Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O 95% DOS CENTROS E O 80% DO ALUMNADO PARTICIPARON ONTE CON NORMALIDADE NA PRIMEIRA PARTE DA PROBA DE 3º DE PRIMARIA EN GALICIA

Román Rodríguez lamentou, pola contra, o uso partidista dunha proba que busca mellorar o sistema educativo no seu conxunto

Explicou que se trata dunha ferramenta metodolóxica que complementa a avaliación continua dos alumnos

Fecha: 28 de Mayo de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O 95% dos centros e o 80% por cento do alumnado de 3º de Educación Primaria participaron hoxe con normalidade na primeira xornada da proba de 3º que se establece por primeira vez este ano. Así o deu a coñecer no Parlamento o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quen subliñou que se trata de estimacións provisionais segundo os datos facilitados pola inspección educativa.

Segundo dixo o conselleiro, estas cifras reflicten que "a gran maioría" das familias actúan con absoluta responsabilidade ante unha proba da que os nenos e nenas son os principais beneficiarios na medida en que permite anticiparse na detección de eivas ou debilidades e aplicar medidas correctoras. Deste xeito, unha vez analizados os resultados, a maioría de alumnos e alumnas e de familias disporán de información e dunha orientación para saber qué medidas necesitan para reforzar e mellorar o seu proceso de aprendizaxe.

Uso partidista
Na súa intervención, Román Rodríguez lamentou o "uso partidista" que se está a facer desta avaliación individualizada que en ningún caso se pode denominar reválida, xa que non ten efectos no expediente académico do alumnado. De feito, sinalou, que a oposición ten por costume criticar calquera iniciativa educativa e "cando ven que as cousas funcionan, cambian o discurso e esixen máis", como aconteceu coa creación de centros plurilingües, co proxecto Abalar ou cos contratos-programa.

Neste senso, o conselleiro fixo un chamamento aos grupos da oposición para que "deixen de confundir á cidadanía" e de "xerar alarmas" en torno a unha proba establecida por lei que ten como principal finalidade mellorar a calidade do sistema educativo no seu conxunto. "Deixen de utilizar o ensino e as familias como arma política" e "deixen de facer política cos fillos e fillas dos demais" insistiu. "Non confundan a defensa das lexítimas diferenzas cunha constante estratexia de boicot e confrontación", dixo o conselleiro en referencia aos chamamentos ao boicot da proba e as acusacións de coacción ás familias por parte da Consellería. Tamén lamentou os ataques a unha proba moi semellante á avaliación de diagnóstico de 4º establecida pola LOE e que "curiosamente non atacaron".

Ferramenta metodolóxica
En contraposición, Román Rodríguez insistiu en que o Goberno galego está actuando con responsabilidade ante o cumprimento dunha normativa básica, do mesmo xeito que o fixo na aplicación da anterior lei socialista; e traballando día a día pola mellora da calidade do sistema educativo galego.

O responsable de Educación do Goberno galego explicou unha vez máis que a avaliación individualizada de 3º de Primaria permitirá descubrir posibles lagoas ou debilidades na metodoloxía e no funcionamento do proceso de aprendizaxe e de ensino. De feito, lembrou que outros países da UE están usando a avaliación como algo normalizado e necesario para coñecer o funcionamento das institucións educativas e implementar melloras. "Fronte a confusións interesadas, esta avaliación debe entenderse como unha ferramenta metodolóxica máis, que complementa a avaliación continua e que axuda aos centros educativos e ás familias a ter información adicional sobre a evolución dos seus fillos e fillas", concluíu o conselleiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones