Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O apalpador e a apalpadora visitarán o Baixo Miño

O apalpador e a apalpadora visitará os concellos de Oia, Tomiño, O Rosal e Tui

O apalpador e a apalpadora visitará os concellos de Oia, Tomiño, O Rosal e Tui

Fecha: 11 de Diciembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Apalpadora e O Apalpador visitarán un ano máis 36 concellos da provincia de Pontevedra para encher de ilusión e soños a todas ás súas crianzas. A xira desta figura tradicional galega e a súa versión feminina comezará o 20 deste mes e finalizará o día de Fin de ano levando a música, o baile e as anécdotas a tódalas comarcas.

Esta actividade organízase por quinto ano consecutivo ao abeiro do programa ‘Nadal en Galego' do servizo de Lingua. A deputada nacionalista de Lingua, María Ortega, destacou a importante transmisión de valores que realizan Apalpador e Apalpadora en relación á transmisión oral do rural, á dinamización do idioma, á posta en valor do monte e o respecto polo medio ambiente, ao coidado do ecosistema e das especies autóctonas evitando os incendios, así como ao traballo transversal en materia de compostaxe, reciclaxe e hábitos saudables.

As figuras do Apalpador e a Apalpadora irán acompañadas de música, refráns, anécdotas e bailes, así como dun burro de madeira que farán que crianzas e maiores gocen dun momento alegre, entretido e proactivo propio do Nadal galego.

As actuacións (ver calendario adxunto) repartiranse entre o día 20 e o 31 de decembro -a excepción do día de Nadal- en diferentes horarios e localizacións, preferentemente en lugares ao aire libre se o tempo acompaña. Na comarca de Pontevedra serán cinco as visitas (Pontevedra, Barro, Ponte Caldelas, Campo Lameiro e Poio), na comarca de Vigo outras cinco (Oia, Soutomaior, Baiona, Gondomar, e O Porriño), na comarca do Salnés serán seis (Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía, O Grove, Sanxenxo, e Ribadumia), na comarca do Deza-Tabeirós catro (Cuntis, Lalín, Silleda, e Rodeiro), cinco na comarca do Condado Paradanta (Mondariz, As Neves, Covelo, Ponteareas, e Mondariz Balneario), catro na comarca do Morrazo (Bueu, Moaña,Cangas, e Vilaboa), tres na comarca de Caldas (Caldas, Valga e Catoira) e catro no Baixo Miño (Salceda, Tomiño, O Rosal, e Tui).

A pesares de que este ano se repetiu o número de municipios que contarán co Apalpador e a Apalpadora, a deputada María Ortega convidou ao resto dos concellos a amosar interese por esta figura e solicitar tamén as actuacións, xa que a Deputación está disposta a ampliar o seu percorrido.

Ortega destacou que galegas e galegos "debemos estar orgullosas das nosas tradicións e do que somos como país", rexeitando as críticas verquidas contra os concellos que apostan por achegar o Apalpador ás e ós máis novos. Destacou que é fundamental "saber convivir e non rexeitar nada -en relación a outras figuras destas datas- sobre todo porque estamos a falar dunha poboación -as nenas e nenos- que viven de soños e ilusión, e non se lles pode prohibir e afastar desa ilusión e da creatividade que implica". Ortega, de feito, reflexionou asegurando que ogallá todos os detractores desta figura "puideran volver á infancia e gozar dela".

O programa ‘Nadal en Galego', insistiu a deputada, está concibido para fomentar transversalmente o uso e dinamización do galego, os valores ligados ao medio ambiente, e o coñecemento da tradición de Nadal para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí