Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ALUMNADO DO COLEXIO PEDRO CASELLES E AS SÚAS FAMILIAS PARTICIPAN XUNTOS EN ?FALEMOS-

O venres día 13 de novembro terá como data de comezo en horario de 18:30 a 20:00 h

É un taller gratuito de habilidades parentales e prevención de dependencias

Fecha: 13 de Noviembre de 2015

Fuente: ANPA Mosteiro

O venres día 13 de novembro ponse en marcha un programa especialmente dirixido o alumnado de primaria de Tomiño e aos seus país e nais, co nome "Falemos" (Mais que un Teito). Trátase dun taller de habilidades parentales e de comunicación, recursos educativos, e de prevención de dependencias, organizado polo Anpa Mosteiro coa colaboración do CEP Pedro Caselles e impartido pola Asociación Erguete Baixo Miño, financiado pola Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia.

A novidade do programa e o seu principal atractivo é precisamente que participen nel, conxuntamente familias e alumnado. O programa trata de facilitarnos información e asesoramento co obxectivo de darnos máis recursos para educar ós nosos fillos e fillas. Isto repercute dun xeito moi positivo na súa personalidade, nun mellor rendemento académico e unhas mellores relacións familiares, e no desenvolvemento dunhas actitudes e valores sólidos que lles sirvan de marco de referencia para a seu Benestar e Saude.

A presidenta do Anpa Mónica Galiana insiste en que nestas idades é fundamental sentar xa as bases para conseguir un clima adecuado e positivo mediante a comunicación, o establecemento de normas, o recoñecemento, a negociación, a claridade na postura familiar respecto dos asuntos que concernen aos seus fillos e o fortalecemento dos vínculos familiares. Para iso, neste programa ensínase, por exemplo, a mostrar empatía cos menores, a expresar o afecto e a crítica de forma adecuada, a controlar os impulsos para evitar os excesivos conflitos, a establecer normas de conduta claras e coherentes, a facer cumprir as normas sociais e familiares, a utilizar métodos de disciplina positiva, aceptar as diferenzas individuais dos fillos, achegarse á súa realidade e aumentar a súa autoestima, ou a prever problemas no futuro como as adiccións a Internet ou problemas de sexualidade ademais, por suposto, do uso de drogas.

Haberá unha sesión semanal e gratuíta en diferentes reunións para pai e nais e en sesións conxuntas cos fillos que serán especialmente amenas, relevantes, clarificadoras e divertidas para os participantes.

Ou calendario previsto terá como data de comezo o venres día 13 de novembro en horario de 18:30 a 20:00 h,no propio CEP Pedro Caselles cada venres ata que finalicen as sesions, que serán cinco nesta primeira andaina. Para programar as sesións presentes e futuras e adaptar o máximo o programa ás preocupacións das familias, as inscricións contan cun apartado en que se pregunta cales son os temas que consideran máis urxente abordar:" Os nen@s e as novas tecnoloxias e cómo actuar", "ensinando autonomia e responsabilidade", "establecendo normas e límites", "hábitos alimenticios saudables", "falando de sexo cos nosos fill@s", e "achegamento ás drogas".

As familias interesadas han de entregar a inscrición, que lles foi entregada o venres, no Buzón do Anpa do propio CEP Pedro Caselles.
O servizo contará con Ludoteca durante as xornadas, en caso necesario
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones