Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Martes, 03 de Marzo de 2026

O 8M marca un mes de reflexión e acción pola igualdade en Tomiño

O Concello impulsa actos institucionais, charlas, obradoiros e actividades nos centros educativos para promover unha igualdade real e efectiva.

O Concello impulsa actos institucionais, charlas, obradoiros e actividades nos centros educativos para promover unha igualdade real e efectiva.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Marzo de 2026

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O mes de marzo chega cargado de actividade a Tomiño cunha programación especial arredor do 8M, Día Internacional da Muller. O Concello presenta un amplo abano de iniciativas que combinan memoria, recoñecemento e acción para seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Baixo o lema de construír igualdade desde a acción e a educación, a programación arrinca co ciclo “Mulleres Referentes” no Espazo Isaura Gómez. O primeiro acto celebrarase o venres 6 de marzo ás 20.00 horas cun coloquio dedicado a Isaura Gómez, símbolo de loita e compromiso social. A xornada incluirá tamén a inauguración dunha exposición sobre mulleres represaliadas durante o franquismo, cedida pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño.

No ámbito científico, o 18 de marzo ás 20.00 horas renderase homenaxe a Aída Fernández Díaz, recoñecida como científica galega do ano pola Real Academia Galega de Ciencias, destacando o papel das mulleres na investigación e no coñecemento. A dimensión política terá o seu espazo o 27 de marzo ás 20.00 horas cunha mesa redonda protagonizada por mulleres referentes neste eido.

O programa complétase co ciclo “Construíndo igualdade”, que inclúe propostas para todas as idades. Entre elas destaca o obradoiro “Historias de tea”, que ao longo de todo o mes promoverá a visibilización da muller na arte mediante a creación dunha obra colectiva.

Para o público infantil, o 7 de marzo ás 12.00 horas celebrarase o contacontos “Vamos ao recreo” no Espazo Isaura Gómez, unha actividade interactiva que fomenta a igualdade desde a infancia. No eido da saúde e do benestar desenvolveranse talleres como “Saúde e benestar dixital”, do 9 ao 20 de marzo, e o obradoiro “Muller e benestar: coidados, saúde e igualdade”.

O ámbito educativo terá un papel destacado con sesións específicas nos centros escolares do municipio. “Os nosos corpos, as nosas normas” dirixirase ao alumnado de 6º de primaria e 1º da ESO para traballar a autoestima, mentres que “Así, si” estará orientado a 2º da ESO, promovendo a comunicación asertiva e relacións afectivas saudables.

Con esta programación, Tomiño reafirma o seu compromiso coa igualdade real e efectiva, apostando pola memoria, a participación cidadá e a educación como piares fundamentais para avanzar cara a unha sociedade máis equitativa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí