Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O 112 MOBILIZOU AOS RECURSOS DE EMERXENCIAS EN 334.472 OCASIÓNS PARA RESOLVER 201.610 INCIDENCIAS EN 2015

O CAE 112 recibiu máis dun millón de chamadas, das cales preto dun 20 por cento precisaron da asistencia sanitaria e da intervención das forzas da orde e dos servizos de rescate e extinción de incendios

A AXEGA renova a páxina web do 112 Galicia co obxectivo de ter unha navegación máis moderna e funcional

Fecha: 08 de Enero de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, acompañado do xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Juan José Muñoz, presentaron hoxe en rolda de prensa o balance do ano pasado da actividade do CAE 112 Galicia, no que mobilizaron aos recursos de emerxencias en 334.472 ocasións para resolver un total de 201.610 incidencias.

Segundo foi relatando o xerente, un total de 1.083.772 de chamadas foron atendidas no CAE 112 Galicia o pasado exercicio, e o 18 por cento derivaron en situacións de urxencia que precisaron, na maior parte dos casos, da asistencia sanitaria e da intervención das forzas da orde e dos servizos de rescate e extinción de incendios, isto é, bombeiros, grupos supramunicipais de emerxencias (GES) e axentes de Protección Civil.

Así, o 47 por cento das intervencións estiveron relacionadas con incendios urbanos e industriais, rescates, fugas de gas, derrames e verteduras de substancias, recollida de animais e a activación de plans especiais de protección civil; o 29 por cento coa atención sanitaria; o 14 por cento coa seguridade cidadá e o 9 por cento restante con accidentes en estradas, laborais, ferroviarios e marítimos.

Os concellos da franxa atlántica, especialmente os das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña, son os que concentraron o maior número de incidencias. As provincias da Coruña e Pontevedra suman o 73 por cento, mentres que Lugo e Ourense supoñen só o 24.

6.500 usuarios de "Alpify" en Galicia
O xerente da Axega destacou que ata o de agora, hai rexistrados un total de 6.561 usuarios de "Alpify" na nosa Comunidade, que xa atendeu en menos dun mes, máis de tres millóns de xeoposicións, o que amosa, segundo Juan José Muñoz que a cidadanía comeza a familiarizarse cun recurso pensado para reforzar a seguridade de quen se despraza por Galicia, en especial, por zonas illadas e montañosas.

A AXEGA renova a web do 112 Galicia
Ademais da aplicación de emerxencias, dentro do seu proceso de mellora continua, a AXEGA renova a web do 112 Galicia, que, grazas á incorporación de novas técnicas, mellorará a experiencia de navegación dos usuarios. Durante o 2015, o portal web do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia recibiu preto de 650.000 visitas. O mapa de incidencias e os boletíns informativos seguen a ser os apartados máis vistos.

Máis de 200 persoas xordas adheridas ao servizo
Dende que botou a andar a aplicación do CAE 112 Galicia para a atención de persoas con dispacidade auditiva e/ou da fala, a finais do ano 2013, un total de 204 usuarios se adheriron ao servizo. Ademais das probas que periodicamente se realizan para comprobar o correcto funcionamento da aplicación, no ano 2015, o persoal do CAE 112 Galicia xestionou 17 emerxencias reais que afectaron directa ou indirectamente a persoas xordas.

Control da calidade do servizo
O CAE 112 Galicia conta cun sistema de control e xestión da calidade do servizo. Ademais de estar certificado pola Norma ISO 9001:2008, o pasado mes de abril de 2015 foi outorgada ó CAE 112 Galicia unha nova certificación de calidade promovida pola Asociación Europea de Números de Emerxencia (EENA).

174 simulacros
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) traballa nas formas de atallar e anticiparse aos riscos potenciais. A través do 112 Galicia, se ofrece, ao organismo que o solicite, a cobertura e a coordinación dos recursos de emerxencias intervenientes nun simulacro. En 2015, o 112 colaborou en 174 ocasións.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones