Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O acoso é desigualdade, é violencia: erradiquémolo!

Hai xa máis de cen anos que o movemento feminsita estendeu o 8 de marzo como unha data internacional e referencial na loita pola igualdade de dereitos das mulleres.

Hai xa máis de cen anos que o movemento feminsita estendeu o 8 de marzo como unha data internacional e referencial na loita pola igualdade de dereitos das mulleres.

Fecha: 10 de Marzo de 2017

Fuente: BNG - Baixo Miño

Hai xa máis de cen anos que o movemento feminsita estendeu o 8 de marzo como unha data internacional e referencial na loita pola igualdade de dereitos das mulleres. Celebramos e reivindicamos a loita incansábel de moitas mulleres e colectivos de mulleres de todo o mundo que ten constribuído a conquistar dereitos colectivos e traballamos para que todos os dias sexan 8 de marzo.


Contamos con numerosos indicativos que amosan como a igualdade é un obxectivo aínda lonxe de conquistar en moitos campos, tamén no laboral. Organismos e observatorios tanto internacionais como galegos teñen alertado da enorme desigualdade que aínda sufrimos as mulleres no mundo. Por exemplo, o informe 2016 do Foro Económico Mundial indica que a igualdade podería tardar até 170 anos e os datos referentes ao mercado laboral de 2015 amosan como as galegas ingresamos o 77,8% do que os homes.

Fica moito por facer nun contexto no que as consecuencias da crise económica e o empeoramento das condicións laborais a partir das reformas laboaris de PP e PSOE teñen contribuído tamén a profundar na desigualdade. Somos as mulleres quen ocupamos as peores porcentaxes de traballo precario, temporal, parcial e bolsas de traballo fóra da lei nun marco onde a lexislación e a inspección son aínda insuficientes. Esta desigualdade esténdese tamén ao ámbito do trabllo non remunerado xa que as políticas austericidias do Partido Popular teñen recortado servizos de apoio a coidados, conciliación, dependencia, etc supoñendo unha sobrecarga para moitas mulleres que acaban de suplir esas carencias.

Aínda que cada 8 de marzo cómpre insistir en combater todas as desigualdades en materia económica e outras como a dificultade para acceder a postos de responsabilidade en igualdade de condicións, é necesario facer ver que hai outras consecuencias do patriarcado que tamén se dan nos nosos traballos. Cómpre ampliar o foco e denunciar que as situacións de acoso sexual e moral que sofren moitas mulleres no seu traballo tamén son desigualdade e tamén son violencia. O machismo no ámbito laboral tamén abrangue actitudes e comportamentos que atentan contra a dignidade e que se alimentan dun sistema patriarcal que compre denunciar e desmontar. Para isto, é hora de pisar o acelereador para erradicar todas as desigualdades e vilencias. Desde o Bloque Nacionalista Galego chamamos a denunicar con forza que as galegas e galegos non nos vale esta situación, esiximos unha Galiza en igualdade e feminista.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones