Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Baixo Miño adapta o seu agro para un desenvolvemento ambiental, económico e social sostible

A 16ª Mostra de Cultivos, do 15 ao 17 de marzo no pavillón de Goián

Aos sistemas de optimización enerxética e de recursos e á innovación xenética e botánica das empresas da comarca súmanse iniciativas para a profesionalización do sector, a creación dunha bolsa de emprego ou de plans de integración social

Fecha: 15 de Marzo de 2019

Fuente: AcuBam

Cambio climático, contaminación, despoboación... eses son algúns dos problemas máis importantes aos que se enfronta o agro, un sector que no Baixo Miño leva tempo traballando e esforzándose por convertese en motor de desenvolvemento sostible da comarca, tanto a nivel ambiental como económico e social.

Por este motivo, as empresas do sector levan tempo implementando sistemas de optimización enerxética e de recursos, especialmente dos hídricos, nos que se empregan as novas tecnoloxías para monitorizar e obter información precisa que permite por exemplo un rego de precisión ou reciclando a auga sobrante do regadío e a pluvial para reducir o consumo. A rotación de cultivos e o uso de recursos endóxenos, coa selección xenética e botánica de cultivos e o uso de clones autóctonos adaptados ás condicións da comarca, permiten poñer en valor o produto tanto a nivel agronómico como económico.

O futuro: profesionalización e bolsa de emprego
Pero esa sustentabilidade medioambiental debe camiñar da man cun futuro económico prometedor e coa capacidade de xerar emprego de calidade. A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) segue apostando pola profesionalización do sector, motivo polo que a 16ª Mostra de Cultivos contará cunha xornada específica na que se abordarán as necesidades laborais do agro na comarca e as ofertas formativas que se están a desenvolver e se promoverá unha colaboración estable entre empresas e docentes.

Nela tamén se presentará a primeira bolsa de emprego agraria transfronteiriza, a través da que acuBam formará unha base de datos de traballadores do sector coa que cubrir as necesidades laborais das empresas socias. As persoas interesadas poderán achegar o seu currículum á Mostra de Cultivos ou ben entrar na web acubam.org e deixalo de xeito virtual ou consultar as ofertas de emprego dispoñibles nese momento.

Nun sector no que o 80% das persoas traballadoras son mulleres séntese fundamental sustentar ese desenvolvemento no fomento da igualdade, con plans de conciliación ou de formación, así como na posta en marcha de iniciativas que fomenten a responsabilidade social das empresas, que se traduce por exemplo en distintas colaboracións coa Asociación San Xerome, entre outras entidades.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones