Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NOVA CONVOCATORIA DO CURSO DE PREPARACIÓN POR TELEFORMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CODIX

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, (o luns 1 de febreiro ás 14:00 horas) publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, (o luns 1 de febreiro ás 14:00 horas) publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT

Fecha: 29 de Enero de 2016

Fuente: Aula Cemit A Guarda

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre dende o xoves 28 de xaneiro o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG, con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a mediados do mes de xuño.

Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.

O prazo de inscrición será de cinco días naturais a partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o xoves 28 de xaneiro. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, (o luns 1 de febreiro ás 14:00 horas) publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT así como un número adecuado de reservas, unha vez realizado o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días naturais desde a data da súa publicación a taxa de 10 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.

Plan Formativo Ofimático de Galicia

Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)

 

Próximas convocatorias de exames presenciais

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2016, que terá a súa continuación cun novo curso de teleformación titorizada previsto para o segundo semestre (no mes de setembro).

Ademais destes cursos preparatorios, realizaranse ao longo deste ano dúas novas convocatorias de exames presenciais en marzo e outubro para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios ou que opten pola modalidade autoformativa, ata chegar a un total de 1.000 prazas dispoñibles para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron mais de 800 as prazas convocadas en cursos de teleformación titorizada e de 1.600 as persoas que se someteron á avaliación dos seus contidos nas diferentes edicións das probas presenciais convocadas e que se realizaron en diversas aulas da rede CeMIT.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones