Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ambicioso proxecto da nova avenida de Tomiño ábrese ao tráfico dotando a vila de maior seguridade viaria e mellor calidade urbana

A Deputación de Pontevedra financiou a maior parte da nova variante cun investimento de máis de 2 millóns de euros

A Deputación de Pontevedra financiou a maior parte da nova variante cun investimento de máis de 2 millóns de euros

Fecha: 24 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou hoxe a súa satisfacción trala apertura ao tráfico esta fin de semana da nova Avenida de Tomiño, "un dos maiores retos de mobilidade urbana e seguridade viaria que afrontamos nestes catro anos de mandato". A ambiciosa actuación viaria, impulsada a través dun convenio entre a Deputación, o concello de Tomiño e a Xunta, tivo un orzamento total de 3,5 millóns de euros, dos que a Deputación foi quen fixo a maior aposta económica cun investimento de máis de 2 millóns de euros, 2.111.766,73, o que supón o 66% do importe total.

A nova Avenida supón a posta en marcha dunha variante que mellora a conexión entre a EP 3102 (Tomiño-Sabarís) e a PO-344, ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo, que permite derivar o tráfico de paso cara o exterior do tramado urbano, mediante unha vía poboacional. Para a presidenta provincial Carmela Silva, "con este proxecto proporcionamos unha mellora substancial da calidade urbana e seguridade viaria á cidadanía de Tomiño, e cumprimos cos nosos obxectivos dunha mobilidade baseada na sustentabilidade, centrada nas persoas e na seguridade das nosas vilas e cidades". Amais, dixo a presidenta "seguimos na nosa liña de dotar de equipamentos, servizos e dereitos a todas as persoas vivan onde vivan". Deste xeito, mellorouse a mobilidade e integración urbanística deste conxunto urbano, permitindo unha mellor permeabilidade e accesibilidade do sistema viario adscrito. De feito, ata o momento no núcleo urbano había un grave problema de conxestión de tránsito de vehículos, con entre 5.000 e 10.000 vehículos ao día, un problema que se foi agravando co paso do tempo xa que nos últimos 15 anos a poboación de Tomiño aumentou un 30%, e as estradas referidas conectan unha serie de equipamentos públicos como o instituto, o pavillón polideportivo, o campo de fútbol, o centro de saúde, o centro de día, o colexio público ou varios edificios administrativos.

A nova variante, cuxo proxecto realizou, licitou e executou a Deputación, abrangue un trazado de 1qm + 318 m. A sección tipo consta de 9,5 metros dedicados a unha plataforma de dobre sentido de circulación, cunha configuración de 7 metros para calzada (3,5 por carril) e 1,5 / 1 metros de beiravía en cada marxe, así como 6 metros para unha senda de bicicletas e pedestre, que presta tamén acceso ás parcelas que o precisen nesa marxe. Ademais, a sección complétase ata os 20,5 metros de ocupación media con obxecto de dar cabida as bermas de 0,5 metros para a calzada, e cunetas de 2 metros para a correcta execución e funcionalidade da plataforma. Pola súa banda, tamén se construíron cinco glorietas sobre o viario existente, e proxectouse a maiores unha conexión urbana de 150 metros co centro urbano de Seixo.

10 millóns de euros no mandato

Desde a súa chegada á Deputación de Pontevedra o goberno de Carmela Silva leva investidos en Tomiño case 10 millóns de euros procedentes de todas as áreas de goberno. É o maior investimento da historia da institución provincial neste concello do Baixo Miño.

So coas partidas do Plan Concellos, o goberno municipal de Tomiño puido financiar 25 obras de relevancia entra as que se atopan o saneamento de Pazos, Rexidouro, Vilachan, Sanomedio e a Val ou Carregal de Abaixo; a reforma e mellora da accesibilidade no salón de plenos do concello; a mellora do terreo de xogo do campo de fútbol de Carballa e das instalacións do campo de fútbol do Alivio; a Senda peonil no camiño novo; a adaptación da accesibilidade na alameda de Goian; o acondicionamento da Praza de Figueiró; a mellora dos camiños municipais no concello; e a da seguranza viaria na vila. Tamén, a través da liña 3 de Emprego do Plan Concellos, o municipio puido contratar a 99 traballadoras e traballadores.

Amais, Tomiño conta cun proxecto do Plan DepoRemse, para a mellora da mobilidade e da seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da praza do Seixo cun investimento de medio millón de euros; e tamén figura como un dos municipios beneficiarios do programa de iluminación sostible IDAE da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones