Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Apalpador percorrerá a provincia adaptado á Covid para felicitar o Nadal á rapazada e poñer en valor a lingua galega, a natureza e a boa alimentación

A deputada María Ortega explicou que este ano haberá pasarrúas musicais en 23 concellos e estarán a disposición vídeos divulgativos para os centros de ensino de 36 municipios

A deputada María Ortega explicou que este ano haberá pasarrúas musicais en 23 concellos e estarán a disposición vídeos divulgativos para os centros de ensino de 36 municipios

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Diciembre de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Apalpador non faltará á súa tradicional cita coa provincia de Pontevedra este Nadal. Adaptado ás limitacións da COVID volverá dende o Courel para felicitar as festas á rapazada – e tamén ás persoas adultas- con pasarrúas musicais ao longo de 23 concellos e tamén difundindo nos centros escolares vídeos gravados en 36 municipios da provincia p0ñendo en valor a natureza, a lingua galega e tamén a alimentación saudable.

A deputada de Lingua, María Ortega, explicou que este ano foi obrigado mudar o formato tradicional da chegada do Apalpador por mor da pandemia, o que foi “un novo reto para achegar o Nadal e a ilusión a todas as casas da provincia de Pontevedra”. Así, este ano, “un pouco diferente, pero igual de emocionante”, o Apalpador vai visitar 23 concellos da provincia, e neles fará un pasarrúas xunto a un compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e do seu burro Río Lor para que os nenos e nenas poidan gozar das súas lendas, da súa sabiduría sobre “o noso rural e sobre o noso medio natural”. Nesta ocasión, non se centrará nun sitio, praza ou zona de xogos ao que se acheguen as crianzas, senón que irá percorrendo as rúas das vilas para que cativas e cativos o vexan.

Ademais, explicou Ortega, como non todos os nenos e nenas poderán achegarse no día no que se realiza o pasarrúas, haberá outra maneira de ver á tradicional figura do Nadal galego. “O Apalpador tivo a xenerosidade de gravar unhas pezas de vídeo en diferentes lugares vencellados coa natureza da provincia. Estes vídeos enviaranse aos centros educativos para que nos últimos días de colexio, antes das vacacións de Nadal, o profesorado poida ensinar a mensaxe de ilusión e de coidado e responsabilidade co medio ambiente que temos nós como habitantes do planeta”, explicou a deputada de  Lingua.

Pola súa parte, o Apalpador (representado polo contacontos Anxo Moure), agradeceu a confianza da Deputación depositada na súa figura: “Non é por  este ano, este ano é o máis difícil todavía, senón que son xa moitos anos que estades a divulgar un personaxe que vén da montaña e que educa e conciencia aos nenos e nenas” sobre a fame que pasou Galicia, dando castañas asadas ás nenas e nenos que tiñan fame; divulga sobre a natureza e o coidado das montañas, dos vales, dos ríos, regatos; tamén sobre a comida sá; e sore a lingua, os nomes, “porque as nenas e nenos son descoñecedores do que é un freixo, un buxo, un aciñeira, un pradairo, un freixo… non coñecen os nomes das árbores. Tampouco coñecen os nomes de moitas froitas, laranxa, pexego, ameixa… Xa non saben que son”, subliñou.

Neste sentido, o Apalpador animou este ano a “agasallar verbas da nosa lingua, verbas vivas, que para sigan estándoo as nenas e nenos teñen que plantar un bidueiro, plántalo e protexelo, ou unha aciñeira, un amieiro”, destacou. Así mesmo, subliñou que o máis fermoso deste ano son os vídeos que se están a gravar e que se están a facer con Cris Lores, premiado hai anos pola Deputación no certame de Novos Talentos “en lugares absolutamente incribles”: “Hoxe gravamos ao amencer no porto de Bueu e dicíalle ao cámara que quedarán gravadas as imaxes para a historia desta provincia. Ogallá non, pero igual dentro duns anos desaparecen, por iso para min o Apalpador é unha figura moi impotante. Tanto Papá Noel, tanto Halloween e Black Friday! Que as nenas e nenos coñezan un pouco da súa contorna! Agardo que sexa unha viaxe inzada de ledicia”, subliñou.

 

O Apalpador non quixo perder a oportunidade de amosar a sintonía con outras figuras locais do Nadal, con outros nomes como o do Apalpabarrigas nos Ancares, Pandigueiro na montaña de Ourense, dos que sinalou que incluso están emparentados co Tientapanzas en Castela, co Lentxero no País Vasco, co Papafrío, Frozen en Rusia, ou co propio Papá Noel. Sobre este último sinalou que era un emigrante do Courel que quixo marchar a Alemania, pero que perdeu a parada do tren por quedar durmido, chegando ata Laponia, onde etimoloxicamente o seu nome de Papá Courel tornou en Papá Noel co paso do tempo.

AS DATAS DO APALPADOR

 

Mercores 23 de decembro. O Salnés

-              12:00 h A Illa de Arousa. Praza do Concello

-              17:00 h Cambados.

-              19:00 h Barro

Xoves 24 de decembro. Baixo miño-O Condado

-              17:00 h Tui.

-              19:00 h Mondariz 

Venres 25 de decembro. O Morrazo

-              12:00 h Bueu.

-              19:00 h Cangas.

Sábado 26 de decembro. O Condado/ Paradanta

-              12:00 h As Neves.

-              17:00 h Covelo.

-              19:00 h Ponteareas.

Domingo  27 de decembro.

-              12:00 h Moaña

Luns 28 de decembro. Deza- Tabeirós/Terra de Montes

-              12:00 h Silleda.

-              17:00 h Rodeiro.

-              19:00 h Cerdedo-Cotobade

Martes 29 de decembro. Pontevedra

-              12:00 h Poio.

-              17:00 h Vilaboa.

-              19:00 h Campo Lameiro.

Mércores 30 de decembro. Vigo

-              12:00 h Baiona.

-              17:00 h Gondomar.

-              19:00 h O Porriño.

Venres 31 de decembro. Baixo Miño

-              12:00 h Tomiño. Mercado municipal

-              17:00 h O Rosal. Praza do Concello

-              19:00 h Salceda de Caselas

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí