Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O 112 GALICIA LEMBRA QUE O USO INADECUADO DO SERVIZO MULTIPLICA O TRABALLO, RESTA EFICIENCIA E ENCARECE OS SERVIZOS DE EMERXENCIAS

No Día europeo do Número Único de Emerxencias 112, que se celebrou onte, a Unión Europea insiste na necesidade de facer un uso apropiado do servizo

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) trata de promulgar un uso apropiado do número único de emerxencias 1-1-2 mediante a realización de simulacros.

Fecha: 12 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O 112 Galicia, pertencente á Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Vicepresidencia da Xunta, únese á chamada de atención, que, con motivo da celebración do Día europeo do Número Único de Emerxencias 112, as institucións europeas fan sobre a necesidade dun uso cada vez máis responsable do servizo. A incorrecta utilización do número de emerxencias por parte dos usuarios multiplica o traballo, resta eficiencia e encarece os recursos e servizos de urxencia. A sobrecarga de chamadas cun fin distinto ao de informar dunha emerxencia supón un incremento dos recursos de atención e, o máis importante, implica desviar medios que outra persoa, nunha situación real de risco para a súa vida, pode necesitar.

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) trata de promulgar un uso apropiado do número único de emerxencias 1-1-2 mediante a realización de simulacros. Durante o ano 2014, a AXEGA, a través do 112 Galicia, colaborou nun total de 170 exercicios de simulación, dos cales o 40 por cento se realizaron en centros educativos. Os exercicios serviron para pór a proba a capacidade de resposta dos cativos e dos servizos de emerxencias locais.Tamén se practicaron preto dun cento de hipotéticas evacuacións en diferentes centros de traballo.

Por outra banda, a AXEGA ofrece a posibilidade de visitar as instalacións do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia. Estudantes de diversos centros educativos da Comunidade xa coñecen o funcionamento da plataforma tecnolóxica que permite a atención e xestión de calquera tipo de emerxencia nun tempo estimado de 25 segundos. Os interesados en visitar o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia poden realizar unha solicitude a través da páxina web www.axega112.org.

Común, gratuíto e accesible
O 112 foi lanzado no ano 1991 e proporciona un número de emerxencia común, gratuíto e dispoñible as 24 horas dos 365 días do ano en toda a Unión Europea. Dende a súa creación, o número único de emerxencias foi obxecto dunha evolución constante a prol da eliminación das fronteiras físicas, idiomáticas e sociais. Así, a día de hoxe, o 112 Galicia está preparado para atender chamadas en inglés, portugués, francés, alemán, italiano, chinés, árabe, romanés e ruso.

Ademais, Galicia foi das primeiras comunidades autónomas españolas en activar un protocolo de atención ás chamadas de persoas con discapacidades auditivas e de fala, garante que as persoas xordomudas poidan acceder directamente ao 112 en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns. Para a posta en marcha deste programa, a Axencia Galega de Emerxencias traballou conxuntamente coa Federación de Asociacións de Xordos de Galicia (FAXPG) e se levaron a cabo unha serie de modificacións e implantacións no sistema operacional do CAE 112 Galicia, entre elas, a integración na plataforma tecnolóxica dun sistema de chat que facilite a comunicación coas persoas xordas; a formación dos operadores para posibilitar a recepción das incidencias e a redacción dun manual e protocolo de actuación adaptado ás necesidades dos discapacitados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones