Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NOVO ROUBO DE ARBUSTOS NA PONTE INTERNACIONAL DE GOIÁN

Esta semana, para perplexidade de todos nos, a maioría dos arbustos (mais de 100 de cada unha das variedades) roubáronse outra vez.

Esta semana, para perplexidade de todos nos, a maioría dos arbustos (mais de 100 de cada unha das variedades) roubáronse outra vez.

Fecha: 24 de Enero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com / Infom

A Fundacion Xavier Pousa publicou na súa paxina de Facebook unha denuncia polo roubo (o segundo xa) das árbores e arbustos plantados dentro das accións previstas no proxecto de recuperación ambiental e paisaxística "Cultivando Paisaxes", levado a cabo co apoio do Concello de Tomiño e AcuBam (Asociación Cultivos Baixo Miño).

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, manifestou que comparte a indignación da Fundación, "pero non nos vencerán no noso empeño de poñer Tomiño fermoso. Grazas aos viveiristas e á Fundación...xuntos lograrémolo".

A continuación, reproducimos o texto publicado na rede social mencionada. No enlace correspondente podedes atopar fotos.

De novo indignación e impotencia.
No mes de abril do ano pasado denunciamos o roubo dos arbustos plantados na ponte internacional en Goián dentro da iniciativa "Cultivando Paisaxes" que entre ACUBAM, o Concello de Tomiño e a Fundación Xavier Pousa estamos a desenvolver para mellorar a paisaxe e visibilizar o sector do viveirismo no Baixo Miño. Xa daquela algunhas das photinias roubadas repuxéronse. Pouco despois volveron a desaparecer a gran maioría e no mes de outubro decidiuse replantar de novo os arbustos (250 photinias e 250 eleagnus) co esforzo que lle supuxo a Viveiros Río Tollo de volver a doar a planta.
Pois ben, esta semana, para perplexidade de todos nos, a maioría dos arbustos (mais de 100 de cada unha das variedades) roubáronse outra vez. Seguimos sen entender esta actitude de falta de respecto polo que é de todos!!!!!
Estes días está previsto iniciar novas actuacións ao longo da estrada entre Tui e Goián, pero visto o que está a acontecer valorouse a posibilidade de non darlle continuidade ao proxecto. O traballo e esforzo dos implicados e o diñeiro da cidadanía non merece un trato deste calibre.
Despois de manter onte unha reunión, decidiuse que se eles insisten, nos tamén insistiremos. Así que, continuarase co resto dos espazos e Viveiros Río Tollo volverá a doar os arbustos da ponte.
TEMOS QUE ACADAR QUE "CULTIVANDO PAISAXES" SEXA UNHA REALIDADE VISIBLE.

LIGAZÓN:  https://www.facebook.com/FundacionXavierPousa?pnref=story

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones