Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Novo proceso de traspaso de parcelas do banco de terras ao concello de Tomiño

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantivo hoxe un encontro co alcalde deste municipio e de outros cinco da provincia para explicarlles o proceso a seguir

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantivo hoxe un encontro co alcalde deste municipio e de outros cinco da provincia para explicarlles o proceso a seguir

Fecha: 13 de Enero de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

A Consellería do Medio Rural comezou hai uns días os contactos para levar a cabo a última quenda do traspaso de parcelas do Banco de Terras a concellos de toda Galicia. O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, xa mantivo encontros cos concellos das provincias de A Coruña, Lugo e Ourense e hoxe foi a quenda de Pontevedra. Na reunión, á que asistiu tamén o delegado provincial José Manuel Cores Tourís, indicóuselles aos municipios beneficiarios deste traspaso os predios que son susceptibles de recibir e o proceso a seguir a continuación.

En concreto, Medio Rural traspasará 84 terreos sen utilidade agraria aos concellos de Cuntis, Cerdedo-Cotobade, Cambados, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Tomiño. Falamos de predios que non valen para arrendar, que é o obxectivo último do Banco de Terras, pero si poden ter un uso veciñal ou municipal.

Estes terreos poderá pasar a ser dos concellos grazas á Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que permite a este tipo de parcelas pasen a ser directamente do municipio dun xeito máis áxil e con menos carga burocrática que a tradicional cesión que se viña realizando ata o de agora.

De feito, non é a primeira vez que se formaliza un traspaso deste tipo. En total, no 2017 a Consellería do Medio Rural formalizou o cambio de titularidade de 1.234 parcelas a 37 concellos e o obxectivo é chegar á revisión duns 2.500 terreos que forman parte do catálogo de terras pero que non poden ser arrendados a agricultores e gandeiros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones