Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O 78% dos fogares galegos teñen conexión a internet de banda larga

Máis da metade dos mozos galegos de 16 a 24 anos xa compran a través da rede, superando a media estatal en 7,3 puntos

Rexístrase un maior uso dos servizos na nube por parte dos internautas galegos (36,7%) fronte ao 35,5% da media estatal

Fecha: 04 de Octubre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

Un 78,1% dos fogares de Galicia están conectados á rede mediante banda larga, un 4,1% máis ca no ano 2015, o que sitúa á Comunidade a 3,1 puntos da media estatal, igualando o ritmo de crecemento que rexistra a media estatal. Así o indican os últimos datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2016, analizados polo polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Amtega.

Tipo de conexión e hábitat


Segundo os datos que ofrece o INE, o 74,3% dos fogares galegos dispón dalgún ordenador, o que supón un incremento do 1,8% con respecto aos datos do ano anterior. A media estatal (77,1%) rexistrou un ritmo de crecemento (1,4%) inferior ao galego.

Respecto ao tipo de conexión, cabe salientar que entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia, un 87,8% accede a través de dispositivos de man (teléfono móbil, tablet,...), 7,7 puntos máis que a media estatal.

Respecto aos datos relativos ao tamaño do hábitat, é salientable que, por primeira vez, nos concellos con poboación de máis de 20.000 habitantes, a media galega supera á estatal nos 3 indicadores principais: vivendas con ordenador, con acceso a Internet e con banda larga. Así, nestes concellos, a porcentaxe de vivendas con internet e conexión de banda larga sitúase por riba do 83%.

Por outra banda, nos concellos galegos de menos de 20.000 habitantes a conexión de banda larga medrou máis dun 4,4%, porcentaxes similares ao crecemento da media estatal.

Uso das TIC


O 74,6 % dos galegos e galegas utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 3,6%, con respecto ao ano anterior, superior ao crecemento do conxunto do Estado (2%). Isto permite reducir a fenda neste indicar en 1 punto porcentual

Un 30,4% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet nos últimos tres meses, situándonos a 4,5 puntos da media estatal (34,9%) e experimentando un crecemento do 1,3% respecto ao ano anterior.

Outra das conclusións desta última enquisa do INE é que máis da metade dos mozos galegos de 16 a 24 anos (51,7%) xa compran a través da rede, superando a media estatal en 7,3 puntos e experimentando un crecemento no último ano dun 12,4%.

Tamén cabe destacar que a poboación galega de 16 a 44 anos supera a media estatal no uso habitual de internet (cando menos unha vez por semana) con valores superiores ao 90%. Crece tamén, nun 13%, o uso de internet nos galegos de 55 a 64 anos de idade.

En canto ao uso dos servizos de internet, un 65,7% dos internautas galegos participa habitualmente nas redes sociais, porcentaxe próxima á media estatal (66,8%). Un 81,9%% le ou descarga xornais ou revistas en liña, 4,2 puntos porcentuais por riba da media estatal.

No ámbito sanitario, un 43% dos internautas galegos concertaron citas médicas a través de Internet, 5,2 puntos máis que a media estatal. Tamén se observa un maior uso dos servizos na nube por parte dos internautas galegos (36,7%) fronte ao 35,5% da media estatal.

Segundo os datos do INE, o 61,4% dos galegos emprega internet para obter información das Administracións, 3,3 puntos máis que a media estatal. Neste indicador, Galicia ocupa a 5ª posición no ranking de Comunidades Autónomas para obter información de páxinas web da Administración.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones