Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O 061 PÍDELLES AOS CONDUTORES PRECAUCIÓN E COLABORACIÓN NO CASO DE ATOPAR ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE OS DESPRAZAMENTOS NESTAS DATAS FESTIVAS

Ante un sinistro na estrada é fundamental actuar axeitadamente, para evitar aumentar o número de feridos, e chamar canto antes ao 061

Durante a pasada Semana Santa, o 061 de Galicia asistiu a 96 persoas, dúas das cales faleceron no punto do accidente

Fecha: 24 de Marzo de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061, servizo que coordina e xestiona as urxencias e emerxencias sanitarias na comunidade galega, quere reiterar o consello de precaución nas estradas ante o inicio, mañá, xoves, das vacacións de Semana Santa, nas que se prevé un notable incremento no número de desprazamentos por estrada ata o vindeiro domingo 27 de marzo.
Cómpre lembrar que unha vez se produce un accidente é fundamental actuar correctamente para evitar aumentar o número de vítimas. É importante avisar canto antes, para que acudan os servizos de emerxencia, marcar o 061 e non intervir se non se sabe como.
A persoa que se atopa no lugar do sinistro pode ser de grande utilidade, seguindo as indicacións transmitidas polo persoal sanitario da Central de Coordinación do 061 de Galicia ata a chegada dos recursos especializados, canto máis datos se lle dean máis se axudará a este organismo na súa tarefa.

É necesario facilitar a situación exacta do lugar do accidente e o estado dos feridos, para que se poidan enviar os recursos sanitarios necesarios dependendo da gravidade do suceso.

Antes de auxiliar nun sinistro de tráfico, debe tratar de aparcar o coche nun sitio seguro, afastado do accidente, e prender as luces de emerxencia. Deberá poñer roupa reflectora ou rechamante, pero nunca escura. Ademais, sinalizará o accidente 200 metros antes e despois do lugar no que ocorreu.

Outra das medidas que se deberán realizar será apagar as luces e retirar as chaves do vehículo sinistrado e considerar a existencia de perigos engadidos, como pode ser o desprendemento de gases, incendios, cables eléctricos, entre outros.

O que non se debe facer nunca é poñer en perigo a propia vida. Para iso, antes de atender os accidentados, hai que adoptar as medidas de seguridade axeitadas, para evitar novos accidentes. Igualmente, e salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións.

Balance Semana Santa 2015
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa do pasado ano a un total de 96 persoas debido a 74 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do mércores, 1 de abril, ata as 23:59 horas do domingo, 5 de abril de 2015. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 84 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 74 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 96 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 e do 35 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 20 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 29 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

29
Lugo
14
Ourense
9
Pontevedra
22
Galicia
74

En 83 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, once persoas foron asistidas no lugar do sinistro e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones