Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Baixo Miño na Fair Way de Santiago de Compostela

O Baixo Miño foi protagonista co Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa e lugares como Tui, A Guarda e o Castro do Trega, ou o Mosteiro de Oia, amais dos produtos da zona

O Baixo Miño foi protagonista co Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa e lugares como Tui, A Guarda e o Castro do Trega, ou o Mosteiro de Oia, amais dos produtos da zona

Fecha: 12 de Febrero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao actor Rubén Riós e a guía do Castelo de Soutomaior Alba Acebedo, espertaron esta mañá na feira Fair Way a fame por descubrir as múltiples experiencias que a provincia de Pontevedra oferta percorrendo algunha das vías que por ela discorren cara Compostela. Neste eido, sorprendendo cunha escenificación a modo de intercambio de opinións entre dúas amigas e un amigo que están a decidir o itinerario a realizar, Silva, Acebedo e Riós foron achegando información relativa ao Camiño Portugués, ao Camiño Portugués pola Costa, ao Camiño de Inverno, á Vía da Prata, á Ruta polo Mar de Arousa e ao Itinerario Cultural do Pai Sarmiento.

Máis polo miúdo, o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa, que teñen a porta de entrada na provincia a través da comarca do Baixo Miño, tiveron un peso específico durante a presentación na que estivo presente a tenente de Alcaldía da Guarda, Montse Magallanes. A presidenta, o actor e a guía fixeron mención á Guarda e as "vistas espectaculares dende o Castro de Santa Trega", ao Mosteiro de Oia, "o único a carón do mar", e detivéronse especialmente en Tui, "o gran acceso ao Camiño desde Portugal, con espazos únicos, a catedral, o Río Miño, unha paisaxe e unha historia que enamoran".

Amais da comarca do Baixo Miño, outras comarcas da provincia polas que transcorren vías cara Compostela foron tamén protagonistas da presentación da Deputación de Pontevedra en Fair Way. Na comarca de Vigo, polo que transcorren o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa, Silva, Riós e Acebedo recomendaron as vistas das Illas Cíes, a fortaleza de Baiona e Cabo Silleiro, as praias de Nigrán e a cidade de Vigo, "onde pasear por Samil, polo Lagares, polo castelo de San Sebastián e o Berbés e degustar ostras na Pedra; percorrer as salinas romanas da cidade, as mellor recuperadas de toda a Península Ibérica, e unha vila romana en Toralla".

A comarca de Pontevedra, a través do Camiño Portugués, foi outra das protagonistas da presentación da Deputación de Pontevedra. Neste eido, recordaron a capital e as súas prazas, concretamente A Verdura e A Ferreiría, onde comer ao aire libre, así como o lugar de Ponte Sampaio. Tamén recomendaron unha visita ben en Combarro, "unha marabilla, case de conto", ou unha aventura termal en Cuntis ou en Caldas e, nesta mesma vila, degustar un roscón ao tempo que descansar na súa carballeira.

A vía da Prata e o Camiño de Inverno, que transcorren polas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes tamén tiveron representación. A presidenta manifestou que "me encantan as opcións do interior, a Vía da Prata e o Camiño de Inverno". Así, Silva falou de espazos como o Pazo de Oca na Estrada, "o Versailles galego", a Fervenza da Toxa en Silleda, "un lugar máxico como o Mosteiro de Carboeiro, tamén en Silleda, de visita obrigada". Tamén recomendou a visita ao Pazo de Liñares, en Lalín, "un edificio señorial no que se atopa o Centro de Xestión Arqueolóxica da Deputación de Pontevedra", e, na mesma vila, a Fraga de Catasós e o Museo da Marioneta. Outros recunchos das comarcas do Deza e Terra de Montes como as Brañas de Xestoso foron tamén protagonistas da presentación da institución provincial en Fair Way.

Xunto aos recursos turísticos, a presidenta da Deputación tamén se detivo a enxalzar produtos gastronómicos das comarcas, como "un bo cocido" ou queixos e pans da zona.

Do Salnés, a presidenta, o actor Riós e a guía Acebedo detivéronse no Itinerario Cultural do Pai Sarmiento e na Ruta Marítima do Mar de Arousa. Ao respecto, recordaron as lendas que indican que pola Ría de Arousa nunha barca de pedra chegaron ata Galicia os restos do Apóstolo Santiago. En canto á comarca do Salnés, puxeron en valor lugares como Cambados e O Grove, onde gozar do enoturismo e dos mariscos, en Vilanova de Arousa para recordar "a Valle Inclán paseando polas súas rúas", e o Faro de Punta Cabalo na Illa de Arousa. Outras vilas que recomendaron foron Sanxenxo e a praia da Lanzada e a zona intermareal do Grove, "un paraíso para os amantes do birding".

 

Amais dos recursos turísticos polos que atravesan as vías cara Compostela, a presidenta da Deputación intercambiou experiencias sobre produtos que todas comparten, como os viños da DO Rías Baixas, as carnes e mariscos, os restaurantes con estrela Michelín, "toda a realidade gastronómica que configura a provincia de Pontevedra e esperta Fame de Experiencias". Deste xeito, e co fío do eslogan da campaña da Deputación para este 2019 ("Fame de experiencias"), a presidenta provincial recomendou que "para saciar a fame de experiencias hai que percorrer os camiños que atravesan a provincia de Pontevedra, porque hai moitos paraísos no mundo e un deles é a nosa provincia. Vivimos nun lugar que namora".

Durante a feira Fair Way, amais da presentación que tivo lugar esta mañá, estanse a desenvolver reunións do sector público e privado no stand propio da Deputación de Pontevedra, o máis vangardista e innovador da Feira, coa finalidade de "promover e dinamizar os camiños, este recurso turístico de primeira orde". Tamén, a través do stand estanse a promover as experiencias que se poden realizar a través dos camiños cara Compostela pola provincia, concretamente as relacionadas coa gastronomía, enoturismo, cultura, arqueoloxía, termalismo e a camelia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones