da Biblioteca Municipal para a mañá do 22 de maio no Salón de Actos do Centro Cultural. E xa o 22  de maio a tarde chegará o momento de homenaxear a Xela Arias cunha lectura de poemas pública na Praza do Reló ás 19:00h. que contará coa participación do IES A Sangriña e a colaboración da Agrupación Cultural Guardesa. Esta lectura de poemas non será o único evento adicado a Xela Arias - poeta homenaxeada neste 2021 e que foi mestra no noso instituto-  xa que para a última fin de semana do mes, terá lugar no Centro Cultural un singular espectáculo creado para este ano por Fernando Abreu baixo o nome “Vencerse é cousa de se tratar” e que ten a súa orixe nun recital que o propio Abreu e Xela estaban a preparar no momento do seu pasamento. O espectáculo recupera as voces da poeta que quedaron rexistradas dentro dos traballos de preparación daquela e agora toman forma ao tempo que fotografías e versos da súa obra son proxectados na pantalla, acompañados instrumentalmente por Fernando Abreu e Pablo Carrera, así como Mónica de Nut lendo os poemas de Intempériome.

    A exposición de poemas en variados formatos completan esta programación tendo dunha banda a exposición de poemas de Xela nos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” e a segunda edición do Tendal de Poemas, que este ano colonizará os lavadoiros da localidade da man dos centros educativos da vila.

    Ademais, paralelamente a todas estas actividades, mantense ata o 22 de maio a Ruta do Libro, que obsequia a todos aqueles que consuman libros na nosa localidade cunha bonita bolsiña de tela para poder transportalos.

    Como xa ven sendo habitual tódalas actividades requiren de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es, abríndose o prazo de inscrición unha semana previa ao evento en si.

    Os comercios que queiran acoller os poemas de Xela Arias no seu escaparate poden anotarse no mail cultura@aguarda.es ata o 18 de maio.

    PROGRAMACIÓN MAIO 2021

    SÁBADO 8 MAIO,

    19:30H. CENTRO CULTURAL

    Filme “O que Arde”

    Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”

    SÁBADO 15 MAIO

    20:00H. CENTRO CULTURAL

    Teatro “32m2”

    VENRES 21 MAIO

    20:00H. CENTRO CULTURAL

    Charla sobre Alargascencia, a cargo de Amigos da Terra

    Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”

    SÁBADO  22 MAIO

    12:00H. Centro Cultural

    Contos dos Ratos de Lonxedetodo

    19:00H. PRAZA DO RELÓ

    Homenaxe a Xela Arias “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, con lectura de poemas.

    SÁBADO  29 MAIO

    19:00H. CENTRO CULTURAL

    Vencerse é cousa de se tratar.

    Recital-performance inconcluso por Xela Arias basado no libro Intempériome

    Ademais:

    • Tendais de poemas nos lavadoiros da vila a cargo dos colexios da Guarda

     

    • Ruta literaria polos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” (do 18 de maio ao 18 de xuño).
    • Tódalas actividades precisan reserva previa de entradas en centrocultural@aguarda.es indicando: nome completo dos asistentes, teléfono de contacto, idade no caso dos menores de idade e se forman unidade de convivencia.
    Ampliar contenido
  • Próximos Cursos de Apicultura en O Rosal para el mes de julio de 2021

    Fecha desde el 07 de Mayo de 2021
    hasta el 01 de Julio de 2021

    Os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura

    NOTA:

    Los cursos programados para Julio se posponen temporalmente, avisaremos próximamente de lasnuevas fechas para su realización

    Os informamos que en el próximo mes de julio de 2021, gracias a la colaboración de nuestros amigos de www.cursosapicultura.com os ofreceremos en O Rosal(Pontevedra) varios cursos de apicultura con el siguiente calendario:

    1 y 2 de julio: Curso apicultura avanzada(Manejo productivo sostenible de colmenas)

    3 y 4 de julio: Curso de iniciación a la apicultura

    Información y reservas:

    http://www.cursosapicultura.com

    o en el 622 749 603

    Ampliar contenido
  • A Guarda mobilizarase novamente este sábado para exixir máis persoal sanitario

    Fecha desde el 29 de Mayo de 2021
    hasta el 29 de Mayo de 2021

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha concentración o próximo sábado 29 de maio na Praza Avelino Vicente

    A vila da Guarda asiste nos últimos meses ao progresivo deterioro dos seus servizos sanitarios. Son varios centos de persoas, actualmente 4 cupos de doentes, as que non teñen a día de hoxe un médico de Atención Primaria. A continuidade asistencial, o seguimento no tempo e por un mesmo profesional das patoloxías dunha persoa, é a base dunha Atención Primaria de calidade.

    O Centro de Saúde da Guarda só dispón actualmente de 4 dos 8 médicos de familia que debería ter en activo. As restantes prazas son cubertas puntualmente polo Sergas coa modalidade da prolongación de xornada. Deste xeito, facultativos doutros centros acuden a atender listas de 30 pacientes por unha serie de horas, pero sen continuidade. Do mesmo xeito, a atención pediátrica está mermada ao non cubrírense as baixas dunha pediatra da Guarda e da pediatra de Oia e do Rosal.

    Esta situación prolóngase xa por varios meses e, nalgúns casos, máis dun ano. Supón o deterioro das condicións de saúde de moitas persoas na vila. Implica, tamén un agravio comparativo, que coloca a Guarda como unha das vilas máis maltratadas da Galiza no referido a dotacións sanitarias, sen dúbida a que se encontra nunha peor situación da área sanitaria de Vigo.

    Preocupa tamén o deterioro das condicións de traballo do persoal do centro, ao ter que asumir os 4 facultativos presentes as consultas dos seus pacientes, ás que hai que engadir as urxencias, tanto dos seus pacientes como as dos compañeiros. Todo isto con axendas que xa estaban sobrecargadas, xerándose listas de espera indignas dun servizo de Atención Primaria. O persoal de enfermaría está tamén padecendo sobrecargas derivadas da excesiva carga de tarefas agravada coa actual xestión do proceso de vacinación. O persoal administrativo enfrenta continuas situacións de estrés ao seren as primeiras caras sobre as que a poboación libera a frustración causada polo deterioro do servizo, sen seren responsábeis da situación xerada. En definitiva, o persoal do centro asume cargas de traballo nunca vistas, nas peores condicións que se recordan.

    Nos últimos días téñense dado situacións inauditas, como a da mañá do día 13, en que só 3 médicos atendían de mañá, quedando en varias ocasións 2 no centro polas saídas de emerxencia. Dúas semanas atrás, unha soa médica atendía no centro de saúde polo período de media mañá. Ademáis hai que ter en conta que, ante a situación límite do persoal do Centro de Saúde, optouse por pechar a atención rutinaria de tarde, concentrando na mañá ese persoal. Isto fíxose dotando o PAC dun reforzo, que en moitas ocasións se realiza co propio persoal, insuficiente, do mesmo PAC. Na tarde de onte, por un espazo de dúas horas eses dous médicos estaban en sendas saídas de emerxencia, polo que o PAC quedou sen un só médico.

    A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda considera que non se pode admitir esta situación nin un día máis. Convocamos a poboación guardesa a unha mobilización no sábado 29 ás 12:00 para exixir solucións.

    Ampliar contenido
  • A Guarda engalanase para conmemorar a figura de Xela Arias nas Letras Galegas

    Fecha desde el 15 de Mayo de 2021
    hasta el 29 de Mayo de 2021

    A vila da Guarda foi decorando pouco a pouco durante esta semana as súas rúas, prazas e escaparates con diferentes iniciativas dirixidas a conmemorar as Letras Galegas.

    A vila da Guarda foi decorando pouco a pouco durante esta semana as súas rúas, prazas e escaparates con diferentes iniciativas dirixidas a conmemorar as Letras Galegas. Así os colexios públicos da Guarda decoraron facendo fronte ao mal tempo  a Praza de Avelino Vicente cunhas chamativas Letras e poemas de Xela Arias.

    Os centros escolares afanáronse tamén esta semana en decorar os lavadoiros da nosa localidade con poemas pintados sobre prendas de roupa, na segunda edición da Tendal de Poemas. Os lavadoiros da Cal, a Ribeira, Fedorento e Netos enchéronse de poemas feitos polos diferentes centros que recordan ben a obra de Xela Arias, ben a obra doutras mostras de literatura galega. A idea destas dúas iniciativas é captar a atención dos paseantes no tempo de lecer e divulgar a importancia e riqueza da nosa literatura, esperemos que o tempo mellore e así poidamos admirar este belo traballo durante a xornada do 17 e na semana posterior

    Por outra banda os comercios da vila, entre os que destacamos a participación das catro librerías incorporaron aos seus escaparates poemas de Xela Arias, conformando así o que pretende ser unha “ruta literaria” que amosa diferentes poemas seleccionados para dar a coñecer a poesía tan característica da autora. Esta proposta é a primeira das iniciativas da programación “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, que o Departamento de Cultura preparou en colaboración co Instituto e que terá a seguinte cita o vindeiro sábado 22 de maio ás 19h. Cunha lectura de poemas a cargo de alumnos do Instituto e membros da Agrupación Cultural Guardesa.

    Mais a programación centrada en Xela Arias estenderase ata o último sábado do mes, cando chegue ata a Guarda o concerto poético  “Vencerse é cousa de se tratar”, unha lectura dramatizada a cargo da artista Mónica de Nut, baixo dirección de Fernando Abreu basada no poemario Intempériome. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a aquel recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas neste ano por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.  O recital  que tivo a súa preestrea o pasado mes de abril no Museo MARCO de Vigo, desprende a gran carga emocional e existencial que atopamos en toda a obra da escritora sarriá, sendo destacado tanto por crítica como polo público pola intensidade e a transgresión que respeta a visión da poeta pola confluencia das manifestacións artísticas.

    Ampliar contenido
  • Publicadas no BOPPO as bases de selección e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo de persoal interino como oficiais de Servizos na Guarda

    Fecha desde el 19 de Mayo de 2021
    hasta el 02 de Junio de 2021

    As solicitudes poderán presentarse no Concello, en horario de atención ao público (de 09:00h. a 13:00 h.), e no prazo de vinte (20) días naturais.

    No BOPPO núm.92 de 18 de maio de 2021 saen publicadas as bases de selección e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo de persoal interino como oficiais de Servizos.

    O texto íntegro das bases reguladoras e convocatoria das probas selectivas atópase xa publicado no Boletín Oficial da Provincia, e no Taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello na dirección www.aguarda.sedelectronica.gal sendo desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra cando se inicie o prazo de presentación de instancias.

    Nesta convocatoria o Concello da Guarda solicita a praza para OFICIAL DE SERVIZOS VARIOS coma funcionario interino, esixíndose o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalentes ou estar en condicións de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá acreditarse fidedignamente a súa homologación. Tamén se precisa posuír o permiso de condución C1.

    As solicitudes poderán presentarse no Concello, en horario de atención ao público (de 09:00h. a 13:00 h.), e no prazo de vinte (20) días naturais.

    Ampliar contenido
  • Homenaxe a Xela Arias este sábado a Guarda

    Fecha desde el 21 de Mayo de 2021
    hasta el 29 de Mayo de 2021

    Sábado 22 de maio ás 19:00h na Praza do Reló, en caso de choiva trasladase á Casa dos Alonso.

    A concellería de cultura do Concello da Guarda organiza unha completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias.

    Xela Arias foi mestra no Instituto da Sangriña, e tralo seu falecemento o instituto mantivo viva a súa figura e a súa importancia como poeta convocando durante case unha década o Certame literario Xela Arias, cunha notable participación e calidade nos poemas seleccionados.

    O Concello da Guarda fixo un esforzo por divulgar a figura e a obra desta singular poeta, que  cultivou un estilo propio, moi persoal e algo incomprendido polos estándares literarios da súa época. Deste xeito a programación está pensada para sacar a súa obra á rúa e captar a atención dos veciños, para os  amantes da literatura e tamén para os menos lectores, para que a coñezan e descubran algunhas das composicións que esconden fermosura, misterio, inconformismo...

    Así mesmo e tendo en conta que a vinculación de Xela coa nosa vila ven pola súa docencia no instituto as actividades foron combinadas e ideadas en colaboración co Departamento de Lingua Galega do Instituto da Sangriña baixo o nome “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, parafraseando un verso adicado ao seu fillo no libro Darío a Diario (1996). Igualmente contan coa participación doutros colectivos e organismos como son a Biblioteca Municipal ou a Agrupación Cultural Guardesa.

    Unha das actividades é unha exposición de poemas polos comercios da Guarda, que integra poemas da autora nos seus escaparates xerando así unha ruta literaria pola vila, sorprendendo aos transeúntes e curiosos con poemas escollidos de entre toda a súa obra.

    Outra das actividades é a lectura de poemas pública que terá lugar o sábado 22 de maio na Praza do Reló ás 19:00, e contará coa participación de alumnado e docentes do IES A Sangriña, así como integrantes da Agrupación Cultural Guardesa.

    E para rematar o último sábado do mes representarase no Centro Cultural, as 19:00h. unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado “Vencerse é cousa de se tratar”. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.

    No caso dos actos públicos do día 22 e 29 de maio os eventos contan, como ven sendo habitual cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse cunha semana de antelación en centrocultural@aguarda.es

    Actividades cos centros escolares

    Ademais destas actividades realizadas en torno a Xela cabe destacar a convocatoria do II Tendal de poemas que se realiza co alumnado dos centros escolares Manuel Rodríguez Sinde, As Solanas, CPR San José e Centro de Educación Especial San Xerome.

    Estes centros seleccionaron poemas dentro do amplo repertorio da nosa lingua galega e decorados sobre lenzos de roupa que están “colgados ao sol” en diferentes lavadoiros da nosa vila, concretamente os lavadoiros de A Cal, A Ribeira, Fedorento e Netos. Estes debuxos poden verse ata final de mes, sempre que a climatoloxía o permita.

    Ademais desta actividade os centros públicos da vila (CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas, CEIP A Sangriña) realizaron unha exposición sobre Xela Arias que sepode visualizar na Praza de Avelino Vicente.

    Homenaxe do IES A Sangriña

    Pola súa banda, o IES A Sangriña preparou a súa homenaxe institucional este venres coas seguintes propostas:

    1. Descubrimento dunha praca conmemorativa cun verso escollido (por unha Comisión do IES) da autora.
      2. Adicar unha das aulas de nova creación do centro (antiga vivenda do conserxe) co nome de "Aula Xela Arias"

    Ampliar contenido
  • Unidad móvil de donación de sangre el viernes 28 y sábado 29 Tui

    Fecha desde el 28 de Mayo de 2021
    hasta el 29 de Mayo de 2021

    HOXE haberá moitas persoas nos hospitais que necesitan recibir unha transfusión dun compoñente do sangue, porque hai que operalas, transplantarlles un órgano, padecen cancro, tiveron un accidente de tráfico, unha hemorraxia....

    Para poder atendelos precisamos 500 doazóns de sangue cada día.

    Necesitamos sangue de tódolos grupos sanguíneos.

    SON MOITOS OS MOTIVOS PARA DOAR, NON OS ESQUEZAS.

     COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE

    VIERNES 28

    TUI

    UNIDADE MOBIL NA CALLE ALCALDE CASAL ABOY

    (AO CARON DO CENTRO DE SAUDE NOVO)
    10:00 - 14:00
    16:00 - 21:00

     

    SÁBADO 29

    TUI

    UNIDADE MOBIL NA CALLE ALCALDE CASAL ABOY

    (AO CARON DO CENTRO DE SAUDE NOVO)
    10:00 - 15:00

     

    Ampliar contenido
  • A Xunta abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario

    Fecha desde el 21 de Mayo de 2021
    hasta el 22 de Junio de 2021

    O período para presentar as solicitudes -preferentemente por vía telemática-, está aberto ata o 22 de xuño

    • O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 210 e os 140 euros en función da renda
    • No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, mantense unha axuda de 275 euros independentemente da renda
    • O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar
    • Ademais, continúase co reparto de vales de 50 euros para adquisición de material escolar no caso das familias con rendas inferiores a 6.000 euros
    • Todas as familias que cumpren cos requisitos teñen cuberto de balde, case na súa totalidade, os libros e o material escolar que precisan para os seus fillos

    A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2021/22.

    O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto desde hoxe ata o próximo día 22 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

    O sistema de apoio ás familias en materia de libros e material escolar do Goberno galego susténtase en tres eixos que son o Fondo Solidario de libros de texto, as axudas á adquisición de libros de texto (para aquelas ensinanzas e cursos nos que os materiais non son reutilizables) e as axudas para a adquisición de material escolar. Para atender estas tres liñas no próximo curso, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten habilitado unha cuantía de 17,4M€, e asegura a dotación de balde de libros e material para o 100% das familias que cumpren cos requisitos.

    Ademais, mantéñense a flexibilización das esixencias de renda e o aumento xeneralizado das contías das axudas aplicadas no presente curso co fin de reforzar o apoio ás familias ante o contexto de pandemia.

    Axudas á compra

    As axudas da Xunta para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

    Así, no caso do alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria recibirán 210 euros no caso de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros; e de 140 euros para as rendas de entre 6.000 e 10.000 euros.

    No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, en centros específicos ou en unidades de Educación Especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

    Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (210 euros), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

    Fondo Solidario

    No Fondo Solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, ao igual que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

    De non alcanzar os libros dispoñibles no Fondo Solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexan necesarios.

    Así, o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais.

    Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

    Axudas para material escolar

    O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

    O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

    Trámites por vía telemática

    As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

    Balance do presente curso 2020-21

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade repartiu de forma gratuíta no presente curso escolar un total de 564.721 libros de texto do Fondo Solidario, o que alcanza a un total de 97.974 alumnos de 3º a 6º curso de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO. Outros 27.398 alumnos se beneficiaron das axudas da Xunta para a adquisición de libros de texto; mentres que un total de 100.323 alumnos recibiron vales para a adquisición de material escolar.

    A asignación de manuais dispoñibles no Fondo Solidario faise por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar e, de ser necesario, o centro adquire os libros complementarios que sexan precisos para garantir unha cobertura similar á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas (seis ou catro libros por alumno/a segundo o caso).

    Deste xeito, e atendendo aos criterios de renda, case sete de cada dez alumnos de Primaria e de Secundaria beneficiarios do Fondo recibiron seis ou máis libros de balde; é dicir, que tendo en conta que a media de manuais nos centros é de seis por curso, nestes casos quedou cuberta a práctica totalidade das súas necesidades.

    O Fondo Solidario está deseñado para garantir que as familias con rendas máis baixas sexan as primeiras destinatarias do programa de forma que poidan ser beneficiarias do maior número de libros dispoñibles.

    Ampliar contenido
  • Aberto o prazo de solicitudes para reserva de prazas na Gardería Municipal

    Fecha desde el 24 de Mayo de 2021
    hasta el 31 de Mayo de 2021

    Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.

    A Escola Infantil Municipal abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2021/2022. Os pais / nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as  solicitudes nos seguintes prazos:

     

    • nenos/as matriculados e con praza no curso anterior (2020/2021), presentarán a solicitude do 1-15 de maio.

     

    • Nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude do 16-31 de maio .

     

     

    Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.

    Ampliar contenido
  • O auditorio da fortaleza de Goián acolle este sábado un grande evento para presentar o parque da amizade e a nova ponte peonil que unirá Tomiño e Cerveira

    Fecha desde el 29 de Mayo de 2021
    hasta el 29 de Mayo de 2021

    Asistirán autoridades estatais, autonómicas e locais de ambas as beiras e proxectarase un vídeo que inclúe unha simulación 3D do viaduto sobre o río

    O auditorio da Fortaleza de Goián en Tomiño acollerá este sábado un grande evento para a presentación institucional do Parque da Amizade e da nova ponte peonil que unirá Tomiño e Cerveira. Ao acto asistirán diferentes autoridades estatais, autonómicas e locais tanto españolas como portuguesas, ás que se lles dará a coñecer a singularidade do que será un dos primeiros centros de lecer transfronteirizos de Europa e o primeiro Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal como  un espazo verdadeiramente europeo sen fronteiras.

    Ambos proxectos contan con financiamento europeo, con cargo á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2014-2020, e serán presentados polo deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, pola alcaldesa de Tomiño Sandra González, o presidente de cámara de Cerveira, Fernando Nogueira, e polos representantes dos Burgos¬Garrido e Bernabeu Enxeñeiros.

    As autoridades da parte portuguesa chegarán ao auditorio de Goián en barco dende a parte lusa para ás 12.15 horas comezar a presentación, na que se incluirá a proxección nunha pantalla de grandes dimensións dun vídeo ilustrativo dos obxectivos do parque. Na peza incluirase unha recreación 3D de como será a nova ponte peonil e ciclable que permitirá que o parque transfronteirizo sexa unha realidade.

    Para o deputado Uxío Benítez o parque e a ponte constituirán un elemento dinamizador de crucial importancia material e simbólica nun territorio como é o transfronteirizo do rio Miño, dobremente impactado pola actual pandemia COVID-19, dado o seu carácter dependente dos fluxos socioeconómicos entre ambos países, que se teñen visto gravemente alterados polas restricións á mobilidade transfronteiriza.

    Ampliar contenido
  • Nenos e nenas da Guarda convidados a participar en -A flote en Igualdade-

    Fecha desde el 26 de Mayo de 2021
    hasta el 03 de Junio de 2021

    As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz) ou no teléfono 986 614 648.

    O Centro de Información á Muller e a Concellería de Igualdade do Concello da Guarda programan para a tarde do xoves 3 de xuño unha acción que consistirá nun encontro de nenas e nenos ao redor do xogo para a realización dunha xincana onde descubrir con que elementos a igualdade nos permite estar a flote e de que xeito a desigualdade pode acabar fundíndonos.

    Esta actividade está destinada a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos e terá lugar o xoves día 3 de xuño en horario de 17:30h a 18:30h na Praia da Ribeira no Porto da Guarda.

    Presentarase o xogo dunha xincana cooperativa (non competitiva) onde o traballo conxunto de nenas e nenos axude a descubrir que para que a sociedade consiga estar a flote necesita da igualdade.

    As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz) ou no teléfono 986 614 648.

    Esta actividade está financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

    Ampliar contenido
  • O Ciclo -Sostendo o Futuro- continúa na Guarda cun roteiro Medioambiental

    Fecha desde el 27 de Mayo de 2021
    hasta el 04 de Junio de 2021

    Terá lugar en dúas sesións o 5 e 6 de xuño e requiren unha inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

    O Concello da Guarda continúa co ciclo “Sostendo o Futuro”, actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.

     

    O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.

    Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

     

    Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • AGACA organiza en Camposancos o obradoiro -Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais-

    Fecha desde el 28 de Mayo de 2021
    hasta el 09 de Julio de 2021

    Terá lugar no mes de xullo no local da CCMMVV de Camposancos, inscricións abertas en www.agaca.coop agaca@agaca.coop e no tel 981 584783

    5,6,7,8,9 DE XULLO DE 2021

    Local da CCMMVV Camposancos. Subida a Iglesia- Camposancos

    Horario: 16:00h-19:00h

    PROGRAMA:

    • INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
    • GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES
    • FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES
    • TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
    • INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL. O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
    • AXUDAS, SUBVENCIÓNS OU BENEFICIOS FISCAIS regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes

    INSCRICIÓN GRATUÍTA!
    Infórmate:
    www.agaca.coop
    agaca@agaca.coop
    Tlfno. 981 584783

    P R O G R A M A


    1ª Sesión: Luns 5 de xullo 16:00h a 19:00h
    INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
    -“O Dourado Verde” A resinación de piñeirais.
    - O cultivo de olivas nos montes comunais.
    - A eficiencia enerxética
    - Crianza e comercialización de porco celta
    - O cultivo da castaña.
    - Outras alternativas…
    D. Higinio Mougán Bouzón
    Director-Xerente de AGACA
    2ª Sesión: Martes 6 de xullo 16:00h a 19:00h
    GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES:
    -Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.
    -Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.
    -Libros das comunidades: censo, actas e contas.
    -Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.
    -Estatutos e normas internas. Réxime electoral.
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    3ª Sesión: Mercores 7 de xullo 16:00h a 19:00h
    FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES:
    -Bonificacións fiscais das comunidades de montes.
    -Exención de IBI do monte veciñal en man común.
    -Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.
    -Tributación no Imposto sobre Sociedades.
    -Catastro: procedementos de alteración e regularización.
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    4ª Sesión: Xoves 8 de xullo 16:00h a 19:00h
    TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
    -Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.
    -Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.
    -Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.
    -Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos, etc.
    -Plans e instrumentos de ordenación
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    5ª Sesión: Venres 9 de xullo 16:00h a 19:00h
    INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
    -Proxecto de ordenación forestal
    -Documento compartido de xestión forestal
    -Documento simple de xestión forestal
    -Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
    -Tramitación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal
    -Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados
    -Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono
    RELATOR:
    Enxeñeiro Técnico Forestal/Enxeñeiro de Montes

     

    OBXECTIVOS:
    ? Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
    ? Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
    ? Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
    ? Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

    Ampliar contenido
  • A Guarda pecha este sábado as actividades programadas entorno ás Letras Galegas e a Xela Arias

    Fecha desde el 29 de Mayo de 2021
    hasta el 29 de Mayo de 2021

    O Sábado realizase un recital musical ás 19:00h no Centro Cultural, últimas prazas dispoñibles, inscricións en centrocultural@aguarda.es

    • Este espectáculo formou parte das presentacións oficiais das Letras Galegas 2021 realizadas nos Concellos de Vigo ou Santiago de Compostela.

    A concellería de cultura do Concello da Guarda pecha este sábado a completa programación de actividades entorno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias, cunha proposta moi agardada por tod@s.

    Deste xeito o sábado 29 de maio representarase no Centro Cultural, as 19:00h. unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado “Vencerse é cousa de se tratar”.

    Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento.

    Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.

    Este evento conta, como ven sendo habitual cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse previamente en centrocultural@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido