Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Baixo Miño recibíu nos últimos 4 anos preto de 7,2 millóns de euros para obras e servizos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que nos orzamentos do 2019 a Xunta aumenta a dotación deste programa ata os 128,7 millóns de euros, 3,1 millóns máis que no pasado exercicio

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que nos orzamentos do 2019 a Xunta aumenta a dotación deste programa ata os 128,7 millóns de euros, 3,1 millóns máis que no pasado exercicio

Fecha: 23 de Enero de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou esta mañá que a comarca do Baixo Miño recibe ao ano preto de 1,8 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local (FCL) para obras e servizos da súa competencia.  Unha cantidade á que hai que sumar outras liñas de axuda e subvencións das distintas consellerías, así como a dotación correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.

Así, os municipios da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui recibiron nos últimos catro anos 7,2 millóns de euros procedentes do FCL, que se abona en 12 mensualidades e a mes vencido. En canto a fórmula de distribución, o reparto faise en base a criterios obxectivos pactados previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Concretamente, atendendo á fondo base os concellos do Baixo Miño recibiron no último ano:

 

Concello

TOTAL

A Guarda

331.447,19

Oia

186.275,12

O Rosal

282.750,43

Tomiño

475.717,35

Tui

512.639,35

A Xunta de Galicia distribúe ao ano entre os concellos pontevedreses máis de 30,5 millóns de euros, unha dotación orzamentaria que se mantivo intacta durante os anos de recesión, nos que as contas autonómicas minguaron considerablemente.  

Asemade, nos orzamentos do 2019 a Xunta aumenta a dotación deste programa ata os 128,7 millóns de euros, 3,1 millóns máis que no pasado exercicio.  

De feito, tal e como explicou Cores Tourís, no 2019 se culminará o proceso iniciado neste exercicio a través do que a Xunta compensa a aqueles concellos que teñen gastos derivados do mantemento do centros de saúde. Ademais, créase un fondo de emerxencias dotado con 1,9 millóns de euros.

Por outro lado, nos Orzamentos da Xunta para 2019 tamén se ampliará o fondo especial para o fomento das fusións voluntarias entre os concellos galegos, cunha partida de 1,8 millóns de euros, un 38% máis que este ano (1,3%). Dito fondo, creado no exercicio de 2016, enmárcase na aposta da Xunta por beneficiar aos concellos que aposten por sumar esforzos e fusionarse, e vai na liña doutras medidas postas en marcha polo Goberno galego para fomentar a cooperación entre municipios.

Tamén se respalda a aposta do municipalismo galego de colaborar na limpeza de franxas forestais como medida de prevención dos incendios forestais cunha dotación anual de 10 millóns de euros, dos que a Xunta aporta as tres cuartas partes -7,5 millóns-. Outra medida é a implantación dunha vía de colaboración para contribuír a financiar o custe dos conservatorios que neste momento sosteñen os concellos con 500.000 euros.

Finalmente, mantense a partida de 145.000 euros para os municipios que contan con centros penitenciarios; así como a contía destinada a colaborar coas FEGAMP nos gastos xerais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones